30 de nov. de 2007

A masacre de Lisboa

Fai cincocentos anos, durante a Pascua do 1506, tivo lugar na cidade de Lisboa unha das maiores aberracións da Europa medieval, o progromo polo que se persigueu, violou, torturou e asasinou a entre duas mil e catro mil persoas acusadas de ser xudías, nos feitos que se coñecen coma a Masacre de Lisboa do 1506.

Nunha das páxinas máis negras da Historia de Portugal, o fanatismo relixioso dos cristiáns estalou cunha anédota máis ben curiosa. Parece ser que, nunha parroquia das aforas de Lisboa, un domingo a xente atopábase na misa rezando pola fin da peste e a sequía cando, de súpeto, aguén exclamou que o rostro do Cristo se iluminara. Era un milagre.

Un dos asistentes, un xudeu converso que se vira obrigado a aceitar o cristianismo, tratou de facerlles ver aos demáis que non fora máis que un brillo do sol que se reflectia na figura. A multitude perdeu os estribos e apaleouno ata matalo.

Dahí endiante, o delirio. Durante tres días, a Praza do Rossio encheuse de fogueiras onde eran queimados os xudeus conversos, incluídos mulleres, nenos e vellos. Por entón, atopábanse refuxiados en Portugal arredor de 93.000 xudeus que foran expulsados de España por non aceitar convertirse. Crian que en Portugal estarían a salvo, pero á vista dos acontecementos, moitos marcharon, xunto con outros xudeus portugueses, camiño de terras máis libres nas que poder instalarse, principalmente Holanda e Brasil.

A turba finalizou cando foi asasinado un escudeiro do rei, logo do cal o exército interviu para por fin aos desmandes. O rei, que se atopaba fora da cidade cando a masacre comenzou, non puido porlle coto á mesma ata logo deses tres días interminábeis.

Agora, cincocentos anos despóis, un grupo de portugueses están a xuntar firmas na rede para promover a contrución dun memorial en memoria desas vítimas. Se vostede quere contibuír a que esta fermosa inicativa chegue a bó porto, pode amosar o seu apoio firmando aquí.

Sesenta anos esquivando a Historia

Onte escencinme de falar dunha efeméride capital, a data na que as Nacións Unidas aprobaron a Partición de Palestina en dous Estados, un xudeu e outro árabe, mediante a célebre Resolución 181. Os primeiros aceitaron unha resolución que claramente os perxudicaba, tanto pola extensión do territorio coma pola calidade do mesmo. Os segundos, antes de corenta e oito horas xa comenzaran a atacar o recén nado Estado de Israel.

A resolución das Nacións Unidas, nunca está de máis lembralo, outorgaba á poboación árabe de Palestina o oitenta por cento do territorio do Mandato Británico, que englobaba os atuáis Estados de Israel, Xordania, e os Territorios Palestinos. Os discursos lastimeiros ("ah, pobres palestinos, que quedaron sen terra!"), caen polo seu propio peso cando se sacan á luz estos datos.

Sen embargo, no imaxinario coletivo, a heroica Guerra de Independencia israelí, e todos os demáis conflitos que tiveron (e teñen) que afrontar para garantir a súa supervivencia, seguen a verse coma un ataque dos pérfidos xudeus, por máis que a Historia sexa a que é, e non á que aos xudeófobos lles gustaría.

Dende o principio quedou claro que o bando árabe non ía a recoñecer a autodeterminación xudía nin nun Estado do tamaño de Mónaco. Os xudeus debía seguir sendo minoría, controlables, e calquera intento de levar a bó porto o seu anceio milenario de autogoberno debía ser truncado.

Agora, sesenta anos despóis, abonda con botar unha ollada panorámica sobre o conflito para preguntarse como serían a día de hoxe as cousas se o bando árabe cumplira entón unha das poucas resolucións útiles aprobadas pola ONU.

Coma unha broma macabra, entérome vía Desde Sefarad que o 29 de Novembro é o Día Internacional de Solidaridade co Pobo Palestino, aprobado pola mesma institución que en sesenta anos non foi quén de facer cumplir a 181. Agora que a posibilidade de que teña que ser o Exército israelí quen lle saque as castañas do lume a Al Fatha en Gaza é cada vez máis plausible, estaría ben que, no canto de tanto buenrollismo, a ONU servira, anque só fora por unha vez, para levar a cabo as súas propias resolucións.

