3 de mai de 2009

Final

Este blogue toca hoxe ó seu fin. Con el vou a deixar de utilizar tamén o alcume Julicheiro, co que non volverei a usar ningunha das contas abertas con ese nome. Empezara a usalo hai unha chea de anos para comentar en Galiciaconfidencial. Logo tiven que rexistrarme en Blogger para poder deixar comentarios no blogue De paso, e unha vez aberta a conta, ocurríuseme empezar esta bitácora, que durante moitos meses nin nome tiña. Xa choveu. É hora de cambiar. As miñas simpatías non mudaron, pero esta identidade ficticia, e todo o que ela conleva, está esgotada, e actualmente resulta máis unha carga que unha oportunidade. Irei por outros vieiros, máis pausados e espero que máis productivos.

Agradezo ós leitores, esporádicos e habituáis, que se molestaran en lelo, e especialmente a quenes deixaron os seus comentarios, xa fora para concordar ou ben para retrucar. Os blogues existen porque hai quen os lea, co que son as persoas que se achegan por aquí quenes lle dan sentido a todo isto. Deshabilitei a posibilidade de deixar novos comentarios, pero deixarei a conta de correo aberta por se algúen quere comunicarse por esa vía. 

A aqueles cos que cheguei a a conxeniar, seguimos en contacto no correo e no chat. Ós que aínda non coñezo en persoa, espero que chegue pronto ese día. A todos, moitas grazas, e ata sempre.




Joaquín Sabina - Ruído



Franco Battiato - Bandiera bianca




23-11-2006 - 05-05-2009

Jewish Naqba

1 de mai de 2009

Allan Poe

Se algúen non quere durmir esta noite, que probe a ler a innenarrable tortura que tivo que afrontar este paiaso (literalmente) na antesala do inferno.

30 de abr de 2009

Xunto á tumba dun soldado


Unha rapaza israelí a carón da tumba dun soldado, no cemiterio militar do Monte Herzl (Xerusalén).

[Foto tirada do LATimes]

28 de abr de 2009

Orgullo sionista

"Douche seis meses", díxome un parente cercano o día antes de que empaquetara a miña vida en dúas mochilas e as arrastrara a dúas mil millas de Gran Bretaña. Unha década despóis, aínda estou aquí e estou orgullosa de ser unha olah vatika (inmigrante veterana).

Mesmo dentro de Israel, o concepto de Aliá para o mesmo sionismo é con frecuencia algo extraño. Xóvenes israelíes en concreto non poden entender porqué algúen dun país evidentemente próspero, cunha cultura refinada e unha sociedade progresista, e que se atopa relativamente libre de terrorismo, escolla guindalo todo, abandoar á súa familia e amigos e mudarse a un país tan cheo de problemas internos e violencia.

A miña motivación pode ser resumida nunha palabra. Sionismo. Nas últimas décadas, "sionismo" convirteuse nunha palabra suxa. Utilizouse coma un nome insultante e despectivo para referirse ó conxunto do pobo xudeu, coma abreviatura do Estado de Israel no contexto do seu conflicto cos palestions, e mesmo coma un sinónimo dos asentamentos.

É hora de recuperar a palabra coma unha expresión de orgullo. O sionismo é o que conduciu e conducirá no pasado, presente e futuro  a xudeus arredor do mundo a dirixirse cara unha minúscula mancha de terra nunha rexión asolada pola guerra.

A súa necesidade de pertencer a Israel non é sempre apreciada pola súa poboación actual. Nun autobús abarrotado de Tel Aviv, cando protestei porque alguén puxera a súa axila en fronte da miña cara, dixéronme que me volvera a América. Os israelíes nativos rinse do meu acento británico, responden ó meu hebreo fluído cun pésimo inglés, pero sen embargo matarían polo meu pasaporte da Unión Europea.

Irónicamente, descubrín que a clase obreira israelí, acosada coma está polas dificultades económicas, é a que asemella máis comprensiva coa miña decisión. O seu orgulllo pola patria é real, alegre e implacable.

Israel é a onde pertenzo. Aquí é a onde pertencen xudeus, xa sexa porque vivan aquí, veñan de visita ou simplemente por unha conexión espiritual co lugar. É  a encarnación de centos de anos de aspiracións, a través dos progromos, a persecución e o xenocidio.

Non é que eu fora a vítima dun verdadeiro antisemitismo na miña vida en Gran Bretaña, pero sempre hai un omnipresente ruxe-ruxe. A miña sinagoga local en Manchester, coma a maioría, ten patrullas dunha compañía de seguridade privada nas festas importantes, e a miña escola xudía tiña un valado con arame de espiño. Aínda non hai nada semellante ó que afrontaron os meus bisavós do Leste, ou o que levou ós meus parentes austríacos cara as cámaras de gas en Auschwitz.

Eu ben podo ser un producto do meu entorno en Gran Bretaña (movementos xuvenís xudeus, educación xudía, fogar xudeu) e por iso hai tantas cousas que me molestan, asustan e apenan de Israel, coma é a súa incapacidade para conciliarse coa realidade dos nosos veciños palestinos, a súa caprichosa atitude cara a guerra e a intolerancia relixiosa de xudeus laicos e relixiosos por igual. Pero aquí estou eu.

Este é o meu décimo Yom HaZikaron e Ha´atzmaut coma israelí. Foi con frecuencia dificil, ás veces solitario, ás veces aterrador, pero nunca un motivo de arrepentimento.

Sempre estou na Praza Rabin para as sereas dos mortos, e para o baile da vida. Son unha sionista, e estou orgullosa. Este é o meu país e o amo. Aquí permanecerei.

Eu son sionista e estou orgullosa.

Un artigo de Sara Miller, editora do Ha´aretz, no Día da Independencia.

26 de abr de 2009

Interrumpir no camiño

O xornal exipcio El Aosbora informou de que a semana pasada un cargueiro iraní que transportaba armanento cara Gaza foi torpedeado no Mar Vermello, en fronte da costa de Sudán. Un barco de guerra non identificado disparou sobre o mesmo antes de que puidera atracar, segundo advertiu unha fonte anónima. Polo pronto, o Goberno israelí nin afirma nin desminte a información, anque o exército dos EUA ó parecer deixou entrever que na operación estiveran involucrada a Forza Aérea de Israel.


