20 de set de 2007

Alternativas realistas

A decisión do Goberno israelí de declarar a Gaza como entrono hostil, dandolle recoñecemento legal ao que xa se viña producindo na zona dende que Hamás convirtiu a franxa no seu particular Hamastán, está a causar unha reacción do máis airada (incluso antes de ser adoptada).

El País leva xa varios días quentando motores con eses alegres titulares que tanto reconfortan aos bos e xenerosos (isto é, os que odian a Israel), e tanto satanizan a quenes non comulgamos con rodas de muíño. O de hoxe, polo tanto, non pilla a ninguén de improvisto.

Non son os únicos. O resto do Grupo Prisa segue vendendo o producto favorito dos seus consumidores (ese bravo antisionismo que os fai sentir mellores persoas). Así, onte á noite puiden oír a un alarmado Gabilondo, indignado porque Israel podría chegar a cortar a auga e a luz en Gaza. A causa que motivaría semellante medida non parecía importar. Tampouco iso é nada novo: dende cando ten que haber motivo? Todos saben que Israel é malo porque sí.

Remoremos. En primeiro lugar, non é unha medida casual. Dende que Hamás dixo que xa estaba ben de aturar a eses vendidos de Al Fatah e decidiu dar pasos efectivos para reinstaurar os dominios dos Islam na zona, estaba visto que era cuestión de tempo. Durante este tempo, os alegres rapaces de Hamás perseveraron nese mal hábito de bombardear civís. Anque para algúns, ésta é só a coartada que emprega o Goberno israelí para dar renda solta ao "xenocidio palestino" (sic); está claro, a culpa é sempre dos pérfidos sionistas, do mesmo modo que a culpa das violacións é das mulleres, que se visten coma putas.

Claro que nós podemos indignarnos moito coa resposta porque non foron as nosas cidades as que resultaron atacadas. Non son os nosos nenos os que teñen que ir a garderías en bunquers. Pero resulta que hai xente que non pode permitirse esa pose de altermundista ofendido. Máis que nada, porque o problema lle afecta en persoa. Por exemplo, aos habitantes de:


Ver mapa más grande

Sderot, esa gran diana chea de israelíes. Demasiado tentador para calquera integrista islámico. Estaba cantado que lle ía tocar (de novo) ser a máis fea do baile. Así, xa hai meses que a súa poboación vive atemorizada pola posibilidade de ser o branco fortuíto dos kasam nosos de cada día (Laíabase Victor Harel: “Chámanlles 'caseiros', coma se non matasen!”). Durante este tempo, oficinas, vivendas, edificios administrativos, kibutzs... nada escapou á versión islámica de fundir a flota. Nin os centros educativos, incluídas as garderías. Claro que para nós, enzarzados en polémicas domésticas da índole de se os nenos teñen que levar ou non un mandil coas cores da bandeira ou cantar o himno en clase (co que, dito sexa de paso, estou dacordo), esa clase de preocupacións píllanos un pouco lonxe. Por nimias, claro. Que haxa xente que leve aos seus fillos á gardería e marche co temor de que igual cando vaia a buscalos só atopa escombros é algo trivial, nada equiparable aos nosos densos debates made in redacción de La Voz.

O Goberno prometera adoptar medidas, e mal que ben foi trampeando a situación. Pero todo este equilibrio fraxil saltou polos aires co impacto dun cohete nun campamento militar do sur. Sesenta e nove soldados feridos, algúns deles moi graves, son un balance demasiado grave coma para mirar para outro lado. Algo hai que facer, si, pero qué?

En paralelo ao tiro ao xudeu dos terroristas palestinos (“eh, que non pode haber terroristas palestinos, que son todos uns pobres pacifistas cunhas pañoletas moi cool!”) a oposición, encabezada por Bibi Netanyahu, leva todo este tempo pedindo medidas eficaces para rematar con Hamás. E cando digo eficaces quero decir contundentes. A opinión pública tampouco entende cómo é que a agresión cotidiana aos seus concidadáns non é aplacada cunha resposta de envergadura. A xente impacíentase, que é xusto o que Hamás está buscando. A provocación. A Hamás, agora coma sempre, dalle igual o que poida pasarlle aos habitantes de Gaza, posto que toda sangue humana é pouca para acadar a expulsión do infiel. O obxetivo de Hamás é provocar un gran enfrontamento en Gaza que desestabilice a Israel polo sudeste. Mentres, a delegación iraní no Líbano segue a rearmarse ao Norte (ante a pasividade da FINUL). A estratexia da araña, agora coma sempre, está clara para quen queira velo.

No tocante á respostas, cales son as medidas que o Executivo israelí debería adoptar? Hai tres atitudes posibles, e coma sempre haberá que valorar cal é a menos mala:

1) A negociación. De entrada é sempre a opción primordial, e nunha situación normal debería ser a única. Máis dase o impedimento de que a milicia paramilitar Hamás ten coma obxetivo fundacional arrasar Israel. E con xente que quere desturírte é algo dificil chegar a un acordo tendente a acadar a paz. Máis que nada, porque a única paz que Hamás quere é a paz dos ceminterios. Iso de dous non discuten se un non quere non pode levarse ao terreno militar. Opción 1), pois, inviable.

