, está a causar unha reacción do máis airada (incluso antes de ser adoptada).
El País leva xa varios días quentando motores con eses alegres titulares que tanto reconfortan aos
bos e xenerosos (isto é, os que odian a Israel), e tanto satanizan a quenes non comulgamos con rodas de muíño.
O de hoxe, polo tanto, non pilla a ninguén de improvisto.
Non son os únicos. O resto do
Grupo Prisa segue vendendo o producto favorito dos seus consumidores (ese bravo antisionismo que os fai sentir mellores persoas). Así, onte á noite puiden oír a un alarmado
Gabilondo, indignado porque Israel podría chegar a cortar a auga e a luz en Gaza. A
causa que motivaría semellante medida non parecía importar. Tampouco iso é nada novo: dende cando ten que haber motivo? Todos saben que Israel é
malo porque sí.
Remoremos. En primeiro lugar, non é unha medida casual. Dende que Hamás dixo que xa estaba ben de aturar a eses vendidos de
Al Fatah e decidiu dar pasos efectivos para reinstaurar
os dominios dos Islam na zona, estaba visto que era cuestión de tempo. Durante este tempo, os alegres rapaces de Hamás perseveraron nese mal hábito de bombardear civís. Anque para algúns, ésta é só a coartada que emprega o Goberno israelí para dar renda solta ao "xenocidio palestino" (sic); está claro, a culpa é sempre dos pérfidos sionistas, do mesmo modo que a culpa das violacións é das mulleres, que se visten coma putas.
Claro que nós podemos indignarnos moito coa resposta porque non foron as nosas cidades as que resultaron atacadas. Non son os nosos nenos os que teñen que ir a
garderías en bunquers. Pero resulta que hai xente que non pode permitirse esa pose de altermundista ofendido. Máis que nada, porque o problema lle afecta en persoa. Por exemplo, aos habitantes de:
Ver mapa más grandeSderot, esa gran diana chea de israelíes. Demasiado tentador para calquera integrista islámico. Estaba cantado que lle ía tocar (de novo) ser a máis fea do baile. Así, xa hai meses que a súa poboación vive atemorizada pola posibilidade de ser o branco fortuíto
dos kasam nosos de cada día (Laíabase
Victor Harel: “
Chámanlles 'caseiros', coma se non matasen!”). Durante este tempo, oficinas, vivendas, edificios administrativos, kibutzs... nada escapou á versión islámica de
fundir a flota. Nin os centros educativos,
incluídas as garderías. Claro que para nós, enzarzados en polémicas domésticas da índole de se os nenos teñen que levar ou non un mandil coas cores da bandeira ou cantar o himno en clase (co que, dito sexa de paso, estou dacordo), esa clase de preocupacións píllanos un pouco lonxe. Por nimias, claro. Que haxa xente que leve aos seus fillos á gardería e marche co temor de que igual cando vaia a buscalos só atopa escombros é algo trivial, nada equiparable aos nosos densos debates
made in redacción de La Voz.
O Goberno prometera adoptar medidas, e mal que ben foi trampeando a situación. Pero todo este equilibrio fraxil saltou polos aires co impacto dun cohete nun campamento militar do sur.
Sesenta e nove soldados feridos, algúns deles moi graves, son un balance demasiado grave coma para mirar para outro lado. Algo hai que facer, si, pero
qué?
En paralelo ao tiro ao xudeu dos terroristas palestinos (“eh, que non pode haber terroristas palestinos, que son todos uns pobres pacifistas cunhas pañoletas moi
cool!”) a oposición, encabezada por
Bibi Netanyahu, leva todo este tempo pedindo medidas eficaces para rematar con Hamás. E cando digo
eficaces quero decir
contundentes. A opinión pública tampouco entende cómo é que a agresión cotidiana aos seus concidadáns non é aplacada cunha resposta de envergadura. A xente impacíentase, que é xusto o que Hamás está buscando. A provocación. A Hamás, agora coma sempre, dalle igual o que poida pasarlle aos habitantes de Gaza, posto que toda sangue humana é pouca para acadar a expulsión do infiel. O obxetivo de Hamás é provocar un gran enfrontamento en Gaza que desestabilice a Israel polo sudeste. Mentres,
a delegación iraní no Líbano segue a rearmarse ao Norte (ante a pasividade da FINUL).
