Segundo
cantou o libanés
Samil Shihab, principal sospeitoso do operativo de Hesbulá
desmantelado en Exipto, cando foron detidos atopábanse preparando a vinganza pola morte de
Imad Moughnieh. As declaraciós apareceron no xornal panarabe
Al Hayyat. Pola súa banda, o
Asharq al-Awsat publicou que a célula se constituíra no 2005, e estivera recabando información sobre os lugares turísticos Taba, Sharm el-Sheikh, Dahab e Nuweibeh, na península do Sinaí, onde tiñan previsto atacar a turistas israelíes.
Mentres tanto, as autoridades exipcias
seguen o rastro de trece persoas, dez libaneses e tres sudaneses, dos que se sospeita que están a ser agochadas por beduínos no Sinaí (beduinos que viven en gran parte do tráfico de armas vía Gaza).
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.