2) Unha operación militar a gran escala en Gaza. Entrar co exército e localizar e apresar aos membros de Hamás. Falo de facer o mesmo que o Líbano fixo, hai uns meses, nos campamentos/cidades-Estado que os palestinos controlaban no sur do país. Suporía atallar o problema de raíz, alomenos temporalmente, máis a un prezo demasiado elevado. E, xa sen entrar en consideración tácticas, refírome ao conflicto ético que isto supón. Por descontrolado que sexa a milicia islámista, o certo é que Hamás entrou no goberno tras as últimas eleccións palestinas. Podemos cuestionar ata que punto unhas eleccións celebradas nesas circunstancias garanten a lexitimidades de quen as gaña, máis o certo é que o pobo palestino fixo unha escolla que hai que respetar. Haberá que atallar as atitudes descontroladas desa organización con vista a protexer a integridade dos israelíes, pero non privando aos palestinos dos seus representates eleitos. Se iso acontecera, por xustificadas que foran as razóns que Israel alegara, a impresión que a xente levaría sería que só se respetan as elecións cando gañan os que a Israel lles convén. Xa sei que non é así, pero esa sería a imaxe que se estaría transmitindo. E non o digo porque vaia a afectar á imaxe internacional de Israel, senón porque os palestinos teñen que saber que as súas escollas serán respetadas, ata o límite razoable no que ditos líderes ataquen ao país veciño.

3) A terceira opción parece ser a que se vai a levar á práctica: medidas de presión tendentes a minar o apoio popular non tanto a Hamás, coma á súa política militar de hostigamento a Israel. Esta medida ten un problema básico que a ningúen se lle escapa: é “castigo colectivo”. Da igual cales sean os seus obxetivos, porque o certo é que o corte dos suministros vai a afectar ao conxunto da poboación. Se algúen me pregunta qué me parecen os embargos responderei sempre o mesmo: son unha aberración. Son, tamén moitas veces, contraproducentes para os obxetivos que se pretenden conseguir. Ás veces, lonxe de minar o apoio popular ao Goberno de turno, conseguen que a poboación peche filas en torno a el. E, maila estes dous grandes problemas que suscita, creo que é a medida menos mala que se podía aplicar. En todo caso, o tempo dirá.

Se algúen vai deixar na caixa de comentarios un alegato contra os embargos, que aforre as enerxías para outra ocasión. Non creo que vaia a decir nada que non saiba, e incluso nada co que non estea dacordo. O que acontece é que iso non importa nunha rexión na que a única política aplicable é sempre a realpolitik. De nada vale rasgarse as vestiduras con grandes discursos ou proclamas sobre as consecuencias perniciosas desta decisión se non se é capaz de suxerir unha alternativa válida. E, do reducidísmo elenco de escollas que se poden adoptar para intentar que cese a violencia, a menos mala é a que vai a porse en marcha.
.
Fronte aos que andan seguido buscando un motivo para indignarse, Israel volve a demostrar que segue a ser unha escola de realismo.

5 comentários:

Colectivo Galiza-Israel disse...

Pois non queda nada. O próximo día 26 sae á rúa un novo xornal PUBLICO que prestende estar á "esquerda" do EL PAIS. Así que o antisemi...perdón antisionismo será de bandeira.

Julicheiro disse...

Entendo que a acusación de antisemitismo non debería facerse á lixeira, pero o ensañamento con Israel, a total e absoluta parcialidade e cómo tira do tópico sen tapuxos (ese editorial!) fan que EL PAÍS cruce con demasiada frecuencia a liña que separa a crítica da xudeofobia.

E o peor é que tes que soportar o sambenito de que as súas críticas veñen motivadas por o super-sensiblizados que están coas cuestións humanitarias, cando a propia integridade dos israelíes (sendo franco: dos xudeos israelíes) llela trae ben frouxa.

Ao final, tampouco ten tanta ciencia: cóma non hai mellor cohesionador que o odio, e mentres a esquerda non asuma que o socialismo real caeu ímos ter xudeofobia para rato.

cossimo disse...

Pinochet si que foi un grande mestre da realpolitik. Soubo ver antes ca ninguén o fracaso do socialismo real e fixo o único que se podía ter feito.
Ah! E suxírolle á xente do colectivo galiza-israel que soliciten o seu ingreso na internacional liberal. Se cadra alí hai menos antisemitas.

Celtista disse...

Julicheiro, eu teño a solución ao problema humanitario que supón o corte dos subministros de auga,luz, gas etc.: que Exipto, país irmán se faga cargo de tan humanitaria labor.
E tamén teño solución para o problema do emprego dos palestinos: como os odiosos xudeos só lles dan os piores traballos (no como os españois e os galegos que limpamos as letrinas do noso país mentres lle cedemos os postos cómodos e ben retribuidos aos inmigrantes, coido que xa chegou o momento de que Exipto, Siria e Xordania (e tamén a parte do Líbano na que Hezbollah ten o seu estado)lles dean traballo. Así acabaronse as colas, os check points, as coitadas embarazadas que teñen que dar a luz mentres queren entrar en Israel (¿para que quererán entrar nese pais de fillos de puta, tendo aos seus irmans á mesma ou menor distancia? A ver, que alguén os informe dunha vez, que non hai dereito.

Julicheiro disse...

Saúdos, Celtista. Con respeto ao de Exipto, moito me temo que agardar a que os países arabes axuden aos palestinos, ou polo menos non os manipulen, entra dentro da política-ficción. No caso de Exipto, se cadra abondaría con que freasen o contrabando de armas na súa fronteira con Gaza.

E agora que o penso, unha vez lin unha nova en El País na que se ensalzaban (palabra) os túneles de suministro de armas, que os corruptos funcionarios de alfandegas exipcios finxen non ver, coma unha mostra do enxeño e pericia da "resistencia" palestina. Tremendo.