29 de nov. de 2007

Acordo de libre comercio entre MERCOSUR e o Estado de Israel

Esta previsto que hoxe se firme un histórico acordo comercial polo que MERCOSUR e o Estado de Israel pactan liberalizar o comercio entre os dous espazos económicos. O acordo, que levaba negociándose dende o 2005, está a ser promovido sobre todo por Arxentina e Brasil, e prevese que terá unha importancia capital para ambos mercados, o latinoamericano e o israelí, configurando o terceiro gran espazo económico de todo o mundo, por detrás dos que forman a ALCA e a Unión Europea.

Sobre os bens que van a intercambiarse, "os principais produtos exportados a Israel polo Mercosur son, atualmente, gráns, cereais, bens de capital, produtos de informática e calzados. Mentres o Mercosur se inserta no mercado israelí, con bens agropecuarios, produtos primarios e, en menor porcentaxe, manufacturas, as vendas de Israel ao bloque foron nun 96,5% de orixen industrial (bens químicos, petroquímicos, bens de capital e informática)." (...)

28 de nov. de 2007

Seleción de artigos sobre Annapolis

O mantedor de Herut ven de facer unha compilación dos mellores artigos sobre a Conferencia de Annapolis. Moi útil, tendo en conta a marea deles que xa se están a publicar.

Comentario matutino

Almorzo cunha amiga, lendo cadanseu xornal. De súpeto, escacha a rir. Pregúntolle que lle fixo tanta graza e leme: "Bush senta a israelíes e palestinos a falar de paz".

"É coma sentar a drogaditos e alcóholicos a falar de desintoxicación!".

27 de nov. de 2007

Suxerencia

Parece que Henrique Cymerman vai a cubrir para La Vanguardia as reacións en Israel ao que acontece dende xa mesmo en Annapolis. Se teñen ocasión, non se perdan as súas crónicas, das poucas que aportan algo aos datos. Na miña opinión, un barómetro fiabel do que acontece no País.

Web premiada


Cóntamne (mágoa que non teña o enlace) que hai unhas semanas celebrouse en Venecia o terceiro encontro de webs do mundo, onde comptetiron 169 países dos 244 que hai no mundo. A gañadora foi City of David, a páxina promocional da zona vella xerosilimitana.

A páxina é unha virguería. A maiores do típico en todas as webs turísticas, en City of David podemos ver a evolución da cidade, facer un percorrido virtual polas súas rúas, ou inspecionar as excavacións arqueolóxicas coma se estiveramos alí, e todo cun deseño francamente espectacular.

Parece dificil ver algo novo na rede, máis sitios coma este aínda son capaces de sorprender.

24 de nov. de 2007

As caras de Fagin (ao longo do tempo)

É interesante comprobar coma nas vintecatro versións cinematográficas que se fixeron de Oliver Twist, así coma nas incontábeis adaptacións teatráis, a fisonomía que se repite, polo menos nas que vin, sexa unha exaxeración dos rasgos mediterráneos dos xudeus sefardíes. Pola contra, Fagin era un asquenací, de orixe xermana, ben distinto da imaxe icónica que aceitamos sen discusión.

Conta Eisner no prólogo do comic do que falaba onte, que a causa do equívoco é que o ilustrador da primeira edición do libro caricaturizou os rasgos daqueles xudeus que lle eran familiares, os sefardíes, moito mellor situados económicamente que os hebreos procedentes do Este de Europa.

Con todos vostedes; eis as caras de Fagin:

Alec Guinnes, 1.948

Eric Porter, 1.985

Richard Dreyfuss, 1.997


Ben Kigsley, 2.005


Tod Key

Dave Eshelman


Peter Secher Schmidt


John Klise


Colm Feore

23 de nov. de 2007

Fagin


Os meus pais chegaron a Londres con moitos outros xudeus que escapaban dos países centroeuropeos. Como realizaron a viaxe é algo que non acerto a explicarme. Aquí atoparon unha comunidade mellor, na que os xudeus non estaban suxeitos a leis especiáis ou matanzas legáis. Durante moito tempo, Inglaterra foi un país que serviu de refuxio aos xudeus españóis e portugueses, chamados sefarditas. Foron os primeiros en chegar alí, onde vivían ben, mentres que aos recén chegados de Europa Central ollábanos coma a unha clase inferior. Aos xudeus alemáns, polacos e outros chamábanselles asquenacíes”.


