30 de nov de 2008

Un silenzo cada vez máis pesado

Un dos fenómenos máis cargantes da actualidade é a sacralización do alternativo. Baixo este epígrafe acóllense calquera idea, así coma movemento social ou político, con postulados afastados do que se considera o pensamento “oficial” ou simplemento asumido socialmente coma común. A día de hoxe, calquera parida que se afaste ou contradiga aquelo que o común entendemento considera coma normal rodéase dun aúra de respetabilidade que o fai na práctica inatacable.

Dende creacionistas ata negacionistas do Holocausto, non hai colectivo que se escude na “alternatividade” para exixir respeto para as súas chorradas, igualando o dereito a expresarse (dubidoso, no caso dos segundos, por canto o que se busca é a expansión dun odio grupal) coa crítica que sempre pode recaer sobre calquera expresión, dende as argumentacións de quénes cuestionan a evolución ata calquera post deste blogue. Polo feito de ser minoritario (corrixo; polo feito de presentarse coma minoritarios, anque sexan millóns os que manteñan a mesma postura), automáticamente a maior das estupideces pasa a ter o rango de verdade incuestionable. Que coexiste con outras, claro, porque este fenómeno é irmán do relativismo; vale o mesmo a opinión do señor que alega que Deus creou o mundo en sete días, sen aportar máis probas que os textos sagrados da súa relixión (por suposto, respetable), ca o evolucionista que pode aportar datos empíricos obtidos tras unha investigación científica guiada pola racionalidade.

Por exemplo, segundo esta liña de pensamento, son igual de repetabeis quenes intentan sensibilizar á poboación africana de que os preservativos son imprescindibles para que non contraian o mortal virus do SIDA, e a política da Igrexa Católica no continente negro de pontificar contra os profilácticos por consideralos pecados (algo que, tendo en conta a influencia dos misioneiros católicos, que noutros ámbitos fan unha tarefa tan exemplar, me costa non considerar coma culposo).

En relación á custión xudía (ou quizáis, coma lúcidamente apuntou Albiac, “non existe cuestión xudía; existe cuestión antisemita”) con cansina frecuencia hai que oír ao idiota de turno denunciar que “non se pode falar mal dos xudeus” (sic), que “o Holocausto é un escudo que impide calquera crítica” (sic!), e que é característico dos xudeus o “vitimismo” (sic!!). Vilipendiado máis que ningún outro colectivo, acusado de máis delitos dos que materialmente podería realizar, o ensañamento non coñece tregua, e maila todo, a riada de acusacións infundadas agora é presentada coma algo alternativo. É prodixioso. Coma se fora pouco grave que calquera poida falar de “xenocidio” en Palestina, ou comparar a Shoah coa situación dos palestinos, pasándose polo arco do triunfo a realidade, o machacón coro unánime ademáis pode presentarse coma “unha voz alternativa” contra “os poderosos que non queren que saibamos a verdade”.

En concreto, nas últimas horas tiveron lugar dous feitos que, na miña opinión, demostran coma este recurso acaba por ter consecuencias catastróficas, especialmente no segundo caso. O primeiro non deixa de ser unha consparanoia habitual na pseudo-esquerda. O segundo, maila non ser tampouco infrecuente, é moito máis grave e preocupante.

Dende a morte de Haider cando ía borracho perdido ata o mega-atentado de Bombai, calquera pode apuntar cara unha unha conspiración xudía (eles dirán sionista, a ver se cola), co alicente de que non fai falla presentar probas. Para qué ir atribuíndo responsabilidades en cada caso,segundo corresponda, se un pode reconducir calquera cousa que pase no mundo cara Israel? O problema non é que sexan ou non estúpidos; esa parte teñoa clara. O problema é que son demasiados os estúpidos e, ademáis, viven moi cómodos na súa ignorancia. En fin; o mundo está cheo de xente que se aburre. Pero vamos ao importante.

