Pola súa banda, o presidente Ahmadineiad regresa ó seu país coma un heroi, logo de valerse deste privilexiado altofalante para reafirmarse no seu liderato, tanto no plano doméstico coma perante os seus seguidores en latinoamérica e no mundo académico occidental. Finalmente, na conferencia arredor de cen países aprobaron unha resolución contra o racismo na que, faltaría máis, Israel foi o único país do mundo que aparecía citado; para disimular, non escribiron o seu nome senón que se remitiron ó documento anterior no que si aparecía. (Jerusalem Post).
Deberían aprobeitar as fermosas instalacións que teñen á beira do East River para facer un hotel, e rematar con esta farsa canto antes.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.