Así comenza Fagin o xudeu (2.003), a obra na que Will Eisner retratou a dura vida dos asquenacíes no Londres vitoriano. E faino a través da vida de Fagin, unha das persoáxes máis importantes da literatura inglesa de todos os tempos.Fagin é o ladrón que acolle a Oliver Twist cando éste remata na rúa. Ensínalle a roubar, a enganar aos poucos ricos, a saír a flote, en suma. Para a Historia, pasou a ser o arquetipo do xudeu avarento, con nariz prominente e mirada torva. Curiosamente, Eisner incide en que a fisonomía que se repite dende hai séculos é a propia dos sefardíes, mentres que Fagin era asquenací, e estes adoitaban a ser corpulentos e loiros. Coma o propio Eisner explica no prólogo do comic:


Cheguei á conclusión de que había estereotipos “bós” e “malos”. O que contaba era a intención. Coma o estereotipo é unha ferramenta esencial na linguaxe da narración gráfica, incumbe ao debuxante recoñecer o seu impacto social. (...)


E así, con ese fondo a conciencia da influencia da imaxe na cultura popular, empecei a producir novelas gráficas que trataban de xudeus e dos prexuízos aos que estos aínda tiñan que enfrontarse. Fai uns anos, mentres examinaba contos populares e clásicos literarios con vistas a unha posible adaptación gráfica, fun consciente das orixes dos estereotipos étnicos que se aceitaban sen discusión. Ao contemplar as ilustracións de Oliver Twist, din cun exemplo indiscutible de difamación visual nun clásico da literatura.”


O libro é unha delicia. Da man do desventurado Fagin coñecemos a sorte dos milleiros de asquenacíes que malvivían nos barrios baixos londinenses, mentres que os enriquecidos sefardíes loitaban (infructuosamente) por sentirse integrados na alta sociedade. As tensións entre os dous grupos de xudeus europeos, o constante prexuízo cara eles por parte dos demáis ingleses, ou as condicións nas que vivían son algúns dos elementos cos que Eisner nos amosa ao desgrazado de Fagin.


Fagin é consciente de que a súa condea é a súa condición, máis antes de pregarse as presións dos demáis aínda ten valor para sinalar co dedo aos seus hipócritas compatriotas.

22 de nov. de 2007

1.921 - 2.007

Onte morreu o maior talento do cine español. Poden ler a súa biografía, filmografía e esta sentida necrolóxica de El Brujo.

21 de nov. de 2007

Infancia

Estas cousas doen nos ollos.

Vía Musulmáns contra a Sharia.

20 de nov. de 2007

Enquisa

Veño de chuzar a nova da Sentenza do Tribunal Constitucional, a ver qué opina a xente. Ao marxe da recua de antisionistas - antiimperialistas - xenófobosdifrazados, que tiran sempre de tópico antisemita, estou seguro que alguén terá algo interesante que aportar.

19 de nov. de 2007

Pois eu opino que a terra é plana

Coma acertadamente suxire Marcos Valcarcel no seu blogue, "Debuxar os príncipes de Asturias na portada dunha revista de humor e sátira é neste país perseguible e obxecto de multa. En cambio, negar o xenocidio e o Holocausto entra nas marxes da liberdade de expresión, seica."

Non teño unha postura clara sobre a prohibición do negacionismo. O impulso inicial levaríame a pedir a súa ilegalidade, máis, se o penso con máis calma (o cal é dificil), tamén lle atopo chatas a esta postura. Ilegalizando unha afirmación, por mentireira que sexa, e por noxenta que me resulte, contribúe por outra banda a que quenes a defenden poidan atribuírse ese aura de vítimas do sistema que tanto vende entre os incultos. Xa non son unha recua de nazis, no sentido literal da palabra, senón que pasan a ser uns oprimidos pola xustiza. E neste circo infame entra de cheo quenes, dende posturas supostamente antitéticas, alenta o inagotable tópico xudeófobo de que eles dominan o mundo. Os poderosos non queren que saibas a verdade.

Acontece que, neste caso, a verdade ten cheiro a Zyklon B.

Sexa cal sexa a súa postura sobre a penalización do negacionismo, recoméndolles a leitura destes tres artigos, que cada vez que os releo fan escorar un chisco a balanza cara o lado da penalización. Maila todo, quero crer que a xente é consciente e sabe atuar con madurez. Pero moito me temo que só sexa unha ilusión.

O Holocausto non é cuestión de opinión, de Pilar Rahola.

Delitos de xenocidio, de Alberto Benasuly.

O xenocidio non é unha opinión, de Xulia Navarro.

16 de nov. de 2007

Ah, ese é o problema



"El que habla en el vídeo es el clérigo saudí Mohamed Al-Arifi, conocido por su radicalismo. En un programa de la televisión libanesa, explica a los jóvenes que le acompañan cómo deben golpear a sus futuras esposas.

El vídeo se emitió el nueve de septiembre, pero es ahora cuando organizaciones contrarias al Islam lo han rescatado para alimentar su cruzada a través de Internet."