O outro caso ten que cómo os crentes da relixión musulmana, en especial os que residen en Europa, afrontaron esta última vaga de atentados, así coma os que os precederon. Neste rabioso artigo, Martín Varsavsky láiase de que a violencia extrema desa corrente que aspira a unificar relixión e Estado que é o islamismo non sexa contestada con maior contundencia dende dentro do propio islam. Comprendo e comparto a súa preocupación. Coma nacionalista, creo que debemos ser quénes defendemos estas ideas quénes con máis claridade nos opoñamos ao terrorismo de ETA, ou aos crimináis que buscan importar a Galiza a violencia coa que unha minoría mantén alí aterrada á sociedade. Asi mesmo, os máis feroces críticos de Israel son, con frecuencia, xudeus, e deixando ao lado aos Chomskys e demáis ralea que adoptan o discurso dominante para gañar aceitación, o certo é que as críticas máis honestas e atinadas feitas aos sucesivos Gobernos de Israel proceden dos propios israelíes, así coma dos xudeus da Diáspora. Do mesmo xeito, as máis populosas manifestación contra a invasión de Iraq tiveron lugar no países cuxos Gobernos apoiaron esa guerra, coma foi o caso de España. E isto débese a que é propio das sociedades maduras a autorregulación.

Pola contra, non vexo o mesmo no islam. Sinceramente, boto en falta que, os millóns de musulmáns europeos repudien públicamente e de xeito inequívoco as atrocidades que se cometen no nome da súa relixión. Tranquilizaríame que esa maioría de musulmáns que só queren vivir en paz amosaran o seu rexeitamento á violencia extrema da yihad. Se un etarra mata a alguén, entendo que é o meu deber coma nacionalista desmarcarme desa interpretación fascista que leva a xustificar o crime para acadar uns obxetivos cos que concordo. Se as FDI empregan unha forza excesiva nunha operación militar, as voces máis furiosas procederán da propia sociedade israelí. Máis se no nome do Corán se matan a centos de inocentes, o que se escoita no mundo musulmán e o silenzo.


É habitual que, dun tempo a esta parte, se empregue o calificativo de “islamofobia” para desacreditar calquera crítica ao islam (neste artigo, o señor Gustavo Perednik explica a orixe e evolución do termo). Nunha apropiación perversa do termo xudeofobia, que ven a denominar unha longa tradición que non é necesario lembrar, dase o paradoxo de que as mesmas persoas que manteñen os mesmos prexuízos antisemitas que se repiten século tras século, xa non só se consideren libres de xudeofobia, senón que ademáis se sinta moralmente lexitimados para falar de “islamofobia” cando se lle exixe aos musulmán que comporten baixo os mesmo baremos que a todos os cidadáns. Porque é xusto cando se pretende que se respeten as normas da sociedade civil común a todos cando se ve coma se xoga a baza de “minoría respetable” para eximirse desa responsabilidade.

E aquí é onde se ve a podredume dunha parte da actual esquerda. Porque cómo pode ser que a nosa rancia pseudo-progresía considere xenofobia xulgar a todos polo mesmo baremo? Ningúen está pedindo que se renuncie á relixión ou que non se poidan construír mezquitas. O que se pide é que se lle dispense o mesmo trato que a calquera outro colectivo, isto é, que se desmarque da violencia. Que a mesma xente que se escandaliza da xenofobia dun xudeu cara un árabe xustifique logo esa xenofobia multiplicada por mil cando é á ínversa só ten un nome; hipocresía. Hainos que están tan obsesionada en non parecer xenófobos que, na práctica, están promovendo unha discriminación igual ou maior á que din querer evitar.

Unha das ideas básicas da esquerda. a igualdade, prostitúese no momento no que polos mesmos feitos dispensamos un trato desigual a dúas persoas ou grupos sociáis, chegando a extremos aberrantes coma a distinción que se fai entre xudeus e musulmáns. Exixir a un nivel mil a un xudeu e xustificar calquera aberración que se faga no nome do exótico Corán, outorgándolle patente de corso a canto veña do terceiro mundo, non é nin progresista nin de esquerdas. É ser directamente estúpido. E exixir menos a un árabe que a un caucásico non é ser soliario; é ser racista. Coma a vez que lle escoitara a un negro decir que, para saber se estaba rodeado de racistas, facía un comentario absurdo e, se os demáis asentían ou lle seguían a corrente, decatábase de que non o estaban a xulgar igual que se fora branco.