Esta operación, xunto coa eliminación en Sudán hai unhas semanas dun convoi con armamento e o mesmo destino (se ben a prensa recolle que houbo outras dúas operacións das que non trascenderon noticias), e a detención en febreiro, por parte das autoridades chipriotas, doutro barco iraní (que transportaba tanques T-72, morteiros, etc) con destino Siria, formarían parte dunha estrataxema destinada a interceptar dito armamento antes de que sexa suministrado a Hesbulá no Líbano e a Hamás en Gaza. Singularmente neste último caso, é preferible actuar antes de que os arsenais se atopen dentro da Faixa, espallados entre poboación civil, para evitar o coste humano que unha operación dese calibre, coma a recente Chumbo Fundido, acaba acarrexando.

24 de abr de 2009

Hesbulá en Nova Iorque

Ferry que une State Island co baixo Manhattan.

Un paquistaní ven de ser condeado a cinco anos e nove meses de prisión por emitir nos EUA a canle de emisión de Hesbulá, Al Manar, dende o seu fogar en Staten Island. Unha vez finalizada, quen foi descrito polo fiscal coma "o home de Hesbulá en Nova Iorque" será deportado (Jerusalem Post).

É normal; se Hesbulá está na lista de Organizacións Terroristas Extranxeiras do Departamento de Estado, o lóxico é que supriman as súas canles de difusión e proselitismo.

23 de abr de 2009

As tácticas de Hamás

Neste vídeo amosa unha recreación de cómo se distribúen polos núcleos urbanos de Gaza os paramilitares de Hamás, e como utilizan á poboación civil para entorpecer ós avances do exército israelí.



(Duración: 5:39)

22 de abr de 2009

Hamás abre o seu primeiro banco en Gaza


O Banco Islámico Nacional abriu onte as súas portas o público, cun capital inicial de vinte millóns de dólares. As súas oficinas ocupan catro plantas dun céntrico edificio na capital, e a partires dagora alí será onde teñan depositadas as súa nóminas os empregados de Hamás. A Autoridade Nacional alegou que non autorizara a súa creación, e fixo un chamamento ó seu boicot.


As fontes negáronse a aclarar de onde sacaran o capital, se supostamente Israel deixara Gaza mergullada nunha grave crise humanitaria. Non obstante, si especificaron que esta institución financieira rexiríase só polos principios económicos da sharia. (Al Arabiya)

21 de abr de 2009

Hesbulá en Exipto (4)

Dúas novas sobre a célula de Hesbulá desmantelada en Exipto:

  • Nunha subida de tono fora do habitual, Exipto protestou a Irán polo seu apoio a Hesbulá. Logo da que fontes gubernamentais da República Islámica acusaran a Exipto de inventalo todo para alterar as vindeiras elecións libanesas, o goberno do Cairo contraatacou hoxe cunhas declaracións infrecuentes de puro francas (Jerusalem Post).

  • Os detidos afirmaron que eles pensaban que estaban traballando dacordo co Fatá, a través das brigadas de Al-Aqsa. Tanto se o din para incriminalos coma se é certo, a organización reaccionou airadamente a estas incendiaras declaracións por boca de Barakat al-Farra, delegado do Fatá en Exipto. Éste lembroulle á Hesbulá "favores pendentes" e aconselloulle que non se entrometera "nos asuntos palestinos", aludindo tamén ó contrabando de armas a Hamás en Gaza (Ashark al-Awsat).

Contradictio in terminis

Un dos membros da comitiva da República Islámica de Irán na conferencia contra o racismo (sic) chamoulle ó supervivinte da Shoá e Premio Nobel de Literatura Elie Wiesel "sionazi" (via Guysen).


Pola súa banda, o presidente Ahmadineiad regresa ó seu país coma un heroi, logo de valerse deste privilexiado altofalante para reafirmarse no seu liderato, tanto no plano doméstico coma perante os seus seguidores en latinoamérica e no mundo académico occidental. Finalmente, na conferencia arredor de cen países aprobaron unha resolución contra o racismo na que, faltaría máis, Israel foi o único país do mundo que aparecía citado; para disimular, non escribiron o seu nome senón que se remitiron ó documento anterior no que si aparecía. (Jerusalem Post).

Deberían aprobeitar as fermosas instalacións que teñen á beira do East River para facer un hotel, e rematar con esta farsa canto antes.

19 de abr de 2009

Desbandada de Durban II

Logo de que onte os EUA despexaran que non participaran na Conferencia contra o Racismo (a.k.a., Durban II, en recordo do aquelarre da primeira edición), tampouco Italia nin Alemaña van a acudir. Hai que sumarlle a ausencia de Israel, Canadá, Australia, e os Países Baixos. A República Checa, coma presidenta de turno da UE, está a ver se logra un apaño de última hora, gran mostra da boiante política exterior comunitaria.


Motivos para non acudir, polo menos no caso dos Estados Unidos e Israel; o texto final, promovido polas democracias máis arraigadas do planeta, quería encadrar ó sionismo coma unha forma racismo, coma xa forzara o bloque soviético, outro paladín da defensa da dignidade humana, na Asamblea Xeral da ONU durante a Guerra Fría. E logo un detalliño, nada importante: dito texto pedirá a prohibición da crítica relixiosa. No titular de El País esto último non o poñen, pero cóntano cara o final, así que non se pode criticar. Normal, se hai pouco espazo, e no titular nunca sobra, haberá que priorizar. Logo arréglano:
El documento de Diène contiene una denuncia expresa del fenómeno creciente de la islamofobia, es decir, de la discriminación, prejuicios y trato desigual de que son víctimas, en Occidente, los musulmanes, tanto a título individual como colectivo. La llamada de atención de Diène está plenamente justificada, porque es evidente que, a raíz del 11-S, se somete a los musulmanes a una sospecha generalizada y que se tiende a percibirlos, en bloque y de manera irracional, como enemigos de los valores de la democracia y los derechos humanos.
Ahí queda eso. Por certo, a ONG Human Rights Watchs está decepcionadísima. Pola negativa dos EUA a participar, digo. O texto? Pois o texto é caralludo. Claro que si. We are the world.

