27 de fev. de 2008

Novo restaurane kóxer na Coruña

Para residentes na zona da Coruña, e para afeccionados á gastronomía en xeral, pode ser de interese saber que o vindeiro xoves seis de marzo, a Comunidade xudía reformista Ner Tamid vai a inauguración na cidade o restaurante Sefardí 515, o primeiro desta índole que se abre en Galiza.

O restaurante estará ubicado no número trinta e oito da Rúa Alfredo Vicenti (ver mapa), e disporá dunha tenda de productos kóxer, tanto para aqueles que queiran seguir os preceptos relixiosos xudeus coma a aos que simplemente nos gusta probar novos sabores. Bó proveito!

Na imaxe, xantar kóxer dunha familia xerosilimitana. Foto: naamul.

[Máis: Código Postal 150004; correo electrónico: info@restaurantesefardi@.com; teléfono: 981263442]

14 comentários:

  1. Anônimo3/01/2008

    "Novo holocausto en Gaza".

    A situación en Gaza volve ser dramática. Os ataques do exército israelí deixaron alomenos 45 mortos no que vai de xornada, entre eles numerosos civís. O propio presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, sinalou que o que estaba acontecendo en Gaza está a ser "máis grave ca un holocausto".

    ResponderExcluir
  2. Que demagoxia. Pero que estado soportaría o constante ataque contra civis sen reaccionar?

    No momento en que Hamas deixe de disparar Kassam, morteiros, Grud, Katyushas... contra Israel, haberá tranqulidade na zona.

    Realmente é vergonzosa a demagoxia que algúns empregan para defender a "causa palestina".

    ResponderExcluir
  3. Anônimo3/02/2008

    Ah! tranquilidade......, xa me quedo máis tranquilo, moitas grazas.

    ResponderExcluir
  4. Anônimo3/02/2008

    Dos 65 falecidos onte, 20 eran nenos e mulleres.
    Ao Abbas, interesalle unha escalada na violencia, achéganse as eleccions e necesita lavar a súa imaxe de corrupto.
    Claro levan 60 anos tirando cohetes.
    Estamos a espera de que o parlamento galego vote unha resolución amosando o seu rechazo ao este holocausto.
    Ah! eu tamén me quedo máis tranquilo.

    ResponderExcluir
  5. Anônimo3/02/2008

    Xoán salgado: "No momento en que Hamas deixe de disparar Kassam, morteiros, Grud, Katyushas... contra Israel, haberá tranqulidade na zona".
    Isto podíase chamar a expresión-definición minimalista dun conflito.

    ResponderExcluir
  6. Anônimo3/02/2008

    Prezado Xoán Salgado non fai falla botar man da demagoxía para defender a "causa palestina", por certo lexítima.
    Como dí a canción "Nos sobran los motivos"

    ResponderExcluir
  7. Anônimo3/03/2008

    cossimo non, yonatan mendel, xornalista israelí.

    ResponderExcluir
  8. Anônimo3/04/2008

    qué rico!

    ResponderExcluir
  9. Anônimo3/07/2008

    "Que rico"


    Isso resume-o tudo.

    ResponderExcluir
  10. Por qué hai tantos textos asinados por "anónimo"?

    ResponderExcluir
  11. Eu teño a impresión de que sempre é o mesmo, ou polo menos hai un asíduo, a xulgar polos seus erros ortográficos. Entendo que haxa quen non queira firmar co seu nome real (eu mesmo), pero canda menos podían facelo cun alcume. Pero nada, vese que non hai valor nin para iso. É o que hai.

    ResponderExcluir
  12. Anônimo4/25/2008

    Nemigo,
    vaites a fin xustifica os medios
    Xa ten o arbusto como xustificar guantanamo. E claro, os nazis o holocausto xudeo e seguindo por ahi a biblia, toda a historia da humanidate. Ata atapuerca nos podemos remontar.
    Ollo por ollo e o mundo quedara cego. Como dicia gandhi
    Un restaurante sefardi? Para cando un restaurante xitano?

    ResponderExcluir

Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.