O terrorismo islámico é unha realidade imparable que cada día temos máis tráxicamente preto. Non se trata de criminalizar a todo un colectivo, senón de entender que está igual de exposto que calquera outro da sociedade a xerar bolsas de fanatismo e violencia, e que merece ser tratado do mesmo xeito. Outorgar un trato paternalista aos crentes dunha relixión, lonxe de contribuír a solucionar nada, o que único que fai é, por unha banda, aumentar o sentimento de impunidade co xa contan en gran parte de Europa os seitores reaccionarios do islam e, polo outro, condear a un maior ostracismo ás voces renovadoras, aquelas que pretenden encauzar a súa civilización na modernidade. Xente á que lle resulta sumamente frustrante que Occidente non os apoie na súa Reforma dende dentro. Ao contrario; mostrámonos pasivos ante os seitores últras e, cando o problema está desatado, intentamos arranxalo a tiros, dandolle argumentos á marea de descontentos que cada ano son reclutados para morrer e matar.

As autoridades do Reino Unido sospeitan que algúns dos terroristas de Bombai eran de orixe británica, coma tamén o eran os que perpetraron os atentados de Londres. No 11-M varios dos implicados viviron en España, onde non tiveron grandes contratempos para preparar os ataques aos trens. Ou empezamos a entender que aos musulmáns europeos hai que exixirlle o mesmo compromiso coa sociedade civil que ao demáis cidadáns ou a nosa inhibición estará axudando a incubar os ovos da serpe.

29 de nov de 2008

De Granada a Bombai


Un artigo de Antonio Elorza

Nunha reunión auspiciada esta mesma semana en Granada pola Comisión Europea, o enviado da Alianza de Civilizacións, señor Kattan, informounos acerca dos logros de devandita Alianza. As caricaturas danesas debían ser o acontecemento crucial dos últimos tempos, xa que todo se centrou nas eficaces respostas dadas a partir das mesmas a outros intentos de malos tratos ao islam, como un par de películas, e do labor, dirixida polo propio Moratinos, de que a educación dea un tratamento favorable das relixións, o islam loxicamente en primeiro plano. Ante semellante exposición permitinme preguntar se para a Alianza non era máis importante que unha película a situación do profesor Robert Redeker en Francia, condenado á privación efectiva de liberdade ante as ameazas de morte islamitas por un artigo en Le Figaro e se non preocupaba o antisemitismo -cousa ben distinta da condena da política israelí- nos países musulmáns. Kattan gardou silencio e desapareceu logo do congreso. Fíxolle o quite, brutalmente, desde a mesa, Armez Maluz, profesor en Beirut, quen dixo que a verdadeira preocupación para todos debía ser o odio europeo ao islam, e que Europa apoiaba ao "Estado xudeu cuxa Constitución era a Toráh" (sic). Ninguén respondeu a semellante barbaridade, nin entre as decenas de asistentes, nin desde a presidencia española do acto. Nos grupos de traballo, cunha maioría de musulmáns, viuse confirmada a sensación de que existe unha patente de corso para toda condena de "Occidente", por rutineira que sexa, e que bo número de intelectuais europeos asumen un masoquismo reverencial. O tema da conferencia era o terrorismo, pero é que nin Hamás nin Hezbolláh eran organizacións terroristas para os nosos demócratas islámicos. En Exipto, o asasinato de Sadat sería unha simple resposta á súa política represiva e os atentados posteriores, consecuencia da opresión económica, para nada froito de organizacións e ideas terroristas. 