Pola súa banda, Ahmadinejad depachouse cunhas declaracións moi na súa liña, que suscribiría calquera Europeo Benpensante, dagora ou de hai cen anos, tanto monta:
They (the Zionists) plunder nations' wealth by dominating the world power centers and have created a condition that nothing can be said about this evil phenomenon whose effects loom over nations' lives "
Non fun mirar, pero supoño que será o argumento que sigan tamén os de Público.

18 de abr de 2009

Morderse a cola

Durante unha das pacíficas manifestacións árabes en Bilín contra o Valado de Seguridade, os antidisturbios cargaron para dispersar ós congregados. Durante o lanzamento de botes lacrimóxenos, un deles impactou no bandullo dun dos presentes, provocándolle a morte. Cómo se denomina isto?


Pois, na prensa pijo-progre, asasinato, isto é, unha morte provocada intencionalmente. Con esta clase de xornalismo-espectáculo, que se pasa a realidade polo arco do triunfo, non é de extrañar que o comentario máis valorado sexa este:

Ya no sorprende nada del ejercito judio-nazi israelí

Parece que a este paso al final el tiempo acabará dando la razon al fürher

... nun bucle fanático onde o pobo quere coartadas para a súa xudeofobia e medios compiten con entusiasmo para ofrecerllas.

16 de abr de 2009

Hesbulá en Exipto (3)

Segundo informa o Almasry Alyoum, na brigada de Hesbulá desmantelada en Exipto habería dous membros do Fatá, Mohamed Ramadan Abdel Fattah Baraka e Nadal Fathy Hassan, e tería coma obxetivo provocar un macro-atentado suicida en Tel Aviv:
As fontes din que as forzas de seguridade arrestaro a dous membros do Fata unhas poucas semanas despóis de que entraran no Sinaí dende Gaza a través dun tunel na fronteira entre Exipto e Palestina.
Os dous detidos afirmaron que estaban intentando introducir ilegalmente africanos en Israel, pero durante os interrogatorios confesaron o seu obxetivo:
Durante as investigacións, os acusados admitiron que pensaban viaxar a Sudán e despóis a Siria e ó Líbano para ser adestrados en operacións suicidas. Dixeron tamén que planearan levar a cabo unha operacón suicida en Tel Aviv (Israel).

Dixeron que se uniran á célula de Hesbulá logo de coñecer a Sami Shehab a comenzos do ano pasado, logo de cruzar a Exipto dende a Faixa de Gaza. A continuación afirmou que voltaran á Faixa de Gaza que algúns membros do Fatá lles axudaran a pasar clandestinamente ó Sinaí para unirse á célula de Hesbulá.
Pola súa parte, Irán rexeitou as acusación contra Hesbulá, e afirmou que a investigación, que continúa en marcha, é un intento de influír nas vindeiras eleccións xerais do Líbano.

[No blogue: Hesbulá en Exipto I e II]

13 de abr de 2009

Hesbulá en Exipto (2)

Segundo cantou o libanés Samil Shihab, principal sospeitoso do operativo de Hesbulá desmantelado en Exipto, cando foron detidos atopábanse preparando a vinganza pola morte de Imad Moughnieh. As declaraciós apareceron no xornal panarabe Al Hayyat. Pola súa banda, o Asharq al-Awsat publicou que a célula se constituíra no 2005, e estivera recabando información sobre os lugares turísticos Taba, Sharm el-Sheikh, Dahab e Nuweibeh, na península do Sinaí, onde tiñan previsto atacar a turistas israelíes.


Mentres tanto, as autoridades exipcias seguen o rastro de trece persoas, dez libaneses e tres sudaneses, dos que se sospeita que están a ser agochadas por beduínos no Sinaí (beduinos que viven en gran parte do tráfico de armas vía Gaza).

[Máis: Jizballah amenaza el gobierno de Husni Mubarak, por Fernando Cohen-Sur]

O último en Afganistán

O último xudeu que queda en Afganistán da conta neste vídeo da súa situación en Kabul, coma último membro do seu pobo que continúa no país.

12 de abr de 2009

Palabras suxas

Arabia Saudí ven de prohibir para as matrículas dos coches aquelas combinacións de tres letras que, traducidas ó alfabeto latino, produciran palabras malsonantes. Isto tamén acontece en España, onde se omiten combinacions coma ETA ou PIS. O curioso é unha das palabras escollidas; ASS (), BAD (malo), NUT (tolo), SEX (ornitoloxía), BAR (idem; presumiblemente, pola prohibición taxante de beber alcohol) e... USA.


Será porque alí esto último representa todo o anterior?



11 de abr de 2009

Centenario

Esta semana a cosmopolita Tel Aviv cumpriu os seus cen primeiro anos. Abaixo, imaxes da celebración na Praza Rabin, tiradas do arquivo de Life.com.









10 de abr de 2009

Hesbulá en Exipto

Exipto detivo a quince persoas acusadas de fabricar cohetes qassam para contrabandear a Gaza. Dende o Líbano, Nasrallah desmentiu que Hesbulá estivera intentando desestabilizar Exipto, logo de que esta semana se desmantelara un operativo da organización xií que presumiblemente tería coma obxetivo atacar zonas turísticas do Sinaí, algunhas destinos habituais de israelies.

8 de abr de 2009

A condición de Siria

Walid al-Moallem, Ministro de Asuntos Exteriores sirio, declarou que, para que o seu Goberno retomara as negociacións de paz con Israel, como condición previa éste debería cederlle os Altos do Golán ata as fronteiras de antes de que Siria o atacara no 67.


Lieberman, pola súa banda, amosouse contrario a estas pretensións: "A paz só será a cambio da paz. (...) Non hai ningunha resolución respecto das negociacións con Siria, e xa dixemos que non estaremos dacordo con retirarnos dos Altos do Golán." (Ha´aretz)

5 de abr de 2009

60º aniversario da OTAN

Onte, catro de abril do 2009, cumpríuse o 60 aniversario da firma do Tratado de Washington (documento) que estableceu a Organización do Tratado do Atlántico Norte. Coincidindo co aniversario, celebrouse o cumio do que sairá a nova estratexia da organización para Afganistán, plasmada en 5.000 efectivos e 100 millóns de dólares. Na mesma xornada nomeouse ó primeiro ministro danés Anders Fogh Rasmussen coma novo secretario xeral (BBCWSJ, e JP).


