Había tempo que non experimentaba esa sensación de irralidade ao enterarme dalgo malo. Agora que os islamistas conseguiron por fin matar a Benazir Bhutto, o único que queda é agardar o peor. Se Paquistán cae, os outros irán detrás. É só cuestión de tempo.(Máis: Muere en un atentado la ex-primera ministra paquistaní Benazir Bhutto, El País; Benazir Bhutto assassinada durante comício político, Público; Bhutto assasinated in attack on rally, NY Times)
Unha das peores novas coas que podíamos rematar o ano. Islam e democracia?
ResponderExcluirNon creo que sexa problema do islam en canto relixión, senón da febleza do espírito cívico, de falta de garantías nesas sociedades para exercer a liberdade individual.
ResponderExcluirEn nome do cristianismo tamén se cometeron as peores aberracións, e sen embargo hoxe é compatible crer en Xesús e participar nunha sociedade aberta.