Ante probas físicas de radical antisemitismo en publicacións islamitas, ningún participante de país árabe aceptou sequera miralas. Non se discute sobre o propio co infiel. Hai que preguntarse entón se a Alianza de Civilizacións, versión Moratinos, vai máis aló dunha operación de propaganda, moi custosa ademais, segundo acaba de probar o episodio da decoración pictórica dun edificio en Xenebra, cuns 20 millóns de euros gastados con tal de que o nome da sala leve "e da Alianza de Civilizacións". A arte non terá prezo, pero a publicidade si o ten. É máis, polo discurso do portavoz en Granada, a súa acción concreta axústase a unha perigosa síndrome de culpa xa visible nas reaccións ante o 11-M. No canto de centrarse nunha análise das causas e dos modos do atentado megaterrorista, seguido dunha actuación en profundidade respecto da cultura da violencia en medios musulmáns, o politicamente correcto foi descualificar a quen se preguntase polas bases doutrinais do terror. A acertada pretensión de pechar o paso a toda deriva cara á xenofobia e a discriminación relixiosa converteuse así na condena de toda expresión crítica, aplicándoa o cualificativo de "islamófoba". Para pechar o círculo, o noso Goberno aproveitou a ocasión converténdose en paladín dunha Alianza -non dun necesario diálogo-, que co pretexto de achegar ás relixións dedícase a fomentar esa actitude reverencial cara ao islam (de feito cara ao islamismo), onde non cabe aproximación algunha á realidade e si o visto e prace ao anti-occidentalismo. Por iso, a Moratinos sóbranlle os asuntos incómodos, tales como o caso Redeker, o antisemitismo, ou a indeseada visita a España de Ayaan Hirshi Ali. Non contan nin o avance das ideas integristas, observable en calquera visita a librarías islámicas, nin o do mal menor, a proposta neofundamentalista de Tariq Ramadan para constituír en Europa unha "comunidade de destino" musulmá, filtrando canto proceda de "Occidente" ("Freud tamén escribiu cousas non falsas"). Na linguaxe islamita, yahiliyya é a ignorancia primordial, a dos mequíes antes de Mahoma e a dos occidentais hoxe. O termo resulta aplicable a quen aquí e agora practican e fomentan a cegueira voluntaria, pechando o paso a unha integración efectiva dos musulmáns e abríndollo a quen promoven a resistencia, ben pacífica, ben mediante o terror. Por que preocuparse se os atentados de Bombai levan a marca de fábrica de Lashkar-e Taiba, a organización islamita con referente en Caxemira, emanada do grupo puritano Ahl-e Hadith, cuxos muyahidin seguen literalmente os hadices do Profeta e teñen por lema a yihad até a fin proposta no versículo 2, 193 do Corán?


Publicado no xornal El País e visto na páxina Galiza-Israel.org.

[Máis: Onde está a condena dos musulmáns moderados?, en Outra Visión (moi recomendable); Kadish, en El Cuarto Reich; A versión barata e invencible de Al Qaida, de Xose Luís Barreiro Rivas; e, cómo non, xa comenzaron as acusación de que  o atentado é obra do Mossad]

24 de nov de 2008

Rearme

O Ministro de Defensa, Ehud Barack, ven de comunicar que dende a Segunda Guerra do Líbano, Hesbulá triplicou o seu arsenal no sur do país do cedro. Segundo a información da que dispoñen, na actualidade conta con 42.000 misís cun alcance que chegaría a Ascalón, Beer Shiva ou Dimona, onde se atopan as instalacións nucleares israelíes. (Vídeo, 1:14)


Non é a miña intención criticar aos soldados que participaron nunha misión tan perigosa coma a pacificiación da fronteira entre o Líbano e Israel, onde houbo mesmo quenes o pagaron coas súas vidas. Eles só cumpren órdes. Pero se os Gobernos que aportaron militares á FINUL prefiríron mantelos a salvo para acalar á opinión pública dos seu países, a costa de tolerar o rearme da organización chií, suxiro que a próxima vez se sustitúan ás tropas destinadas ata o dagora por outras igual de eficaces e moito máis baratas:



E que quede ben claro que os responsables non son os soldados despregados, senón os Gobernos que os mandan estar sen asumir o prezo que iso implica.

