
Selo da República Islámica de Irán, emitido no 1991 en conmemoración do Día do Neno.
Roger Cohen, xornalista do New York Times, viaxou recentemente ata Irán co obxetivo de narrar a situación do país. As súas impresións foron plasmadas nunha serie de nove artigos, dos cales o titulado What´s Iran´s Jews said causou unha aguda reacción na comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, así coma en medios israelíes.
O artigo de Cohen mantén a tese de que a comunidade xudía iraní, que minorou de 100.000 a 25.000 persoas nas últimas seis décadas, recibe un trato correcto no país dos aiatolás. Baséase, para chegar a esa conclusión, en datos tales coma a declaración dun tendeiro que afirmou que nunca tivera problemas, e en que había un cartaz nunha sinagoga felicitando o trixésimo aniversario da Revolución. O xornalista londinense admite que existe violencia, pero culpa diso a Israel, ao tempo que disculpa a retórica do réxime iraní coma unha forma de chamar a atención sobre as inxustizas cometidas por Israel:
Eu sei que, se moitos xudeus deixan Irán, é por unha razón. A hostilidade existe. A acusación de espiar para Israel contra un gurpo de xudeus de Shiraz no 1999 amosou o peor do rexime. Os xudeus elixen un representante no Parlamento, pero pode votar por un musulmán se o prefire. Un musulmán, sen embargo, non pode votar por un xudeu.Pregunteille a Morris Motamed, un xudeu membro do Majlis, se sinte que foi utilizado, un traidor iraní [Nota: o orixinal di "I asked Morris Motamed, once the Jewish member of the Majlis, if he felt he was used, an Iranian quisling"]. "Eu non", respondeu. "De feito eu sinto (que hai) unha profunda tolerancia cara os xudeus". El dixo que os cantos de "Morte a Israel" lle molestaron, pero pasou a criticar o "dobre raseiro" que permite a Israel, Paquistán e India ter a bomba nuclear, pero non a Irán.Os dobres raseiros non serven máis; o Oriente Medio volviuse demasiado sofisticado. Un xeito de ver as diatribas difamatorias de Irán contra Israel é o dunha provocación para chamar a atención da xente sobre a bomba de Israel, os seus corenta e un anos de ocupación de Cisxordania, a súa negación de Hamás, o seu repetitivo uso dunha forza desproporcionada. A linguaxe iraní pode ser ruín, pero unha paz en Oriente Medio (e o compromiso de Teherán) terá que ter en conta estos puntos.
Este artigo incomodou á nutrida comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, composta por 30.000 membros, maior por tanto á que hai no propio país. En palabras de Sam Yebri, fundador de Los Angeles Trinta anos despois, un grupo de xóvenes activistas: "Non houbo outro artigo ou editorial que teña creado semellante reacción entre os xudeus iranís de tódalas orixes e grupos de idade. (...) Foi un shock, porque Cohen está usando a súa percepción para pintar de cor de rosa o réxime de Teherán. (...) Eu sei de xudeus iranís que viven en Irán e viven con medo. Non viven nun entorno no que poidan falar con franqueza con Roger Cohen."
Continúa Yebri: "A verdade do acontecido é que dende 1979, o Goberno de Irán ven usando a presenza de xudeus vivindo nese país coma a mellor ferramenta propagandística para supostamente presentarse a si mesmos coma un facho de luz no oeste."
No artigo no que se recollen estas declaracións, Cohen Bombs vs. Real Boms, o seu autor, Rob Eshman declara:
"Moitas destas persoas tiveron experiencias de primeira man coa intimidación, a opresión, confiscación da propiedade e aleatorios confinamentos en prisión que acosaron á comnidade xudía en Irán dende o ascenso dos mulás. E a maioría ten amigos e familiares que permanecen alá e contan historias moi diferentes do que Cohen viu."
Paga a pena ler íntegros ambos artigos, e persoalmente gustoume a atinada réplica do señor Eshman.
Logo da reacción, o xornalista aceitou acudir a un debate no Templo Sinaí, moderado polo rabino David Wolpe, para explicarse diante de dita comunidade. O encontro está dispoñible en video e pode atoparse aquí.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.