Para o xornal Público, quenes denuncian que se defenda o maltrato contra a muller non o fan porque lles pareza unha aberración, senón porque están inseridos en "organizacións contrarias ao Islam", contra o que manteñen unha "cruzada" (porque tan fanáticos son uns coma outros, é obvio).

Desnortados non. Desnortadísimos.

15 de nov. de 2007

Shlomo, o terrorista


Cartaz de protesta de BRIGA co gallo da conferencia de Shlomo Ben Ami en Compostela, o 21 de Novembro do ano pasado. Sacara a foto co móbil, e esquencérame dela ata hoxe.

Anque non se le ben, o texto di: "PROCURA-SE por terrorismo de Estado e apologia do genocídio. Recompensa: un Estado palestiniano soberano".

A páxina da organización relata os
acontecementos que protagonizaron ese día, así coma a campaña de repulsa contra a conferencia.

13 de nov. de 2007

Gaza, capital Teherán

Os manifestantes berraban a viva voz "chiíes, chiíes, non deixaremos que vendades Palestina a Irán" (...) Os dirixentes de Al Fatha que tomaron a palabra (...) condearon o "golpe de Estado" de Hamás e exixíronlle que devolveran o poder ao Goberno "lexítimo" da ANP.

A nova da ensanguentada homenaxe a Yasir Arafat, publicado hoxe, 13/11/07, na edición impresa de La Vanguardia. Aquí, a nova na súa web.

Nunha das maiores manifestacións palestinas da Historia, ducias de milleiros de persoas saíron á rúa para lembrar ao lider da OLP, no terceiro cabodano do seu falecemento. Todo un desafío no bastión islámico de Hamás. Os enfrontamentos que se produciron entre os partidarios de Al Fatha e Hamás provocaron sete mortos e cento cincuenta feridos.

12 de nov. de 2007

A noite dos cristáis rotos

O pasado venres foi o septuaxésimo noveno aniversario da Noite dos cristáis rotos, o pogromo no que os nazis deron o pistoletazo de saída na súa carreira macabra. O nome provén dos escaparates esnaquizados das tendas de xudeus, contra os que o pobo alemán volcou a súa cólera. Os feitos, vía Wikipedia:

O 9 de novembro estos altercados danaron, e en moitos casos destruíron, aproximadamente 1.574 sinagogas (prácticamente todas as que había en Alemania), moitos cemiterios xudeus, máis de 7.000 tendas e 29 almacéns xudeus. Máis de 30.000 xudeus foron detidos e internados en campos de concentración; uns cantos incluso foron golpeados ata a morte. O número de xudeus alemáns asasinados é incerto, con estimaciones de entre 36 a 200 aproximadamente durante máis de dous días de levantamentos. O número de mortos máis probable é de 91. Esta violencia indiscriminada explica que algúns alemáns que non eran xudeus foran asasinados simplemente porque alguén pensou que «parecían xudeus».

Anque os feitos foron prantexados de modo que parecese un levantamento espontáneo, o ataquefoi promovido polo partido Nazi, que levaba xa varios anos alentando o secular odio ao xudeu coma elemento catalizador da frustración coletiva alemana. E vaia se funcionou, esa é a mecha que sempre prende. Non hai populista nin demagogo que non acabe por alentar ese odio, porque é o que mellor funciona en todo o tempo e lugar. De feito, e aínda sabendo que pasou o que pasou, hoxe mesmo podería repetirse de novo (en Alemania non creo, pero en España sen dúbida) desta volta con excusas diferentes. Ou non tanto.

A Noite dos cristáis rotos foi unha dramática alarma. Por aquela época, os sionistas trataban de convencer aos xudeus europeos que a nós, a culmen da civilización, nada nos detería no noso afán de culpabilizalos dos nosos fracasos. Foran e serían o chivo expiatorio favorito de Europa.

Por aquela época, tamén, nas rúas das vilas e cidades de Alemania podíanse ler cartaces nos que se repetía, coma un mantra:

"Xudeus, marchade para Palestina!"

Coma se recolle na entrevista que Rosa Montero lle fixo a Amos Oz:

O seu pai, que era de orixe rusa, creceu vendo nos muros das cidades europeas a pintada "¡Xudeus, irvos a Palestina!". Sesenta anos despois regresou a Europa e as pintadas dicían con idéntica ira: "¡Xudeus, irvos de Palestina!".

Si, si, viu as mesmas pintadas pero ao revés! Ou sexa, irvos á Lúa. Ou desaparecede. Ou destruírvos. (...)