O Real Instituto Elcano adícalle unha serie de artigos nos que analiza a evolución e retos de futuro que aborda a OTAN:
  • La cumbre de la OTAN en Estrasburgo-Kehl: ¿revisar sus fundamentos tras 60 años?, de Félix Arteaga. Resumo: Agora que con Obama parece que a OTAN pode recuperar o papel que tivo noutro tempo, Arteaga sinala en catro grandes bloques as mudanzas estruturais  que deberá abordar para que recobre a operatividade perdida.
  • Hacia una nueva alianza atlántica, de J. Enrique de Ayala. Resumo: O artigo sinala que a OTAN aínda mantén unha estructura que deixou de ser útil logo da Guerra Fría, ó tempo que sinala a necesidade de que Europa dependa menos desta institución no plano militar. 
  • La Alianza Atlántica en su 60 cumpleaños, de Florentino Portero. Resumo: a crise da OTAN débese á perda do elemento cohesionador, a ameaza soviética, ó tempo que sinala que "hoxe a Alianza é unha excelente axencia de servizos de seguranza, pero carece dunha estratexia común", e o que é máis importante: "Non é unha cuestión de europeos contra norteamericanos, senón dunha profunda crise intereuropea". 
  • 1949-2009: la OTAN ante su futuro, de Fernando del Pozo. Resumo: Dous factores diferenzan á OTAN actual da fundacional; o seu obxetivo fundamental xa non é defender o propio territorio, e o gran aumento de países membros ó tempo que se mantén a adopción de acordos por consenso. Apunta, tamén, as direccións ás que cada corrente dentro da Alianza quere orientar á organización. 
  • La Asociación para la Paz; pasado, presente y futuro tras la cumbre del 60 aniversario, de Federico Yaniz Velasco. Resumo: Análise da historia da Asociación para a Paz, logo de cumplirse en xaneiro quince anos dende a súa constitución.
[Máis: páxina da OTAN; conclusións do Cumio de Bucarest (pdf. 8 páx.); fotogalería coa historia da organizaciónPortal NATO na wk.en]

2 de abr de 2009

Palestino mata a machetazos a un adolescente xudeu

Shlomo Nativ


Este é o día a día que non che contará Miguel Anxo Murado. 

Esta tarde, un árabe que estaba traballando en Bat Ayim, ó sur de Israel, aprobeitou que se atopaba preto duns rapaces que non foran á escola (por estar en Purim) para emprendela a machetazos cos nenos. Ó descubrilo, intentaron abatilo, pero escapou.

Estas cousas pasan a miúdo, só que aquí non saen na prensa. O único medio que informou (son agora as 22:57 do xoves) foi Libertad Digital. A prensa progre, obviamente, non considera que os españois deban estar ó tanto destas cousas; isto racha os estereotipos que se queren presentar.

O neno israelí que morreu chamabase Shlomo Nativ, e tiña trece anos. Yair Gamliel, de sete anos, ficou malferido.

Cita oportunísimamente Simon a Gustavo Perednik:
Um milheiro de israelis têm sido assassinados desde setembro de 2.000, em restaurantes, em discotecas, em autobuses, disparados pela rua, acoitelados. O 90 % de eles eram civis, na sua maioria mulheres e crianças. Temos visto todos e cada um dos sepélios. Um por um. Acompanhamos perto de mil funerais, com os discursos, com mães que querem arrojar-se nas tumbas dos seus filhos, com as fotos de rapazes cujas vidas se viram truncadas pelo facto de serem israelis.

À minha esposa Rut, um dos centos de atentados sacudiu-na especialmente. Foi o 9 de Agosto de 2001 numa pizzeria do centro da nossa cidade, Jerusalém. Um terrorista entrou ao local com 10 kgs. De explossivos mesclados com cravos, parafusos e pernos, que fez detonar entre a gente, assassinando a umas vinte pessoas e ferindo a mais de cem. Entre os mortos achava-se a família Schijveschuurder, parentes de Rut. Os pais Zira e Mardoqueu morreram com três dos seus filhos, Raia de 14 anos, Abraham de 4 e Hemda de 2. Haia, a de 8 anos, sobreviveu ao ataque.

Menciono os nomes porque os meios espanhois nunca os mencionam. Na sua televisão amosam as imagens dum autobus feito pedaços e dos padioleiros, e a continuação o vídeo sobre o assassino. De ele sim transmitem o seu nome e dados. As vítimas não têm nome. A televisão espanhola relata a vida do terrorista, a causalidade da sua acção, e a continuação, as câmaras trasladam-se ao seu fogar, onde vemos como os familiares sacam os enseres antes de que a sua casa seja eventualmente derrubada. De eles compadecem-se.

1 de abr de 2009

Declaracións de Netaniahu

Nunha entrevista en The Atlantic, o dende o martes novo Primeiro Ministro de Israel, Beniamin Netaniahu, declarou ó xornalista Jeffrey Goldberg que está decidido a impedir que Irán acade armamento nuclear. Cita Goldberg: "O presidente americano, dixo, debe deter a adquisición por parte de Irán de armamento nuclear (e rápidamente), ou un Israel en perigo pode que se vexa obrigado a atacar as instalacións nucleares iranís por si mesmo".


Sobre o novo presidente dos EUA: "O presidente Obama ten dúas grandes misións: arranxar a economía, e evitar que Irán acade armamento nuclear". Sobre este último punto sinalou: "A adquisición por Irán de armamento nuclear podería desencadear unha carreira armamentística no Oriente Próximo. O Oriente Próximo xa é incendiario dabondo, pero con armas nucleares tornaríase nun polvorín".