A estratexia da araña, agora coma sempre, está clara para quen queira velo.
No tocante á respostas, cales son as medidas que o Executivo israelí debería adoptar? Hai tres atitudes posibles, e coma sempre haberá que valorar cal é a menos mala:
1) A negociación. De entrada é sempre a opción primordial, e nunha situación normal debería ser a única. Máis dase o impedimento de que a milicia paramilitar Hamás ten coma obxetivo fundacional arrasar Israel. E con xente que quere desturírte é algo dificil chegar a un acordo tendente a acadar a paz. Máis que nada, porque a única paz que Hamás quere é a paz dos ceminterios. Iso de dous non discuten se un non quere non pode levarse ao terreno militar. Opción 1), pois, inviable.
2) Unha operación militar a gran escala en Gaza. Entrar co exército e localizar e apresar aos membros de Hamás. Falo de facer o mesmo que o Líbano fixo, hai uns meses, nos campamentos/cidades-Estado que os palestinos controlaban no sur do país. Suporía atallar o problema de raíz, alomenos temporalmente, máis a un prezo demasiado elevado. E, xa sen entrar en consideración tácticas, refírome ao conflicto ético que isto supón. Por descontrolado que sexa a milicia islámista, o certo é que Hamás entrou no goberno tras as últimas eleccións palestinas. Podemos cuestionar ata que punto unhas eleccións celebradas nesas circunstancias garanten a lexitimidades de quen as gaña, máis o certo é que o pobo palestino fixo unha escolla que hai que respetar. Haberá que atallar as atitudes descontroladas desa organización con vista a protexer a integridade dos israelíes, pero non privando aos palestinos dos seus representates eleitos. Se iso acontecera, por xustificadas que foran as razóns que Israel alegara, a impresión que a xente levaría sería que só se respetan as elecións cando gañan os que a Israel lles convén. Xa sei que non é así, pero esa sería a imaxe que se estaría transmitindo. E non o digo porque vaia a afectar á imaxe internacional de Israel, senón porque os palestinos teñen que saber que as súas escollas serán respetadas, ata o límite razoable no que ditos líderes ataquen ao país veciño.
3) A terceira opción parece ser a que se vai a levar á práctica: medidas de presión tendentes a minar o apoio popular non tanto a Hamás, coma á súa política militar de hostigamento a Israel. Esta medida ten un problema básico que a ningúen se lle escapa: é “castigo colectivo”. Da igual cales sean os seus obxetivos, porque o certo é que o corte dos suministros vai a afectar ao conxunto da poboación. Se algúen me pregunta qué me parecen os embargos responderei sempre o mesmo: son unha aberración. Son, tamén moitas veces, contraproducentes para os obxetivos que se pretenden conseguir. Ás veces, lonxe de minar o apoio popular ao Goberno de turno, conseguen que a poboación peche filas en torno a el. E, maila estes dous grandes problemas que suscita, creo que é a medida menos mala que se podía aplicar. En todo caso, o tempo dirá.
Se algúen vai deixar na caixa de comentarios un alegato contra os embargos, que aforre as enerxías para outra ocasión. Non creo que vaia a decir nada que non saiba, e incluso nada co que non estea dacordo. O que acontece é que iso non importa nunha rexión na que a única política aplicable é sempre a realpolitik. De nada vale rasgarse as vestiduras con grandes discursos ou proclamas sobre as consecuencias perniciosas desta decisión se non se é capaz de suxerir unha alternativa válida. E, do reducidísmo elenco de escollas que se poden adoptar para intentar que cese a violencia, a menos mala é a que vai a porse en marcha.
.
Fronte aos que andan seguido buscando un motivo para indignarse, Israel volve a demostrar que segue a ser unha escola de realismo.