Relacionado coa constante xudeófoba de fustigar aos xudeus alí onde se asenten, o coletivo Galiza Israel colgou ahí atrás nun dos seus blogues, o Galiza Israel TV. un documental no que se sinala a relación entre os acontecementos desa noite e o impulsto ao proxecto sionista.

Se algo debemos aprender da noite no que os nazis pasaron das palabras aos feitos é que nunca debemos subestimar a quen alenta odios grupáis e que, non poucas veces, baixo un leve barniz de civilización non hai máis que bestas.

9 de nov. de 2007

A desagradecida tarefa do socialdemócrata

Recupero aquí un artigo que moito me gustou no seu momento, e do que me lembrei a raíz do post sobre o Che. Reflicte ben a sensación que moitas veces temos quenes apostamos por unha esquerda non populista, e que con tanta frecuencia somos acusados de traidores por quenes non teñen nin proxectos de futuro nin memoria do pasado e, a falta de agumentos, practican o tan ibérico recurso ao insulto. Xente que, coma di no artigo, por moi "revolucionarios" que pretendan ser, viven unha sociedade onde a imaxe é máis importante que o que hai detrás.

A desagradecida tarefa do socialdemócrata


Por Lluis Pérez


Preguntáronse algunha vez vostedes sobre por que os mozos levan camisolas do Che Guevara e non de Olof Palme? En fin, mais alá da visión romántica das esquerdas e da satanización das dereitas, o certo é que o Che Guevara non foi unha personaxe histórica que axudase particularmente a mellorar o mundo onde vivimos. Isto soará a sacrilexio para moitos, pero se falamos de feitos concretos o caso é que o Che foi un dos principais responsábeis da viraxe da Revolución Cubana cara ao totalitarismo e as súas ideas a propósito de estender tal Revolución por todo o continente americano mediante a loita guerrilleira foron un completo fracaso. Tampouco en política económica pareceu colleitar grandes trunfos. En fin, alguén dirá que era un "idealista", mais as ideas ás cales consagrou a súa vida parécenme desas que, cheas de moi boas intencións, conducen de cabeza cara ao inferno. Mais, o marketing castrista e capitalista mediante, as mocidades esquerdistas de hoxe en día venérano como a un mito, incluídas aquelas que en principio non comulgan co totalitarismo que rexe en Cuba.


Olof Palme, primeiro ministro socialdemócrata sueco, non lle foi á zaga ao Che en canto a idealismo. Loitou toda a súa vida por dar aos suecos un nivel de benestar e liberdade como non se coñeceu en practicamente ningún lugar da Terra en practicamente ningún momento da Historia. Mais non só mellorou notábel e exitosamente a vida dos seus compatriotas: tamén foi un duro adversario de todos os imperialismos, soviético e norteamericano incluídos, opúxose con vehemencia ao bloqueo de Cuba pese a ser socialdemócrata, foi un dos líderes da comunidade internacional que mais esforzos dedicou á loita contra o apartheid e destacouse como pacifista durante toda a súa vida. Tamén el, como o Che, foi asasinado, só que aínda a día de hoxe non sabemos quen matou a Olof Palme, índa que se rumorea que foi asasinado polos servizos secretos do apartheid surafricano.


O agravio comparativo entre Palme e Guevara dános a medida do agravio comparativo existente entre reformistas e revolucionarios. Uns e outros farían cousas mellores e peores, pero parece ser que o espírito profundo da esquerda, en especial da mais nova, tende a menosprezar a actividade reformista e a idealizar a dos revolucionarios, independentemente de cal das dúas contribúa obxectivamente mais, en cada momento histórico concreto, a mellorar a situación dos parias da terra, dos que piden (pedimos) permiso diariamente a terceiras persoas para sobrevivir. Na Europa Occidental, por exemplo, paréceme indiscutíbel que a práctica totalidade daquelas cousas que fan mais prósperas e libres as vidas dos plebeos como un servidor conseguíronas os reformistas socialdemócratas: dende o sufraxio universal ate o subsidio de paro ou a Seguranza Social, todo foi froito dun ou doutro modo de loitas reformistas. E, con todo, lonxe de valorar a capacidade transformadora destas medidas, o novo esquerdista europeo estándar tende a rexeitalas con desdén a base de consignas de catecismo, ate o punto de que para certa esquerda o apelativo "reformista" pasou a ser un insulto recorrente como o foi no seu día "revisionista". Téndese, erradamente, a considerar que o reformismo carece de capacidade para mellorar e/ou superar a orde social e económico do capitalismo. En fin, xulguen vostedes mesmos se Suecia é igual que o Reino de España.


