skip to main |
skip to sidebar
- As imaxes dos nazis encargados dos campos de exterminio no seu tempo de lecer levan días percorrendo a rede. Esta xente que sorrí á cámara, non está de máis lembralo, tiñan coma obxetivo asasinar de xeito industrial a todolos grupos sociáis que o Partido Nacionalsocialista consideraba dexenerados, e que deturpaban coa súa existencia a pureza da Raza aria. Unha ideoloxía de Terror sen comparación posible na Historia.
- O terrible destas fotos é que demostran que eran xente normal. Non ogros, non psicópatas, senón xente que se deixou levar polo entusiasmo, pola caza e execución do xudeu que domina o mundo, do socialdemócrata que insiste en manter a burguesa separación de poderes, do homosexual e da lesbiana, do cigano.
- A xente coida que da Shoah fálase demasiado. Eu estou convencido do contrario. Repítense imaxes, grabacións, publícanse libros, organízanse exposicións, máis segue sen impregnar o que somos. En Auschwitz demostrouse do que somos posible se nos deixamos levar polo noso odio e, sen embargo (mellor dito; precisamente por iso), é un tema ao que costa enfrontarse. Mellor decir que os xudeus o merecían con carácter retroativo, porque os israelíes son os nazis dagora e están a facerlle aos palestinos o mesmo que lles fixeron. Si, será mellor repetir esa versión, a ver se logramos acalar esa punzada de culpa.
- Odiábanse aos que eran complexos, ("fráxil e invencible / coma unha guerrilleira do Vietcong", coma no poema de Rivas), a todos os que demostraban que a vida é sempre máis complicada, que non é predecible nin evitable. A quenes se deixaban levar polo desexo e non polo dogma. Odíabase a quen arriscaba en ir máis alá, e estou seguro de que nesa cólera había non pouca envexa polo pracer que as vítimas se atreveran a sentir e os verdugos nen sequera a imaxinar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário