"4. MAIORIAS E MINORIAS. A posición oficial da organización determinaráse por maiorias. Garantizaráse o direito das posición minoritárias á súa defensa pública, discrepando lexitimamente da opción maioritária.
5. LIBERTADE DE EXPRESIÓN. O necesário debate que se ten de producir no seo do nacionalismo galego leva-nos á defensa a ultranza da libertade de expresión non só para as distintas opcións organizadas sinón tamén a título individual para todos os membros.
6. DIREITO A DISCREPANCIA PÚBLICA. O direito á defensa pública das posicións minoritárias e o de defensa de expresión concretaráse no direito á discrepáncia pública sempre que na práctica non plantexe unha contradición operativa que leve ao bloqueo ou ao boicot da decisión maioritária."
As palabras son bonitas, pero os feitos son teimudos.
No BNG hai infinidade de exemplos de que os pepeis son papeis mollados se a dirección así o considera.
ResponderExcluirAnti-Imperialismo
ResponderExcluirPara a nosa política, dirixida á consecución de unha Galiza liberada, é clave o princípio de anti-imperialismo militante, polo que a Organización define-se pola solidariedade internacional e apoia todas as loitas dos povos do Estado e do Mundo para conseguir a sua liberación nacional.
Totalmente dacordo. Iso é o que me leva a apoiar a existencia dun Estado hebreo, coexistindo en paz co ansiado Estado palestino.
ResponderExcluirO pobo máis perseguido da Historia é o pobo xudeo, e ningún merece máis un Estado propio que quen foi agredido en tódolos demáis.
O problema é que o Estado que apoias non coexiste "en paz" con ninguén. Creouse nunhas terras xa habitadas, expulsando a quen alí vivía, e masacra diariamente o pobo palestino que loita por EXISTIR.
ResponderExcluirO pobo máis agredido, hoxe, é o palestino, porque os xudeus de todo o mundo creron que tiñan direito a viver no seu país ocupando as suas terras e convertindo palestina nun enorme campo de concentración para os árabes.
Israel foi creado por unha resolución da ONU sobre un deserto que pertencía ó Reino Unido. Se alí vivía uns centos de miles de persoas que tiveron que saír cara ó este, tamén na actual Palestina vivían moitos outros xudeos que tiveron que face-lo camiño inverso. Sobre refuxiados e dereito ó retorno, é xa un clásico o artigo de Ben Dror Yemini:
ResponderExcluirhttp://galiza-israel.blogspot.com/2006/10/os-refuxiados.html
Logo de sesenta anos, parece que só unha parte asumiu a situación. E non porque os palestinos non estéan fartos desta situación, senón porque os seus líderes prefiren destruír Israel que construír Palestina. E a paz é cousa de dous.
Se a guerra do 48 tivera acabado como todo o mundo supuña daquela, hoxe non estaríamos falando de ata onde debería chegar o futuro Estado hebreo, sinxelamente porque non tivera quedado ningún xudeo para habitalo.
Moitos cren que están a axudar ós palestinos cando atacan a Israel, e non se decatan de que a única oportunidade que teñen de ter un Estado de seu é chegando á paz co pérfido invasor sionista, e que non é Israel, senon as teocracias árabes da zona as que boicotean constantemente a paz que uns e outros agardan dende hai tanto.
E non é que me importe volver a discutir, outra vez, sobre isto: é que o motivo do post non era discutir sobre se Israel si ou Israel non, senón sinalar que, cando á dirección lle convén, os Estatutos do BNG, que son a norma pola que se rixe a fronte, deixan de aplicarse sen máis.
ResponderExcluirE logo que che veñan que se as resolucións da ONU cando nin cumples as normas da túa casa, pois que queren que lles diga...