Sobre a cuestión territorial, recóllense as palabras do comandante en xefe Moshe Ya´alon:
"O erro da desconexión de Gaza foi que eles pensaron coma occidentais, que o compromiso difuminaría o problema, pero iso xusto avivou o problema. Os xihadistas viron a retirada coma unha derrota de Occidente... Agora, que lle estarás a decir se estás listo para dividir Xerusalén, ou se estás listo para retroceder ás liñas de 1967? Nesta clase de conflictos, a túa habilidade de defender e ser determinante é máis importante que a túa capacidade armada".

30 de mar de 2009

Chantado no Medio

O xornalista Shmuel Rosner, colaborador habitual do Jerusalem Post, publica en The New Republic o artigo Stuck In The Middle no que especula sobre a incorporación do Partido Laborista ó goberno liderado polo Likud. Dende que Barak convencera ós delegados do seu partido, por un escaso marxe, para dar este paso, moito se ten escrito sobre os motivos que o levaron a unirse ao executivo encabezado por Netaniahu.


Rosner sostén a tese de que este xiro de Ehud Barak ten coma obxetivo reubicar ó Mapai no lugar que históricamente ocupou no espectro político israelí, a esquerda ou, a día de hoxe, a centro-esquerda, desprazando a Kadima:
"(...) O destino do Partido Laborista é a cuestión fundamental na comprensión do futuro da política israelí. Unha minoría significativa do Partido votou a semana pasada contra a decisión do lider Ehud Barak de unirse á coalición; eles querían que el seguira o exemplo do propio Netaniahu, que durante años agardou marxinado na oposición antes de regresar triunfalmente ó poder o mes pasado. O erro deste razonamento é que cando Netaniahu estaba na oposición, foi o líder da oposición. Barak non ten tal luxo, posto que Kadima xa tomara a decisión de permanecer na oposición, relegando a Barak a un papel secundario. Barak tiña que escoller entre ser o segundo ó mando na oposición, ou ser segundo ó mando na coalición; un dilema moi diferente ó que se enfrentou Netaniahu hai tres anos. (...)

Sen embargo, a reorganización que se iniciou co movemento de Sharon continúa ahora co turno de Barak. De súpeto, non está moi claro quén é o centro e quen é a esquerda. Conseguiu o Mapais, uníndose ó Likud, trasladarse á dereita, deixando a Kadima na esquerda, e ocupando o terreno ideal centrista que Sharon preverao para o seu partido? Neste caso, a xogada de Barak será considerada como unha das súas máis brillantes manobras políticas (nunha carreira chea delas), quizáis salvándose a si mesmo e ó seu partido ó mesmo tempo. Tanto Netaniahu coma Barak parecen asumir que Kadima (coa súa corta historia, lider relativamente inexperta, e cunha ideoloxía non detectable, distinguible) non sobrevirirá anos na oposición. Cando eles pensaron na idea de unir fuerzas, moito antes das últimas eleccións, parecía que ambos estaban agardando para deixar que Kadima se derrumbase e, a continuación, volver á época do Likud e do Laborista coma cabezas da xeraquía política de Israel."

27 de mar de 2009

A orquestra de Xenín


Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.


Os rapaces, de entre 12 e 17 anos, veñen de Xenín. No imaxinario colectivo israeli, esta cidade é o epicentro da peor cara dos palestinos. Dende ela se promoveron moitos dos máis atroces actos terroristas que teña padecido a poboación civil israelí, posto que nela tiveron e teñen a súa base os comandos terroristas palestinos que, durante décadas, sementaron o terror nas rúas de Israel, ata que o Valado de Seguridade interrumpiu esta rutina sanguenta. Pola súa banda, por mor disto, para demasiados palestinos é un símbolo da "resistencia". Consecuentemente, a cidade foi tamén obxetivo dalgunhas das operacións militares máis contundentes que se teñan levado a cabo en territorio da Autonomía Palestina, entre as que destaca a célebre Batalla de Xenín (Ao igual que na recente operación en Gaza, tamén daquela se falara ó principio de "xenocido", "masacre" e demáis. Cando o espectáculo xa non daba máis de si, a prensa rematou por esquencelo, e acabouse por admitir coa boca pequena que, en realidade, non fora tan así).

Isto é, ten especial significación que foran xusto dese sitio. Á hora de comunicarse, os árabes só sabían árabe, e os israelíes hebreo e as linguas dos países onde naceran, co que só se podían entender coa música. Un dos rapaces, Qusai Samur, preguntaba en qué consitira o Holocausto, e a directora da orquestra, a árabe-israelí Wafaa Younis, declaraba: "Eu non creo nos políticos, só na música e nestes rapaces". Os instrumentos cos que conta a orquestra proceden de doazóns da Universidade Mormona de Xerusalén e do dramaturgo Dan Almagor, que cedeu os violíns. 

Paréceme importantísimo que medidas deste tipo se leven a cabo. É urxente que a mocidade palestina dispoña de outra saída que non sexa engrosar as bandas crimináis que por ahí axudan á consecucion dun Estado palestino coma Nos-UP contribúe á expansión do galeguismo. Mentres son xóvenes, hai que intentar afastalos do discurso do odio que domina totalmente a sociedade palestina, para que o día de mañá poidan prantar cara ó extremismo dende dentro; para ter interlocutores, primeiro haberá que formar ás novas xeracións nunha rutina diferente. E non perder nunca de vista que non se trata de escoller entre Israel e Palestina, senón qué Israel e qué Palestina. (New York Times e Gulf News)

26 de mar de 2009

O principio do fin de Avodá?

Logo de que os delegados de Avodá permitiran a Barak acceder ó Goberno liderado por Netaniahu por só cento e pico votos de vantaxe, a división no que dende a independencia e durante décadas foi pilar fudamental do Estado é máis patente que nunca. Segundo informa o Yediot, parece ser que dende o Kadima estarían intentando captar a aquel seitor dos laboristas que se opuxo á inclusión no novo Goberno.


As motivacións de Barak por entrar na coalición son pasto de cometarios de todo tipo, dende os que ven un risco para o partido permanecer na oposición á sombra de Tzipi Livni ata os que sinalan a mera ambición persoal. Na miña opinión, anque esta última xustificación existira, non creo que fora o determinante. 

Os laboristas xa entraran nun goberno co Likud hai uns anos, no 2004, pero é que daquela non estaba Kadima polo medio.

Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto

Begin, Jimmy Carter e Sadat, durante a celebración dos Acordos de Camp David do 1978. Imaxe: Commons.


Hoxe cúmprense trinta anos dende que se firmara en Washington o tratado de paz entre Israel e Exipto. Maila que impediu a reanudación das hostilidades, a relación entre ambos países non deixou de ser fria, sen perxuízo de acordos puntuais; Leonor Jauri cita en Guysen entre eles a colaboración no seitor agrícola, así coma a admisión de estudantes exipcios no sistema educativo israelí. Proba disto é que non hai programado no país ningunha conmemoración oficial. Pola súa banda, o embaixador exipcio en Tel Aviv, Yasser Rida, si está participando destas horas nunha acto ó respeito no Ministerio de Asuntos Exteriores en Xerusalén.

A importancia de Exipto coma interlocutor entre Israel e o mundo árabomusulmán é crecente, a pesar da humillación que para O Cairo supuxo a deslealdade de Hamás ó incumprir a tregua que axudaran a pactar, e sobre todo agora que Erdogan inhabilita a Turquía para esa función. Debemos estar atentos á evolución do país, especialmente agora que nos atopamos nos primeiros pasos do que podería ser a sucesión de Mubarak.

23 de mar de 2009

Dispersos entre as nacións

A organización non gubernamental Scattered Among the Nations ("Dispersos entre as nacións") é unha asociación estadounidense que ten coma obxetivo axudar a pequenas comunidades xudías espalladas polo mundo, nomeadamente en África, Asia, a antiga Unión Soviética e Sudamérica. A organización foi fundada por Bryan Schwartz, avogado residente en San Francisco, que no 1999 comenzou a elaborar un libro no que compilou historias e fotografías en máis de 100 vilas situadas en 30 países diferentes, ó longo dos cinco continentes. A raíz deste libro, chamado Dispersos entre as nacións, xurdiu a idea de crear a asociación.

As comunidades ás que da asistencia van desde ós xudeus tunecinos, asentados nesas terras dende o exilio babilónico hai 2600 anos, ata os xudeus incas do Perú, que empezaron a practicar hai só dez anos, coma se recolle nunha reportaxe en Jewcy. Polo que conta, algunhas intentan manter a ortodoxia da tradición, na medida das súa posibilidades, mentres que outras optan por unha vía máis heterodoxa, coma as pequenas comunidades de Uganda e Zimbawe, que versionan cancións en hebreo con melodías africanas. A asociación brinda apoio en temas tan diversos coma asesorar ós xudeus peruanos para que acaden con éxito o seu proceso de conversión ou colaborar na construcción dunha sinagoga na India.

Vals con Sísifo

Jonatan Yudelman expresa no seu artigo Walz with Sisyphus a súa opinión sobre a efectividade real  da hasbará. Segundo o seu xuízo, intentar explicar a situación de Israel en toda a súa complexidade é mesmo contraproducente:

(...) Fora de América, poucos países occidentais se identifican con Israel. Para eles, ser occidental é, ante todo, non ser acusado de infrinxir sufrimentos. Israel parte da repulsa de Occidente cara o sufrimento. Tal vez pensa por esta razón que coas súas bágoas se gaña a súa simpatía. De feito, elas alentan ós seus enemigos e confunde ós partidarios. A amarga verdade é que a hasbará non é en absoluto propaganda, senón unha necesidade moral particular da psique israelí. E a necesidade de Israel de ser coñecido, coas súas verrugas e todo, non convence ós occidentais da xustiza da súa causa. (...)

Hamás e os medios

Un artigo de Miguel Bóo no Xornal de Galicia.


Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas.

Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.

20 de mar de 2009

Abusos e erros

O xornal Ha´aretz publicou o xoves e o venres unhas supostas declaracións de seis soldados das IDF, así coma un editorial e un artigo de opinión baixo a etiqueta de análise, nas que se pon en tela de xuízo a actuación do seu exército na recente operación militar Chumbo Fundido/Sólido. O xornal denuncia o comportamento das tropas durante dita ofensiva, ó tempo que despreza os mecanismos de autorregulación do exército coma inoperativos.


As declaracións están a levantar escándalo, e gustaríame aludir a elas en varios puntos:

1) Hai que diferenciar ataques intencionais de erros macabros, coma o que recolle o xornal:
"Había unha casa cunha familia dentro... puxémolos nunha habitación. Despóis deixamos a casa e outro pelotón entrou, e poucos días despois houbo unha orde de liberar á familia. Eles ubicaran francotiradores arriba. O comandante do pelotón deixou marchar á familia e díxolles que foran pola dereita. Unha nai e os seus dous fillos non entenderon e foron pola esquerda, pero esquencéronse de decirlle ó francotirador do tellado que eles os deixaran marchar, e estaba listo, e el debía abrir fogo e... fíxoo o que se supuña que tiña que facer, coma que estaba seguindo ordes".
A escena é atroz, máis non por iso deixa de ser un erro, por tráxicas que sexan as súas consecuencias. Durante unha guerra é habitual que acontecan  descoordinacións coma ésta, e non por iso houbo intención de ferir a persoas que non representaban unha ameaza para as tropas. De trece baixas israelíes durante a guerra, catro fórono por fogo amigo, e tampouco neste caso había intencionalidade á hora de matar soldados propios.

2) Outro dos supostos que relata é o caso dun imoble no que se entrou abatindo ós que se atopaban no interior conforme se avanzaban polas habitacións. Entendo que a imaxe é forte, pero cómo cren os xornalistas que se fai nunha guerra? Petas amablemente na porta e preguntas, se non é molestia, se hai terroristas islámicos dentro? Cando se vai a bombardar un edificio, avísase con tempo para desaloxar, cando se detectan civís nunha área, as operacións pospóñense na medida do posible, pero cando se entre nun edificio que é obxetivo militar non se lle da tempo ós enemigos a reaccionar. Entras e abátelos, así funcionan as cousas na guerra. Nesta, e en todas.