22 de nov de 2008

Eterno retorno

IX Os xudeus no Reino Suevo

(...)

14 - Ocaso do poder visigodo

(...) Os concilios XII e XIII renovaron as condenas e castigos dos xudeus, tanto nos referidos tempos de Wamba coma nos de Éxica (687-702), o que proba que seguía practicando as mesmas costumes e tendo idénticas actividades.

O poder alcanzado por eles debeu neutralizar todas as medidas. Por iso tal vez agora facíanse esforzos para a súa conversión, concedéndolles, se así o facían, novos privilexios e habilitándos para altos postos da función pública.

Asi mesmo permitíase aos conversos ter servos cristianos, declarábanos nobres e honrados porque a fe católica os enaltecía, e quedaban libres do imposto xudeu que todos os hebreos pagaban ao Estado.

Sen embargo, no 694 Éxica presentou ao Concilio XVII de Toledo un memorial no que se acusaba aos xudeus do reino de conspirar contra a seguridade do Estado.

A resposta foi contundente: todos os xudeus debían ser dados por servos, confiscados os seus bens e entregados aos seus propios servos cristianos. Tamén se lles prohibían os seus ritos e se lles quitaban os seus fillos maiores de sete anos para ser educados por cristianos, e ser dados, cando tiveran idade, en matrimonio a muller ou home cristiano. Os hebres que se resistisen a estas ordes serían decapitados e os seus bens pasarían ao Fisco.

 Los judíos en el reino de Galicia, José Ramón Önega.

(Segunda edición [1999], páx.135 e 136. Orixinal en castelán)


Azuzar a pantasma da conspiración para poder cometer atropelos non é algo que xurdira nos nosos días. Hai máis de 1300 anos xa era habitual recurrir á "conspiración xudía" para que toda clase de abusos fosen, xa non xustificados coma un mal necesario, senón presentados coma algo digno e do que debemos estar orgullosos.

Na mesma liña, unhas páxinas antes (no capítulo adicado ao VIII Concilio de Toledo), recóllese a satisfacción dos pais conciliares perante a intransixencia de Chintila cara que ningún hebreo residira no seu reino. Ese orgullo do irrespetuoso é algo que acompaña a historia do antisemitismo na Península dende os seus comenzos ata hoxe.

Coma lera unha vez, a Historia avanza en círculos.

20 de nov de 2008

Abúrrense

O pai de H. naceu en Faluia. A súa nai é de Bagdad. Paseamos por unha rúa de Compostela cando nos atopamos isto:



- ¿Torturas? - dime con sorna - ¿En España torturan gente?
- Bueno, alguna gente cree que los presos independentistas sufren torturas en prisión. De hecho, ...
- Anda, estos no saber qué es torturas. Es como gente que lleva ropa militar por la calle; si ellos ven guerra, salen corriendo - espeta.

Vou a decir algo pero o xesto de sarcasmo vóltalle á cara: "La gente se aburre". Aburrimento, un ego desmedido, e un desprezo lacerante pola integridade física e patrimonial dos demáis en aras dunha causa que sempre todo o xustifica. Sexa o que for, postos a ensuxar a parede, estaría ben que algúen lle escribira debaixo: "Non os detiveron por independentistas, paiasos".

17 de nov de 2008

Un playboy con kufiya

Estou a falar do gris Mahmud Abbas, o lider desa tropa de inútiles de Al Fatah. Mira ti, todo o tempo crendo que se trataba dun aburrido, e resulta que o home co que a banda de Arafat tocou fondo é todo un truhán e un señor. Conta nunha entrevista a soprano Pilar Jurado:

XL. ¿Se ha rendido a sus pies algún mandatario?
P.J. Sííí, algunos [se ríe]. Una vez, en Palestina, un miembro del séquito del presidente me dijo que a Abu Mazen le había gustado mucho mi vestido y me preguntó si lo vería después en el hotel. Pensando que habría algún acto, le dije que claro que sí. Cuál fue mi sorpresa cuando vino a buscarme y me pidió que lo acompañase.