Por suposto, aprobar unha Renda Básica (por poñer un exemplo de reforma desdeñada por "reformista" desde certa esquerda oligofrénica) non servirá para rematar con todos e cada un dos problemas da Humanidade. Mais, desde logo, contribuirá a solucionar moitos e a mitigar moitos outros. E o que é mais importante: contribuirá a configurar escenarios futuros onde as poboacións traballadoras de todo o mundo terán máis capacidade de resistencia á hora de enfrontarse ás ondas de privatizacións e desregulacións que ameazan con por a poxa a súa liberdade. Pois ben: isto é o que moitas veces certa esquerda, particularmente xuvenil, non sabe ou quere ver. Un tipo de esquerda que, cegada polo que fica pendente por conseguir, non é capaz de valorar o que se consegue efectivamente e comparalo co que custou conseguilo para así facer un balance racional sobre se tal ou cal reforma foi boa ou mala de cara a acadar unha sociedade mais libre e igualitaria.


Ser reformista, e en particular ser socialdemócrata, é pois unha tarefa nese sentido moi desagradecida. O socialdemócrata poderá contribuír a mellorar a vida dos demais, mais de cando en cando verá que os seus esforzos reciben eloxios mais alá da mera felicitación polo traballo ben feito. E iso cando hai sorte. O socialdemócrata adoita ir con traxe e pelo curto, fai unha política aburrida que consiste en falar de orzamentos, garderías, impostos e subsidios. Non ten a melena ao vento, nin vai uniformado, nin a súa vida adoita ser particularmente aventureira. Quizais ten que ver con iso, con que o socialdemócrata non é un tipo de aspecto heroico. Un problema máis de imaxe, pois, que de realidades tanxíbel. Por iso os mozos levan camisolas do Che Guevara e non de Olof Palme: porque por moi "revolucionarios" que pretendan ser non deixan de ser membros dunha sociedade onde a imaxe conta máis que o que hai detrás dela. O triste cuasi-esquecemento de Olof Palme e o culto á personalidade do Che: un tremendo sarcasmo que certa esquerda profire contra si mesma sen nin sequera decatarse.


Pulicado o quince de Outubro do 2.006 en Socialdemocracia.org.

8 de nov. de 2007

Musulmáns contra a Sharia

"Musulmáns contra a Sharia alaban a decisión de Israel de reducir os suministros de combustible á Franxa de Gaza gobernada por Hamás.

Musulmanes contra a Sharia condean ás Nacións Unidas por criticar a decisión de Israel, e lémbranlle a Ban Ki-moon que nin el nin os seus predecesores fixeron absolutamente nada para combatir a violencia de Hamas.

Rezamos para que o pobo de Gaza libere axiña Gaza de Hamas e outros grupos terroristas, e viva en paz cos seus veciños israelíes."

Musulmáns contra a Sharia condenan as críticas da ONU a Israel, comunicado de Musulmáns contra a Sharia, que a través do seu blogue ofrecen unha visión alternativa ás interpretacións máis extremas do Islam. Levo varios meses seguindoo, e xa por varias veces estou dacordo co que din. Máis hoxe, ao ler este post, recoñezo que quedei perplexo.

O corte de suministros á Franxa de Gaza, que o Tribunal Supremo mandou deter ata que se garanta que non vai a perxudicar aos servizos básicos, é unha medida extrema, si, máis tamén o serían calquera das outras alternativas realistas. Que haxa xente que, dende o credo islámico, sexa quén de aceitar coma válida a medida, cando sería comprensible que se posicionaran nun cómodo criticismo, demostra que non se pode meter a todo o mundo no mesmo saco, e que a satanización do Islam, maila ser a vía doada, non contribúe a resolver ningún dos problemas que a día de hoxe se dan.

Máis ben, a clave estará en apoiar a quen, coma este autodenominado
movemento de reforma islámica, está disposto a apostar por unha modernización da súa cultura ata facela compatible cos valores da Modernidade. Así coma a día de hoxe é posible compatibilizar relixións coma a xudía ou a cristiana cos Dereitos Humanos, haberá que apoiar a quen pretende atraer aos demáis musulmáns cara valores comúns de validez universal.

7 de nov. de 2007

Chií Guevara

... ou dos novos compañeiros de viaxe. Todos os que admiren ao Che Guevara deberían ler coma o fundamentalismo islámico interpreta o seu legado:

Un glorioso choque cultural que recentemente aconteceu en Irán fíxome rir en voz alta. Os fillos de Che Guevara, o pin-up revolucionário, foron convidados á Universidade de Teherán para comemorar o 40º aniversário da morte do seu pai e para celebrar a crecente solidariedade entre “e esquerda e o Islam revolucionário”, participando nunha conferencia parcialmente costeada polo Presidente venezolano Hugo Chávez.

