tag:blogger.com,1999:blog-6379646720888283635.post7406657239543522103..comments2009-04-27T08:07:32.848+00:00Comments on O ruído dos días: O problema estructuralUnknownnoreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-6379646720888283635.post-73006186464456980492006-12-04T17:02:00.000+00:002006-12-04T17:02:00.000+00:00En parte teño que darche a razón, pero só en parte...En parte teño que darche a razón, pero só en parte. Eu non lle quito meritos á U no que á súa perseverancia e capacidade de traballo se refire; o que me amola é que as persoas que nos consideramos nacionalistas pero descremos desa esquerda retrógrada que permanece ancorada antes da caída da URSS non teñamos espazo político neste país. Eu considérome de esquerdas, pero rexeito esa esquerda antimoderna ancorada nos clichés dos anos 60, aquela que despreza á socialdemocracia cando é o que de facto practica... no mellor dos casos. A sociedade mudou moito, pero iso non tivo correlación nas forzas políticas do país, e iso eu vívoo coma un erro colectivo. Preocúpame que, logo de tanto tempo, non parece que haxa maneira de crear unha alternativa viable á U, e dicho quen o intenta e o seguirá intentando. Eu non detesto á U; é só que, parapetada tralo BNG, afoga os anceios de quen non comulguemos coa ordoxia comunista (anque creo que eles viven nos mesmos adosados ca nós). Este país é tan conservador que a nosa esquerda está igual que cando tiña que combatir o fascismo. Moi bonito de cara ó recoñecemento histórico, pero pouco viable nunha democracia parlamentaria e nun sistema económico capitalista. Algún dos impuros tamén queremos sumar, pero somos sistemáticamente desprezados por quen ten máis prexuízos que un cura carlista.
Xa por último, pediríalle que non desespere. Confíe, coma eu o fago, en que un nacionalismo organizado e moderno sexa viable. E por certo, agrádame ser o mesmo can, fracaso tras fracaso.J.https://www.blogger.com/profile/00800164741514081043noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6379646720888283635.post-2001943412471643622006-12-01T22:15:00.000+00:002006-12-01T22:15:00.000+00:00Julicheiro..., penso que estás todavía mais trabuc...Julicheiro..., penso que estás todavía mais trabucado do que poida estalo a U...
Se a U é mala, os que pensades como tí sodes todavía peores.., vivides nun pais que non coñecedes, que non entendedes, e cunha ideoloxía que rechina a maioría dos galegos...
A U tamén, pero polo menos é conscente dise desencontro, e procura agochalo, vestilo dunha ropaxe mais entendible e con unha mensaxe persoalizada a ca quen..., o que explica que unha organización moi pequena, (en realidade non deben de ser nin cincocentos, consigue na práctica controlar o Bloque, controlar boa parte do sector laboral do país, e tamén controlar unha parte significativa do goberno..., e iso ten moito mérito para un partido "formalmente comunista revolucionario en pleno século XXI"...
Nembargantes, todos os "progres" na órbita do nacionalismo, "gauche divina" de adosado periurbano, foron experimentando de "experimento en experimento", e de fracaso en fracaso ate consolidar o bipartidosmo PPSOE...
¿Que foi de PSG, APG, POG, UG, EG, EN UG?... Sempre os mesmos cans con diferentes colares...
E o digo eu que andiven nalgunha disas andrómedas...
O sinto, pero diante da U, ¡chapeu!, se existe un nacionalismo galego con algunha presencia hoxe é soio grazas a U..., da que eu nin formei parte, nin creo que nunca chegua a formar...Costadamortehttps://www.blogger.com/profile/04904604245046059563noreply@blogger.com