XL. ¿Cómo se da calabazas en un caso así?
P.J. Pues le dije que me perdonase, que estaba muy cansada.
Xa non é que negue o Holocausto con tanto énfase coma calquera superpatriota que se preze, nin que sexa incapaz, xa non digo de interrumpir, senón de limitar un chisco o roubo de canta axuda internacinal vai a dar a Palestina por parte dos secuaces da ANP, por non falar da vergoña de ver coma o que empezou coma a versión musulmana de Cáritas te expulsa do teu país,... pero que te pillen indo de picos pardos cunha treta tan burda da idea do baixo que é o prefil deste señor.




Unha pomba de Sargadelos en Sderot

Na última das viaxes que a AGAI organizou para coñecer Israel, unha das visitas feitas polo grupo, composto de vintedúas persoas, foi á vila de Sderot, na fronteira coa Faixa de Gaza. Alí reunironse con membros da Fundación Sderot, aos que fixeron entrega dunha pomba da paz de cerámica de Sargadelos. Xusto un par de horas antes de chegar, caíron sobre o pobo dous casáms lanzados dende Gaza.

Dende que no verán do 2005 o exército israelí se retirara de Gaza, o fracaso do autogoberno palestinon non só o pagan os propios habitantes da Faixa, senón tamén os veciños das cidades israelíes fronteirizas. Os palestinos puideron renunciar á violencia e demostrar que estaban preparados para autoxestionarse, pero na tráxica rutina do mundo arabomusulmán, aqueles seitores da sociedade que ollan cara o futuro sempre acaban sepultados polos máis fanáticos. Anque claro, a si mesmos non se chaman así; eles vense coma superpatriotas. Vamos, igualiño que aquí.






Gaza non está ocupada militarmente. A diferenza de Cisxordania, alí non hai excusa para os ataques, e anque a houbera non sería cara civís. Contrólanse as fronteiras para evitar que entren armas, isto é, se deixaran de producirse ataques as fronteiras abriríanse con maior frecuencia. Qué sentido tería molestarse en controlar se non foran a facer dano? 

Se no pobo palestino houbera unha intención sólida en traballar para solucionar o conflicto, serían os propios gazatíes quenes se opuxeran con máis vehemencia a uns salvapatrias tan miserábeis coma os que cíclicamente padecemos en Europa. Máis iso implica unha madurez, unha aposta pola sociedade civil que, nun mundo onde a idea de liberdade individual é unha rareza snob, sona a ciencia ficción. E que conste que cada vez nos parecemos máis en Europa, non porque eles melloren senón porque aquí a estupidez campa ás súas anchas con máis impunidade que nunca. 



Mentres os árabomusulmáns de Gaza non se atrevan a asumir a reponsabilidade de autogobernarse, mentres prefiran manter aberto o conflicto con Israel por medo a dar o seguinte paso, quince segundos é do que dispoñen os habitantes do outro lado da fronteira para poñer a salvo as súas vidas e as das súas familias. Cómo reaccionaríamos se estivera pasara en calquera cidade galega?







[Máis: intervención dunha cidadán de Sderot ante o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (vídeo, 2:44); nova da visita en Neguev&Me ; Ocho veces, en Desnuda ante un espejo]

14 de nov de 2008

Fin da tregua

Esta tarde, o Vice-Primeiro Ministro, Haím Ramón, deu por finalizada a tregua que mantiñan con Hamás en Gaza. A decisión ven a por de manifesto o que na práctica xa se estaba a dar dende hai semanas, e que se agravou dende hai dous días; os continuos ataques de Hamás ás vilas do outro lado da fronteira e as operacións das FDI na Faixa para acabar cos terroristas islámicos convirten a tregua en nada máis ca papel mollado. Segundo informa La Vanguardia, coma consecuencia da vaga de violencia, que na última semana se cobrou a vida de once paramilitares de Hamás, os accesos a Gaza permanecen pechados por noveno día consecutivo.