3) O vandalismo. Isto si que é preocupante. El País recolle que se destrozaron vivendas, fixeron pintadas xenófobas, e en xeral procedeuse a unha serie de accions humillantes para os propietarios dos inmobles. Eu son partidario de recurrir á violencia cando está xustificado, pero a crueldade, por definición, é sempre supérflua. Os oficiais a cargo dos pelotóns deberían estar atentos a que esta clase de feitos non se producisen nunca e, en caso de producirse, depurar responsabilidades.

4) A presenza crecente de relixiosos nas IDF. Esta información apareceu en varios medios, a xeito de explicación. Isto non é unha crítica; é un prexuízo. Non teño datos (dubido que os teñan os propios xornalistas) que avalen que que cada vez hai máis observantes entre os militares, pero en todo caso esa situación se debería a que os seitores do sionismo laico foron deixando de lado a tarefa da defensa nacional. Gustaríame saber se as clases media-altas, da esquerda á centro-dereita, seguen a mandar ós seus fillos a misións de perigosidade extrema, coma si acontece cos sionistas de dereitas, nomeadamente os sionistas da dereita relixiosa. E isto pódese enlazar co que pasou nas eleccións; á hora da verdade, a xente vota a quen si vai a dar a cara polo país. Se o sionismo laico e laborista caeu a onde está débese sobre todo á progresiva desvinculación desa xente co proxecto sionista, nomeadamente no campo da defensa. Por poñer un símil; se os membros dun partido político que defende o ensino público mandan logo ós seus fillos a escolas de pago, qué credibilidade esperan ter?

Creo que esta clase de investigacións internas tendentes a depurar responsabilidades son algo saudable e que deberan prosperar. Entendo que nunha guerra é imposible porse escrupulosos, pero se houbo accións de crueldade gratuíta, estas deberán identificarse, represaliar a quen as levou a cabo e a quen as autorizou, e tomar as medidas tendentes para que non se repita. 

Sei que a prensa e a sociedade europea lle-lo piden a Israel porque é Israel, e con ningún outro país do mundo se ían a molestar sequera en informarse. Seino de sobra. Pero a grandeza de Israel está en que non se move en función do que berremos os europeos, senón por criterios de racionabilidade. E para preservar esa altura moral, é necesario que se adopten as medidas de autorregulación pertinentes.

[Máis: entradas no blogue sobre Gaza; galería de fotos en Time (na sexta imaxe alude á escola que posteriormente a ONU admitiu que non fora bombardeada)]

18 de mar de 2009

Os xudeus de Irán e Roger Cohen

Selo da República Islámica de Irán, emitido no 1991 en conmemoración do Día do Neno.


Roger Cohen, xornalista do New York Times, viaxou recentemente ata Irán co obxetivo de narrar a situación do país. As súas impresións foron plasmadas nunha serie de nove artigos, dos cales o titulado What´s Iran´s Jews said causou unha aguda reacción na comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, así coma en medios israelíes.

O artigo de Cohen mantén a tese de que a comunidade xudía iraní, que minorou de 100.000 a 25.000 persoas nas últimas seis décadas, recibe un trato correcto no país dos aiatolás. Baséase, para chegar a esa conclusión, en datos tales coma a declaración dun tendeiro que afirmou que nunca tivera problemas, e en que había un cartaz nunha sinagoga felicitando o trixésimo aniversario da Revolución. O xornalista londinense admite que existe violencia, pero culpa diso a Israel, ao tempo que disculpa a retórica do réxime iraní coma unha forma de chamar a atención sobre as inxustizas cometidas por Israel:
Eu sei que, se moitos xudeus deixan Irán, é por unha razón. A hostilidade existe. A acusación de espiar para Israel contra un gurpo de xudeus de Shiraz no 1999 amosou o peor do rexime. Os xudeus elixen un representante no Parlamento, pero pode votar por un musulmán se o prefire. Un musulmán, sen embargo, non pode votar por un xudeu.

Pregunteille a Morris Motamed, un xudeu membro do Majlis, se sinte que foi utilizado, un traidor iraní [Nota: o orixinal di "I asked Morris Motamed, once the Jewish member of the Majlis, if he felt he was used, an Iranian quisling"]. "Eu non", respondeu. "De feito eu sinto (que hai) unha profunda tolerancia cara os xudeus". El dixo que os cantos de "Morte a Israel" lle molestaron, pero pasou a criticar o "dobre raseiro" que permite a Israel, Paquistán e India ter a bomba nuclear, pero non a Irán.

Os dobres raseiros non serven máis; o Oriente Medio volviuse demasiado sofisticado. Un xeito de ver as diatribas difamatorias de Irán contra Israel é o dunha provocación para chamar a atención da xente sobre a bomba de Israel, os seus corenta e un anos de ocupación de Cisxordania, a súa negación de Hamás, o seu repetitivo uso dunha forza desproporcionada. A linguaxe iraní pode ser ruín, pero unha paz en Oriente Medio (e o compromiso de Teherán) terá que ter en conta estos puntos.

Na imaxe, rapazas agardando en Teherán para emigrar a Eretz Israel, xaneiro de 1943. 


Este artigo incomodou á nutrida comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, composta por 30.000 membros, maior por tanto á que hai no propio país. En palabras de Sam Yebri, fundador de Los Angeles Trinta anos despois, un grupo de xóvenes activistas: "Non houbo outro artigo ou editorial que teña creado semellante reacción entre os xudeus iranís de tódalas orixes e grupos de idade. (...) Foi un shock, porque Cohen está usando a súa percepción para pintar de cor de rosa o réxime de Teherán. (...) Eu sei de xudeus iranís que viven en Irán e viven con medo. Non viven nun entorno no que poidan falar con franqueza con Roger Cohen.

Continúa Yebri: "A verdade do acontecido é que dende 1979, o Goberno de Irán ven usando a presenza de xudeus vivindo nese país coma a mellor ferramenta propagandística para supostamente presentarse a si mesmos coma un facho de luz no oeste."

No artigo no que se recollen estas declaracións, Cohen Bombs vs. Real Boms, o seu autor, Rob Eshman declara:
"Moitas destas persoas tiveron experiencias de primeira man coa intimidación, a opresión, confiscación da propiedade e aleatorios confinamentos en prisión que acosaron á comnidade xudía en Irán dende o ascenso dos mulás. E a maioría ten amigos e familiares que permanecen alá e contan historias moi diferentes do que Cohen viu."
Paga a pena ler íntegros ambos artigos, e persoalmente gustoume a atinada réplica do señor Eshman.