Houbo saúdos fraternais e sorrisos xerais á medida que eran denunciadas “as ambicións planetarias devoradoras” de América. Mais foi entón que un dos oradores, Hajj Saeed Qassemi, o coordinador da Asociación dos Voluntários Mártires-Suicidas (que presumiblemente se mantén vivo desinteresadamente en nome da causa), revelou que Che era “un home verdadeiramente relixioso que cría en Deus e que odiaba o comunismo e a Unión Soviética”.

Aleida, a filla do Che, preguntouse se algo se tería perdido na tradución. “O meu pai nunca mencionou Deus”, dixo ela, para consternazón da asistencia. “El nunca coñeceu a Deus.". Na confusión, Aleida e o irmán foron rapidamente acompañados á saída e escoltados cara o hotel. “Ao final do do dia, os dous Guevaras voltáranse ‘non-persoas’. A Prensa controlada polo Estado subitamente esquenceu a súa existencia”, rexistou o escritor iraní Amir Taheri.

Depois da sua partida, Qassemi proseguiu afirmando que Fidel Castro, o “guia supremo” de Che Guevara, era também un home de Deus. “A Unión Soviética acabou”, dixo el. “O liderazgo dos oprimidos agora está na nosa república islámica. Aqueles que queren destruir a América teñen que percebir isto e deixarse de xogos de palabras."

Where do you stand in the new culture wars?, artigo de Sarah Baxter, publicado no Sunday Times, en Londres, e traducido por Nuno Guerreiro no seu blogue Rua da Judiaria.

Estámonos polarizando, ese é un feito. É aquela xente que bebeu nas fontes da esquerda revolucionaria está dexenerando, con demasiada frecuencia, nunha forma visceral e tumultuaria de altermundismo, onde o fundamentalismo islámico se colle da man dos escombros do comunismo. E se o digo dun xeito tan duro é porque me parece que con estas cousas non se debe xogar. Escoller coma compañeiros de viaxe a todo o que acredite o seu odio aos EUA e a Israel (ao liberalismo, en suma?) é basear unha atitude política na destrución do status quo, e non na cimentación dalgo novo. O odio, a destrución e despóis qué?

Se os clérigos chiís que se valen da figura do Che para liderar ese altermundismo (ou para a esquerda de salón de El País e compañía, Hezbolá non é un movemento de resistencia?), estamos a traspasar esa fraxil separación entre a búsqueda dun mundo mellor e transitar, de novo, os camiños trillados da Revolución que leva ao Inferno.

Israel e os EUA equivócanse todos os días, e hai que criticalos polos seus erros. Máis se hai unha forma de civilización que paga a pena preservar é a que se coñece dun xeito xenérico coma Ocidente. Critiquemos as guerras preventivas, o buraco legal de Guantánamo ou os asasinatos seletivos. Máis facer soar de novo os vellos (e fracasados) cantos de serea, aliarse con quen renega da Modernidade, coma os atuáis compañeiros de viaxe, é apostar por unha forma de altermundismo súmamente reacionaria.

5 de nov. de 2007

Israel inaugura un bosque en memoria de Fernando Múgica

Laura L. Caro. Corresponsal en Xerusalén.

Un ano despois do asasinato de Fernando Múgica a mans de ETA no 1996, o Fondo Nacional Xudeu promovía a plantación de dous bosques xemelgos en España e Israel chamádevos a perpetuar a memoria «dun home de ben e con coraxe» nos dous países que amou por igual como a súa nación. O primeiro inaugurouse na monte Igueldo da súa cidade natal, San Sebastián. O segundo abríase onte nas montañas que conducen a Xerusalén en medio dun acto solemne e íntimo, no que o Valedor do Pobo e irmán da vítima, Enrique Múgica Herzog, reclamou «a derrota total do terrorismo» como vía para materializar «a firme decisión, que creo hoxe hai, de todas as forzas políticas españolas e do Goberno de vivir en paz e de traballar sen medos nin ameazas».

Nieto e fillo de nai xudeus, fundador da Asociación de Amizade España-Israel e impulsor, xunto ao seu irmán, do establecemento de relacións diplomáticas entre ambos Estados no 1986, Fernando Múgica era homenaxeado así nesta cerimonia, á que tamén asistiron a súa viúva e os seus tres fillos. José María, presente no momento do crime, quixo referirse especialmente ao legado do seu pai, simbolizado xa para sempre nas árbores de Israel, como «o legado da liberdade e do combate da condición humana».

