5 de fev de 2009

Israel non bombardeou a escola da ONU

Logo de todo o rebumbio, a ONU admite que Israel non bombardeou a escola da UNRWA en Gaza:
As Nacións Unidas veñen de rectificar a súa acusación de que Israel lanzase un proxectil contra a escola da UNRWA en Gaza o pasado 6 xaneiro causando a morte de 43 persoas no seu interior. Segundo informa hoxe o xornal Haaretz, Maxwell Gaylord, Coordinador Humanitario da ONU en Xerusalén, dixo que as Nacións Unidas "quere aclarar que todos os impactos de proxectís e todos os mortos producíronse no exterior, e non dentro do recinto do colexio". Xa no seu momento, portavoces das Forzas de Defensa de Israel-IDF puxeran en dúbida o bombardeo da escola da UNRWA e sinalaron que dúas bombas de morteiro non podían causar 43 mortes e ducias de feridos como afirmaron diversos medios no seu momento. Por outra banda, un informe de Patrick Martin publicado en The Globe and Mail (29 de xaneiro de 2009) de Canadá indica tamén que a acusación lanzada pola ONU o pasado 6 de xaneiro é falsa. O Globe and Mail sinala que un dos profesores da escola que se atopaba no recinto no momento do impacto "foi categórico" ao afirmar que ninguén resultou morto no interior do recinto. O profesor afirmou que a ONU pediulle que non falase cos medios. (...)


[Actualización: incorporo o croquis coas expolosións e a ligazón á fonte orixinal]

Nenhum comentário: