"(...) O destino do Partido Laborista é a cuestión fundamental na comprensión do futuro da política israelí. Unha minoría significativa do Partido votou a semana pasada contra a decisión do lider Ehud Barak de unirse á coalición; eles querían que el seguira o exemplo do propio Netaniahu, que durante años agardou marxinado na oposición antes de regresar triunfalmente ó poder o mes pasado. O erro deste razonamento é que cando Netaniahu estaba na oposición, foi o líder da oposición. Barak non ten tal luxo, posto que Kadima xa tomara a decisión de permanecer na oposición, relegando a Barak a un papel secundario. Barak tiña que escoller entre ser o segundo ó mando na oposición, ou ser segundo ó mando na coalición; un dilema moi diferente ó que se enfrentou Netaniahu hai tres anos. (...)
Sen embargo, a reorganización que se iniciou co movemento de Sharon continúa ahora co turno de Barak. De súpeto, non está moi claro quén é o centro e quen é a esquerda. Conseguiu o Mapais, uníndose ó Likud, trasladarse á dereita, deixando a Kadima na esquerda, e ocupando o terreno ideal centrista que Sharon preverao para o seu partido? Neste caso, a xogada de Barak será considerada como unha das súas máis brillantes manobras políticas (nunha carreira chea delas), quizáis salvándose a si mesmo e ó seu partido ó mesmo tempo. Tanto Netaniahu coma Barak parecen asumir que Kadima (coa súa corta historia, lider relativamente inexperta, e cunha ideoloxía non detectable, distinguible) non sobrevirirá anos na oposición. Cando eles pensaron na idea de unir fuerzas, moito antes das últimas eleccións, parecía que ambos estaban agardando para deixar que Kadima se derrumbase e, a continuación, volver á época do Likud e do Laborista coma cabezas da xeraquía política de Israel."
30 de mar. de 2009
Chantado no Medio
27 de mar. de 2009
A orquestra de Xenín

Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.
26 de mar. de 2009
O principio do fin de Avodá?
Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto

23 de mar. de 2009
Dispersos entre as nacións
Vals con Sísifo
(...) Fora de América, poucos países occidentais se identifican con Israel. Para eles, ser occidental é, ante todo, non ser acusado de infrinxir sufrimentos. Israel parte da repulsa de Occidente cara o sufrimento. Tal vez pensa por esta razón que coas súas bágoas se gaña a súa simpatía. De feito, elas alentan ós seus enemigos e confunde ós partidarios. A amarga verdade é que a hasbará non é en absoluto propaganda, senón unha necesidade moral particular da psique israelí. E a necesidade de Israel de ser coñecido, coas súas verrugas e todo, non convence ós occidentais da xustiza da súa causa. (...)
Hamás e os medios
Un artigo de Miguel Bóo no Xornal de Galicia.
Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas.
Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.
20 de mar. de 2009
Abusos e erros
"Había unha casa cunha familia dentro... puxémolos nunha habitación. Despóis deixamos a casa e outro pelotón entrou, e poucos días despois houbo unha orde de liberar á familia. Eles ubicaran francotiradores arriba. O comandante do pelotón deixou marchar á familia e díxolles que foran pola dereita. Unha nai e os seus dous fillos non entenderon e foron pola esquerda, pero esquencéronse de decirlle ó francotirador do tellado que eles os deixaran marchar, e estaba listo, e el debía abrir fogo e... fíxoo o que se supuña que tiña que facer, coma que estaba seguindo ordes".
18 de mar. de 2009
Os xudeus de Irán e Roger Cohen

Eu sei que, se moitos xudeus deixan Irán, é por unha razón. A hostilidade existe. A acusación de espiar para Israel contra un gurpo de xudeus de Shiraz no 1999 amosou o peor do rexime. Os xudeus elixen un representante no Parlamento, pero pode votar por un musulmán se o prefire. Un musulmán, sen embargo, non pode votar por un xudeu.Pregunteille a Morris Motamed, un xudeu membro do Majlis, se sinte que foi utilizado, un traidor iraní [Nota: o orixinal di "I asked Morris Motamed, once the Jewish member of the Majlis, if he felt he was used, an Iranian quisling"]. "Eu non", respondeu. "De feito eu sinto (que hai) unha profunda tolerancia cara os xudeus". El dixo que os cantos de "Morte a Israel" lle molestaron, pero pasou a criticar o "dobre raseiro" que permite a Israel, Paquistán e India ter a bomba nuclear, pero non a Irán.Os dobres raseiros non serven máis; o Oriente Medio volviuse demasiado sofisticado. Un xeito de ver as diatribas difamatorias de Irán contra Israel é o dunha provocación para chamar a atención da xente sobre a bomba de Israel, os seus corenta e un anos de ocupación de Cisxordania, a súa negación de Hamás, o seu repetitivo uso dunha forza desproporcionada. A linguaxe iraní pode ser ruín, pero unha paz en Oriente Medio (e o compromiso de Teherán) terá que ter en conta estos puntos.
"Moitas destas persoas tiveron experiencias de primeira man coa intimidación, a opresión, confiscación da propiedade e aleatorios confinamentos en prisión que acosaron á comnidade xudía en Irán dende o ascenso dos mulás. E a maioría ten amigos e familiares que permanecen alá e contan historias moi diferentes do que Cohen viu."
17 de mar. de 2009
Terminoloxía
Hatami retirase da carreira electoral iraní
16 de mar. de 2009
Likud e Israel Beitenu asinan un acordo de Goberno
14 de mar. de 2009
Seguen a lanzar cohetes dende Gaza
13 de mar. de 2009
Catro meses en Viena