O Fondo Nacional Xudeu (Karen Kaiemet Le Israel), presidido en España por Laurence Franks, fixo entrega á familia dun certificado acreditativo de que o bosque dedicado a Fernando Múgica foi plantado en nome da liberdade e a paz entre os pobos.

Numerosos diplomáticos hebreos e españois participaron como testemuñas, entre eles o embaixador de España en Tel Aviv, Eudaldo Mirapéix; o da UE, Ramiro Cibrián, o embaixador de Israel en España, Rafael Shotz, e os ex xefes das delegacións israelís en Madrid Samuel Hadas, Ehud Gol, Herzl Inbar e Víctor Harel.

Publicado onte, o cinco de Novembro do 2.007, no ABC.

Os sabios de Sión e política exterior dos EUA

No meu último blogue, escribín sobre as dificultades que moitos europeos teñen para entender a Israel. Do mesmo modo, atopei a miúdo que tampouco poden entender o apoio de EEUU a Israel.

Máis bien que aceitar o obvio, que a gran maioría dos americanos se identifican con Israel, eles parecen consolarse con teorías de intriga e manipulación. É por isto quizáis que o novo libro dos profesores Stephen Walt e John Mearsheimer, o "Lobby de Israel e a Política Exterior estadounidense", foi selecionado tan rápidamente polos principais editores europeos para a súa publicación este mes.


Anque o libro fora moi criticado pola maioría dos seus reseñadores americanos, iso mesmo servirá coma acicate para aqueles impacientes en crer o peor sobre a toma de decisións americanas en canto a Israel e ao Oriente Medio.

¿Dígame o segredo?, preguntanme os meus amigos europeos, espoleados pola notoriedade inicial do libro. Cómo logrou "o Lobby" impoñer os obxetivos de Israel en Washington, contra "os verdadeiros intereses de EEUU", ata "conducilo" á guerra en Irak?

(...) segundo as enquias, os motivos claves do apoio a Israel incluen o compromiso de Israel pola democracia, a súa fiabilidade coma aliado, a súa determinación e as súas agallas para defenderse contra aqueles que intentan destruirlo, as súas contribucións á civilización humana, e, o que non é o menos importante, a renovación dramática do estado xudeu despois de casi 1.900 anos no exilio.

(...) Durante décadas, os palestinos estiveron do lado dos maiores enemigos de EEUU. O terrorismo contra obxetivos americanos, dende embaixadores a avións de pasaxeiros, non lles propiciaron o cariño do pobo americano. (...) Os americanos, que construiron unha sociedade pioneira fronte a interminabeis privacións, tiveron unha gran dificultade á hora de identificarse con aqueles que languidecen durante décadas en campamentos de refuxiados mantidos pola comunidade internacional, en vez de comenzar a construir as súas novas vidas.

O problema dos europeos coa relación EUA - Israel, de David Harris.

Lido en Safed - Tzfat.

Xa tardaban en sacar outro.

4 de nov. de 2007

Unha plegaria sefardí

Hoxe gustaríame por aquí un vídeo de Rosa Zaragoza, unha muller que leva máis de vinte anos recuperando o cancioneiro sefadí. Os xudeus que habitaban durante a Idade Media na Península Ibérica, á que coñecían coma Sefarad, falaban un híbrido entre o hebreo e a lingua do lugar onde se asentaban. Así, nun momento no que o galego e o portugues aínda estaban máis unidos que agora, a súa fala era con toda probabilidade unha mistura de galego-portugues coa súa lingua nai. Do mesmo xeito, no ámbito de influencia do catalán, as atuáis Cataluña, Valencia e as Illas Baleares, o mesmo deu paso a un xudeu-catalán. Consérvanse nesta lingua cinco cancións de boda dos séculos XIV e XV,

Por desgraza, so se conservou un dos idiomas hebreo peninsulares logo da Expulsión, o ladino ou xudeu-español. Gran parte do escrito no mesmo chegou a nós porque perviveu no Magreb, onde os sefadíes permanecerían aínda varios séculos máis. E grazas a que se mantiveron no norte de África que hoxe podemos escoitar cancións tan doces coma a plegaria El Keloenu, composta en ladino, e interpretada por Rosa Zaragoza.

"Has que durmamos en paz y que nos levantemos para una vida buena gurdaré el sabado y Dios me guardará, ese día meditaré en la Torá de Dios y ello me dará sabuduría, es un día de placeres , pan, buen vino, pescado"...