É interesante comprobar coma nas
vintecatro versións cinematográficas que se fixeron de
Oliver Twist, así coma nas incontábeis adaptacións teatráis, a fisonomía que se repite, polo menos nas que vin, sexa unha exaxeración dos rasgos mediterráneos dos xudeus sefardíes. Pola contra,
Fagin era un asquenací, de orixe xermana, ben distinto da imaxe icónica que aceitamos sen discusión.
Conta Eisner no prólogo
do comic do que falaba onte, que a causa do equívoco é que o ilustrador da primeira edición do libro caricaturizou os rasgos daqueles xudeus que lle eran familiares, os sefardíes, moito mellor situados económicamente que os hebreos procedentes do Este de Europa.
Con todos vostedes; eis as caras de Fagin:
Alec Guinnes, 1.948
Eric Porter, 1.985
Richard Dreyfuss, 1.997
Ben Kigsley, 2.005Tod Key

Dave Eshelman

Peter Secher Schmidt

John Klise

Colm Feore
Buen trabajo de recolección!
ResponderExcluirMoitas grazas :)
ResponderExcluir