Nunca me plantexara vivir en Viena. A cidade estaba trenzada coa historia da miña familia, pero a min atraíame máis París, Madrid, Xerusalén –cudades cuxos idiomas eu falaba. Estivera nunha ocasión en Austria, aos dezasete anos, cos meus pais, para visitar os lugares onde vivira o meu avó, quen morrera ese mesmo ano.
Pero en 2006 gañei unha beca de xornalismo que incluía catro meses de residencia nun instituto de investigación en Viena. Eu ignorábao todo da cidade. Escribinlle a todolos meus coñecidos preguntándolles dónde vivir. Extrañaba vivamente ós meus abuelos – a miña avoa falecera no 2001– por primeira vez en anos.
Encontrei á miña caseira-compañeira de cuarto –chamareina Hilke– en Craigslist. O anuncio prometía un piso “iluminado e amistoso” e unha “camiñata de dous minutos á estación Friedensbrücke”, que era la parada de metro para o meu instituto. Intercambiamos e-mails e falamos unha vez por teléfono. Díxome que era artista. Eu comentei de paso que a mi familia abandonara Viena nos anos trinta.
Cheguei tarde na noite, a principios de febreiro, e emerxín do meu taxi a unha rúa húmida, fría e valdeira. Hilke preparou té e fíxome sentar na súa cociñaa de tapiz amarelo. Se pasaras xunto a ela na rúa, non te chamaría a atención. Pelo lacio ata os hombro, case loiro. Era do tipo hippie-punk de Mitteleuropa, de 36 anos anque parecía menor, con afición a usar faldra enriba dos pantalóns, con botas de montaña e ollos delineados. Durante años, díxome Hilke, rapara a cabeza, un estilo que atribuía en parte ó seu romance co Aktionism, un movemento artístico extremo que tiña que ver coa sangre, o semen e a violencia. “Ti es xornalista”, dixo, con ganas de continuar o que avanzaramos na nosa conversación telefónica. “Sí”, respondín, “estou escribindo sobre xudeus, musulmáns e extranxeiros en Europa”. “Os xudeus son musulmáns?”, preguntou, rindo nerviosamente. “É unha pregunta estúpida, seino”. “Non, estúpida non”, dixen perplexa. “¡Oxalá fora así de sinxelo!” Excuseime, procurando terminar a conversación. Dixen que estaba cansada. Ensinoume a miña habitación, que estaba espida, cun colchón no piso e unha plancha de madeira sobre dous cabalos tamén de madeira: un escritorio. Pero estaba ben aireada e – descubriríao ó día seguinte– iluminada, con grandes ventanas do século XIX. Durminme.
En Viena sentíame como unha pantasma –transparente, desconectada, ingrávida–, unha sensación exacerbada pola miña ignorancia do idioma e pola propia Hilke, que adoitaba a encerrarse na súa habitación. Viaxei pola cidad en U-Bahn, seguindo os pasos do meu avó. Saquei frases semi-recordadas das profundidades do meu cerebro. Eine kleine espresso, bitte?
Unha semana despois da miña chegada, cheguei a casa do trabajo e puxen a teteira na estufa. Hilke saíu da súa habitación, preguntoume se podía sentarse comigo e lanzouse a contarme unha historia sobre un romance fracasado. Eu contribuín cunha historia parecida. “Si, o tío estaba un pouco tolo”, dixen, referíndome a un ex. Ela sorriu. “Todolos xudeus tolean ós corenta?”, preguntoume. “Porque sei que os ciganos si”. “Non, iso non é certo en ningún dos dous casos”, dixen con delicadeza, intentando non asustala se parecía demasiado severa. “Pero… o parecer tenes ideas moi peculiares sobre os xudeus”. “É certo”, concedeu, “é exactamente por iso que che alquilei a habitación a ti. Era obvio que eras xudía –ningúen máis saíu de Viena nos anos trinta”.
8 de mar. de 2009
Vals con Bashir