Logo da reacción, o xornalista aceitou acudir a un debate no Templo Sinaí, moderado polo rabino David Wolpe, para explicarse diante de dita comunidade. O encontro está dispoñible en video e pode atoparse aquí.

17 de mar de 2009

Terminoloxía

Calquera que lea hoxe xornais comprobará coma, na prensa europea, Lieberman é extrema-dereita mentres que Hatami é reformista e moderado.

Hatami retirase da carreira electoral iraní

Tal e coma a prensa adiantaba onte, finalmente Mohamed Hatami anunciou a retirada da súa candidatura para as eleccions iranís, previstas para o 12 de xuño. Segundo declaracións, a súa decisión débese a non dividir o eleitorado reformista logo de que Mir Huseín Musavi, primeiro ministro entre o 1981 e o 1989, anunciara que tamén concurrirá ás mesmas. (El PaísJerusalem Post, e Time)

16 de mar de 2009

Likud e Israel Beitenu asinan un acordo de Goberno

Onte á noite Israel Beitenu asinou co Likud un acordo de Goberno, polo cal Avigdor Lieberman pasará a ostentar a carteiras de Asuntos Exteriores. Outros políticos do partido con responsabilidades ministeriais serán Yitzhaz Aharonovitch en Seguridade Nacional, Uzi Landu en Infraestructuras, Stas Meseznikov (tamén escrito Miseznikov) en Turismo, e Sofa Landver en Absorción de inmigrantes.


No campo do laicismo, o acordo contempla o recoñecemento do matrimonio civil para os cidadáns non xudeus. Asi mesmo, o texto é susceptible de ser revisado se finalmente Kadima aceita integrarse nun Goberno de unidade nacional. (Jerusalem Post)

14 de mar de 2009

Seguen a lanzar cohetes dende Gaza

A rutina dos cohetes sobre Israel continúa. Por fortuna, o último dos qassam lanzados por Hamás non causou danos. Teremos que esperar a que Israel reaccione para que estas cousas volvan aos telexornais. 

13 de mar de 2009

Catro meses en Viena

Silence. Autor: Jorge Marum

Nunca me plantexara vivir en Viena. A cidade estaba trenzada coa historia da miña familia, pero a min atraíame máis París, Madrid, Xerusalén –cudades cuxos idiomas eu falaba. Estivera nunha ocasión en Austria, aos dezasete anos, cos meus pais, para visitar os lugares onde vivira o meu avó, quen morrera ese mesmo ano.

Pero en 2006 gañei unha beca de xornalismo que incluía catro meses de residencia nun instituto de investigación en Viena. Eu ignorábao todo da cidade. Escribinlle a todolos meus coñecidos preguntándolles dónde vivir. Extrañaba vivamente ós meus abuelos – a miña avoa falecera no 2001– por primeira vez en anos.

Encontrei á miña caseira-compañeira de cuarto –chamareina Hilke– en Craigslist. O anuncio prometía un piso “iluminado e amistoso” e unha “camiñata de dous minutos á estación Friedensbrücke”, que era la parada de metro para o meu instituto. Intercambiamos e-mails e falamos unha vez por teléfono. Díxome que era artista. Eu comentei de paso que a mi familia abandonara Viena nos anos trinta.

Cheguei tarde na noite, a principios de febreiro, e emerxín do meu taxi a unha rúa húmida, fría e valdeira. Hilke preparou té e fíxome sentar na súa cociñaa de tapiz amarelo. Se pasaras xunto a ela na rúa, non te chamaría a atención. Pelo lacio ata os hombro, case loiro. Era do tipo hippie-punk de Mitteleuropa, de 36 anos anque parecía menor, con afición a usar faldra enriba dos pantalóns, con botas de montaña e ollos delineados. Durante años, díxome Hilke, rapara a cabeza, un estilo que atribuía en parte ó seu romance co Aktionism, un movemento artístico extremo que tiña que ver coa sangre, o semen e a violencia. “Ti es xornalista”, dixo, con ganas de continuar o que avanzaramos na nosa conversación telefónica. “Sí”, respondín, “estou escribindo sobre xudeus, musulmáns e extranxeiros en Europa”. “Os xudeus son musulmáns?”, preguntou, rindo nerviosamente. “É unha pregunta estúpida, seino”. “Non, estúpida non”, dixen perplexa. “¡Oxalá fora así de sinxelo!” Excuseime, procurando terminar a conversación. Dixen que estaba cansada. Ensinoume a miña habitación, que estaba espida, cun colchón no piso e unha plancha de madeira sobre dous cabalos tamén de madeira: un escritorio. Pero estaba ben aireada e – descubriríao ó día seguinte– iluminada, con grandes ventanas do século XIX. Durminme.

En Viena sentíame como unha pantasma –transparente, desconectada, ingrávida–, unha sensación exacerbada pola miña ignorancia do idioma e pola propia Hilke, que adoitaba a encerrarse na súa habitación. Viaxei pola cidad en U-Bahn, seguindo os pasos do meu avó. Saquei frases semi-recordadas das profundidades do meu cerebro. Eine kleine espresso, bitte?

Unha semana despois da miña chegada, cheguei a casa do trabajo e puxen a teteira na estufa. Hilke saíu da súa habitación, preguntoume se podía sentarse comigo e lanzouse a contarme unha historia sobre un romance fracasado. Eu contribuín cunha historia parecida. “Si, o tío estaba un pouco tolo”, dixen, referíndome a un ex. Ela sorriu. “Todolos xudeus tolean ós corenta?”, preguntoume. “Porque sei que os ciganos si”. “Non, iso non é certo en ningún dos dous casos”, dixen con delicadeza, intentando non asustala se parecía demasiado severa. “Pero… o parecer tenes ideas moi peculiares sobre os xudeus”. “É certo”, concedeu, “é exactamente por iso que che alquilei a habitación a ti. Era obvio que eras xudía –ningúen máis saíu de Viena nos anos trinta”.


Segue aquí.