Postos a valorar o que pasou, que tal un pequeno cuestionario? Ahí vai:

1) Considera que os ataques de Hamás a Israel son beneficiosos para a poboación de Gaza?
a) Fanlle un fraco favor.
b) Pode que non sexa a mellor maneira.
c) Claro que si, porque loita contra o fascismo-capitalismo-U$$raelita. Palestina vencerá!
2) Qué resposta cré que define mellor a atitude de Hamás cara a poboación civil de Gaza?
a) Úsana para chantaxear a Israel. Poñena deliberadamente nunha situación insostible para debilitar políticamente ao seu rival, e poder así gañar tempo.
b) Preocúpanse pola xente, que o lin en El País.
c) Hamás está concienciado con mellorar a vida dos árabes de Gaza. Son auténticos patriotas que fan todo canto está nas súas mans para que aos gazatíes coñezan a Xustiza. Ao mellor non a terrenal, máis a Xustiza.
3) Qué cre que pasaría se mañán Hamás decidira deixar de lanzar cohetes dende o norte da faixa cara Sderot (Valença do Minho e Tui, para entendernos) e mesmo Ascalón?
a) A situación normalizaríase, isto é, as fronteiras abriríanse con maior frecuencia, as operacións militares na faixa descenderían ou mesmo rematarían (qué necesidade habería de ir?), e coma consecuencia, a poboación civil vería mellorar o seu nivel de vida.
b) A situación non variaría para o oprimido pobo palestino. 
c) Se non fora pola numantina resistencia das heroicas brigadas de Hamás, os nazi-sionistas entrarían en Gaza a violar ás mulleres e tirotear aos nenos por pracer. Palestina vencerá!

4 de nov de 2008

A violencia dos colonos

O Goberno de Israel ven de condear as vagas de violencia de certos colonos contra a poboación palestina de Cisxordania, nunhas declaracións moi directas por boca do seu Primeiro Ministro saínte e do Ministro de Defensa (vídeo, 2:03). Vaia por diante que estes ataques son a reacción dos colonos ás provocacións e agresións que sufren de cotío, coma o ancián de oitenta e seis anos que o outro día morreu acoitelado. Iso contextualízao, máis de ningún modo o xustifica. 

Sen entrar no tema dos colonos (qué ten unha solución ben máis complexa), que un grupo de cidadáns se salten a legalidade para impoñer as súas pautas é un abuso en toda regra, por moi lexitimados que crean estar para obrar dese xeito. O recelo do sionismo relixioso cara o Estado laico non os autoriza a incumplir os procedementos de solución de conflictos vixentes para todolos cidadáns de Israel.

A respecto de como algúns colonos resolven os seus problemas cos palestinos sen mediación do Estado, hai pouco o mantedor de Oriente Miedo escribiu un texto co que concordo ao cento por cento

Los colonos, como ciudadanos de Israel, no pueden tomar la justicia en sus manos y ejecutarla como si no hubiera una autoridad. Israel está lo suficientemente desarrollado, con instituciones bien definidas a las que acudir en casos de violencia e injusticia. La actitud de colonos violentos que van y deciden atacar a quien creen que es culpable, es inaceptable.

No se está viviendo en tierra de nadie, se está bajo el Estado de Israel, que tiene poder judicial y fuerzas armadas para estos casos. Actitudes de justicia por mano propia representan un gran retroceso para el país. (...)

Seguro?

Es en Túnez donde es más mayor (sic) el número de presos de conciencia del Magreb, donde la aplicación de la tortura es más sistemática y donde hay menos libertad de prensa, según las organizaciones de defensa de los derechos humanos. (...)
Non será o bó amigo Mohamed IV (que conta ademáis co asuntiño aquel do Sahara) quén mereza tamén ese trono? Qué diferencias sustanciáis hai entre a ditadura marroquí e a tunecina?

(PS: As declaracións de Aznar non deixan de ser miserables, posto que a apertura do Goberno de Túnez cara a comunidade internacional non tivo o seu correlato no plano interno.)