O
Museo Municipal de La Haya rexeitou expoñer unha serie de fotografías e
un vídeo que presentan ao profeta Mahoma, e ao seu xenro Alí, coma unha parella homosexual. A artista iraní
Sooreh Hera pretendía criticar o que considera unha hipocresía por parte do islam. "
Condéase a homosexualidade, pero en países coma Irán ou Arabia Saudí é frecuente que os varóns casados manteñan relacións con outros homes". Tras denunciar ante a policía que recibira ameazas pola súa obra declarou "
Sei que é perigoso, pero creo que o valor da miña obra está por riba da miña persona". (
...)

En Europa, tras séculos de loita por construír un espazo de
liberdade, estase a tirar todo ese bagaxe pola borda para non ofender a quén detesta esa idea. Os abnegados xestores do museo debería saber que os fanáticos crécense ante os que amosan medo, e tamén deberían saber que
ningunha concesión satisfai ao fascismo. De novo, na civilizada Europa, o
espítiro de Chamberlain, tan vivo coma sempre.
Máis:
Da auto-censura, no
Devaneios Desintéricos.
La alianza de civilizaciones traerá muchas cosas así
ResponderExcluir