3 de mar. de 2007

Papel mollado

"4. MAIORIAS E MINORIAS. A posición oficial da organización determinaráse por maiorias. Garantizaráse o direito das posición minoritárias á súa defensa pública, discrepando lexitimamente da opción maioritária.

5. LIBERTADE DE EXPRESIÓN. O necesário debate que se ten de producir no seo do nacionalismo galego leva-nos á defensa a ultranza da libertade de expresión non só para as distintas opcións organizadas sinón tamén a título individual para todos os membros.

6. DIREITO A DISCREPANCIA PÚBLICA. O direito á defensa pública das posicións minoritárias e o de defensa de expresión concretaráse no direito á discrepáncia pública sempre que na práctica non plantexe unha contradición operativa que leve ao bloqueo ou ao boicot da decisión maioritária."


As palabras son bonitas, pero os feitos son teimudos.

6 comentários:

  1. Anônimo3/05/2007

    No BNG hai infinidade de exemplos de que os pepeis son papeis mollados se a dirección así o considera.

    ResponderExcluir
  2. Anônimo3/05/2007

    Anti-Imperialismo

    Para a nosa política, dirixida á consecución de unha Galiza liberada, é clave o princípio de anti-imperialismo militante, polo que a Organización define-se pola solidariedade internacional e apoia todas as loitas dos povos do Estado e do Mundo para conseguir a sua liberación nacional.

    ResponderExcluir
  3. Totalmente dacordo. Iso é o que me leva a apoiar a existencia dun Estado hebreo, coexistindo en paz co ansiado Estado palestino.

    O pobo máis perseguido da Historia é o pobo xudeo, e ningún merece máis un Estado propio que quen foi agredido en tódolos demáis.

    ResponderExcluir
  4. Anônimo3/08/2007

    O problema é que o Estado que apoias non coexiste "en paz" con ninguén. Creouse nunhas terras xa habitadas, expulsando a quen alí vivía, e masacra diariamente o pobo palestino que loita por EXISTIR.

    O pobo máis agredido, hoxe, é o palestino, porque os xudeus de todo o mundo creron que tiñan direito a viver no seu país ocupando as suas terras e convertindo palestina nun enorme campo de concentración para os árabes.

    ResponderExcluir
  5. Israel foi creado por unha resolución da ONU sobre un deserto que pertencía ó Reino Unido. Se alí vivía uns centos de miles de persoas que tiveron que saír cara ó este, tamén na actual Palestina vivían moitos outros xudeos que tiveron que face-lo camiño inverso. Sobre refuxiados e dereito ó retorno, é xa un clásico o artigo de Ben Dror Yemini:

    http://galiza-israel.blogspot.com/2006/10/os-refuxiados.html

    Logo de sesenta anos, parece que só unha parte asumiu a situación. E non porque os palestinos non estéan fartos desta situación, senón porque os seus líderes prefiren destruír Israel que construír Palestina. E a paz é cousa de dous.

    Se a guerra do 48 tivera acabado como todo o mundo supuña daquela, hoxe non estaríamos falando de ata onde debería chegar o futuro Estado hebreo, sinxelamente porque non tivera quedado ningún xudeo para habitalo.

    Moitos cren que están a axudar ós palestinos cando atacan a Israel, e non se decatan de que a única oportunidade que teñen de ter un Estado de seu é chegando á paz co pérfido invasor sionista, e que non é Israel, senon as teocracias árabes da zona as que boicotean constantemente a paz que uns e outros agardan dende hai tanto.

    ResponderExcluir
  6. E non é que me importe volver a discutir, outra vez, sobre isto: é que o motivo do post non era discutir sobre se Israel si ou Israel non, senón sinalar que, cando á dirección lle convén, os Estatutos do BNG, que son a norma pola que se rixe a fronte, deixan de aplicarse sen máis.

    E logo que che veñan que se as resolucións da ONU cando nin cumples as normas da túa casa, pois que queren que lles diga...

    ResponderExcluir

Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.