6 de fev de 2009

Bilingüismo

Afástase un pouco do contido habitual do blogue, pero é que me pareceu tan bó que me apetecía publicalo.

6 comentários:

Félix Soria disse...

Eu quero que os impresos da Administración galega estiguin en català i, en cas de que no sigui posible, je voudrai tous les textes en français, s'il vous plaît...
E que a Xunta substitua a palabra "stop" nos sinais de tráfico pola expresión "manos arriba".
Mi mamá me mima; my name is Charles; setge jutges mengen fetge d'un penjat...
Eu tamén teño dereitos!, ¿ou non?
Unha aperta.

J. disse...

A ver cómo podo explicar o que penso de todo esto... Vouno a intentar.

Admito que neste tema cóstame moito máis que noutros poñerme no punto de vista do Outro (supoñendo que noutros o logre, que isa é outra). Dende hai un tempo, hai un conxunto de cidadáns que consideran que a actual política lingüística da Xunta de Galicia vulnera os seus dereitos. Hai xente, e non parece pouca (e anque só foran catro, iso non é argumento para non telos en conta nin para negarlle a razón que puideran ter) que cre que se lles está a impoñer a lingua galega en todos os seitores da Administración Pública e, mediante regulacións, tamén no seitor privado. Non quero tomarme á lixeira o malestar desa xente, e por suposto non vou a caer no arranque palurdo de retirarllela galeguidade (por certo, faime moita graza eses arranques xenófobos tan frecuentes no ambientillo nacional-popular máis rancio de identificar quenes son ou non galegos, ou mesmo quenes son inimigos da Patria [!]. Máis, incluso, porque se arroguen a representatividade dun país no que non son máis ca unha pequena minoría).

Non da un comentario para falar dun tema tan complexo, pero hai unha idea coa que non estou dacordo: falar de imposición supón que o castelán está marxinado na Administración Pública, cando eu penso que acontece ao revés. Se ben a Administración galeguizouse moito nos últimos tempos (e sería inxusto negalo), aínda hai capos reticentes e onde non é posible empregar o galego, ou onde facelo implica un trato máis gravoso.

Pola contra, creo (e digo “creo”e non “sei”) que unha persoa que queira exercitar calquera trámite administrativo non ten problemas en facelo íntegramente en castelán. O único caso que se me ocorre agora é cando, ás veces, algún formulario está só redactado en galego (outras veces é só en castelán), supoño que por economizar. E, maila todo, pódense cubrir en castelán sen ningún problema e serán igualmente atendidos. Poño o exemplo dos formularios porque é o único caso que coñezo no que, en alguna ocasión, si se dou esta circunstancia de primarse ó galego. Coido que tampouco é a norma.

Penso que hai dous motivos diferentes polos que hai xente oposta á actual política lingüística (que non é máis, no groso, que aplicar o que xa se aprobara durante o Goberno do PP, e que nunca se cumplira). Por unha banda, quenes consideran que é un enfrontamento de segundo orden que absorbe demasiada enerxía que ben podería estarse empregando en causas máis urxentes (por exemplo, é a que vexo que manteñen amigos meus militantes ou próximos a Izquierda Unida), e os que rexeitan o ensino en galego para os seus fillos por consideracións ideolóxicas. Unha lingua non é unha ideoloxía nin unha relixión, senón un espazo neutral. Nese sentido, teño moi claro que os intentos de politizar o debate sobre o futuro da lingua xogan na contra da aceitación social do galego. Pero dase a circunstancia de que neste país hai grupos de xente nos que se da unha asimilación entre lingua e ideoloxía; o que fala castelán é un españolista/feixista/de dereitas, e o que fala galego de esquerdas/moderno/progre, e esa dicotomía falsa, absurda, malintencionada e irreal fai, por exemplo, que a unha amiga miña a humillen por pedirlle a un rapaz lume en castelán, ou que haxa país que non queren que os seus fillos estuden a Cunqueiro por medo a que se poña a queimar contenedores. É tremendo que se dea esa polarización.

De todos modos, é un tema complicado e importante de máis coma para despáchalo cun comentario por riba. Máis ou menos, esto é o que eu penso da situación, pero xa ves que é máis unha amalgama de ideas sen moito orden que un discurso argumentado, polo que, sen dúbida, se lle poden poner abundantes chatas e matices. Apertas, e ti dirás.

SIMON BAR KOCHBA disse...

Não sou suspeitoso de simpatizar com Galicia Bilíngüe, entre outras coisas porque não acredito no bilingüísmo harmónico. Também não tenho nada em contra de que se manifestem para expôr as suas posições e, sobretudo, que se lhes deixe manifestar em PAZ.

Por isso parece-me insultante que os mesmos mamoncetes das BRIGAS, que há quinze dias íam pedindo PAZ e solidariedade com Hamas, hoje tenham ido a tratar de reventar a manifestação de Galicia Bilingüe imitando aos seus admirados Jarraitxus. Estes retrassados mentais de Briga de maiores querem trabalhar na ETA. Mágoa que o pusilânime de Touriño ou o seu clon no Concelho de Santiago -não-sei-quantos-Bugallo-, por medo a aparecer ante a opinião pública como “autoritários” não condeem sem meiastintas este tipo de actos de terrorismo de baixa intensidade. Os do Bloque, logicamente, não os ham condear porque são eles próprios quem os incitam.

Ante este tipo de comportamento fascista –nas há mais que ver os cartazes convocando a reventar a manifestação na web de Brigas, com cócteis molotov e tudo-, para mim o debate do bilingüísmo fica num segundo plano.

Se o sei, eu hoje –por solidariedade- também teria estado em Compostela.

J. disse...

Penso que, á vista deste comentario e do anterior sería bó aclarar en qué circunstancias publiquei o pasquín.

Recibín o mesmo nun correo electrónico que me enviou un amigo no que se ligaba directamente o mesmo, sen saber quen fora o seu autor nin qué asociación estaba detrás, se fora o caso. Isto é, pensei que era un alegato sen máis, con cuxo enunciado estaba dacordo, pero non tiña nin idea de que foran impresos baseándose nun modelo previo de Galicia Bilingüe, nin moito menos que ían a ser repartidos nunha contra-manifestación hoxen en Compostela. Cando, despóis de xantar, estiven botándolle unha ollada á prensa e vin, primeiro que houbera unha manifestación de Galicia Bilingüe, e tamén o que eses energúmenos aos que aludes foran a facer. Energúmenos dos, todo sexa dito, opinio exactamente igual ca ti, non son máis ca uns burdos aprendices de fascistas (que, por suposto, chamarán fascistas a todos os que non pensen coma eles, coma é sabido). Logo, buscando na rede, xa vin o modelo no que se baseaban, e que os nosos valentes patriotas xa levaban varios días planeando ir a montala.

De saber que este pasquín era parte dunha estratexia para reventarlle-la manifestación ós cidadáns que esta mañá se manifestaron pacíficamente en Santiago, non o tería colgado.

SIMON BAR KOCHBA disse...

Inteiro-me que o PSOE condeou as agressões fascistas contra os manifestantes de Galicia Bilíngüe.

Retracto-me, sendo assim, do dito no meu anterior comentário em referência aos sócios do BNG e peço desculpas. Nobreza obriga.

J. disse...

Queda, pois, constancia tanto de que o PSOE se desmarcou coma da túa retificación. Apertas, e para o que queiras, xa sabes que esta é tamén a túa casa.