29 de jan. de 2009

Olvidar é repetir

(...)  ahora durante nuestro conflicto en Gaza con uno de los grupos más repugnantes del mundo, como lo es Hamás, salió un politicastro de la izquierda británica por la BBC (Al Yazira sobre el Támesis), criticando a Israel... alarmado PORQUE NUESTRAS ACCIONES AZUZABAN LA IRA DE LOS MUSULMANES EN GRAN BRETAÑA...


Igual que la democracia multi-étnica en la República Checoeslovaca azuzaba la ira de los nazis en los años 30. (...)


Recordemos que la difunta Checoeslovaquia, fundada por un gran demócrata, amigo del pueblo judío, como lo fue el siempre bien recordado Tomás G. Masarik, era una isla de luz en una Europa Central que se sumía en las tinieblas... Todos sus vecinos eran dictaduras de extrema derecha, practicando políticas antisemitas de mayor o menor intensidad.


Pues, en Munich, las "potencias democráticas" del Reino Unido (Chamberlain, con su bombín y paraguas) y Francia (el apagado de Daladier), vendieron a Checoeslovaquia a los nazis... en la esperanza que este pedazo de carne viva apaciguara a las dictaduras...


Los mismos países y politicastros también vendieron a la República Española, que cayó despedazada ante el fascismo. (...)


Nosotros no somos la Checoeslovaquia traicionada y entregada de 1939... ni la República Española, despedazada por los fascistas del patio, curas, moros, nazis e italianos... ¡No, nosotros estamos erguidos, dignos, y bien armados! Si alguien quiere apaciguar a los islamo-fascistas de hoy día, pues que lo haga con su propia carne... No con la nuestra... ¡la nuestra la defendemos nosotros! (...)


Olvidar la Historia para repetir la Historia, de Jaime Einstein.

Boicot (II)

El ingeniero israelí Jacob Ziv ha ganado el Premio Fundación BBVA Fronteras del Conocimiento en la categoría de Tecnologías de la Información y la Comunicación, dotado con 400.000 euros, por sus "pioneras innovaciones en compresión de datos".

A su vez, Sergio Verdú, catedrático de ingeniería electrónica de la Universidad de Princeton (EE.UU.), y miembro del jurado, ha señalado hoy que los trabajos de Ziv permiten comprimir cualquier tipo de información para que ocupe menos espacio y pueda transmitirse a mayor velocidad. También ha recordado que Ziv desarrolló un algoritmo (conjunto de operaciones que permite hallar la solución de un problema), denominado LZ, que lograba identificar las redundancias más frecuentes en el lenguaje.

Así, en un texto, el algoritmo podía convertir una palabra como 'que' (de tres caracteres) en un solo signo, ahorrando espacio de almacenamiento sin que perdiera ninguna información esencial. Gracias a este principio, según Verdú, ha sido posible crear archivos comprimidos de uso tan común como los MP3 (para sonido), GIF o PNG (imagen) o PDF (texto). Además, las ideas de Ziv han permitido mejorar la capacidad de memoria de los discos duros y optimizar la retransmisión por fax. (...)

Creo que merece o tag:Novas que nunca publicarán en A Nosa Terra :D

[Máis: Boicot]

A min tamén

"Me gustaría ver a los judíos argentinos repudiando lo que hizo su gobierno."

Non só en Galiza e no resto do Estado padecemos a políticos estúpidos. Na Arxentina teñen a un tal Luís D´Elía que cada vez que fala sube o pan. E, coma todo bó altermundista (sintoo, xa sei que hai de todo nese movemento, pero é que con estes líderes ....), é dos que secundan a teoría da conspiración no caso AMIA; con estas credenciáis, a ver canto tarda Vicepresidencia en traelo a dar unha charla.

28 de jan. de 2009

Yad Vashem

Sala da lembranza. Autor: Francesco Gasparetti.

O Yad Vashem, a institución fundada para preservar a memoria da Shoá, abre páxina en castelán. Nela recóllense unha ampla seleción de testemuñas e estudos sobre esta época histórica que, a través de soportes coma vídeos, documentos ou fotografías, nos achegan ó vértigo absoluto. Moi interesante e recomendable.

[A ler: El rapto de Europa, de Carlos de la Rica.]

27 de jan. de 2009

Que as masas nunca poidan logralo de novo


Auschwitz II - Birkenau. Autoría: Qba From Poland.


"Se comprendere è impossibile, conoscere è necessario."

Primo Levi


A vintesete de Xaneiro do 2009,
Día mundial de conmemoración das vítimas do Holocausto.

Galiza, Europa.

26 de jan. de 2009

Manolo Bragado coma punta do iceberg

Estaría ben algo máis elaborado, si, pero é que, por debaixo de certo umbral, razonar é perder o tempo. O típico: en terra de lobos, oubea como todos, Ahí vai, pois, o meu particular fósforo branco:

Vamos a ver. Hai dúas formas de negacionismo; o que vai de cara, defendido pola extrema-dereita, segundo o cal non houbo Holocausto, e o sibilino, defendido pola esquerda, segundo o cal si, pasou algo, pero vamos; é coma o de Palestina. Dous camiños para chegar ao mesmo sitio; que ao final, o Holocausto, tampoco foi para tanto. Ao fin e ao cabo, se nestos días se está facendo algo igual, qué sentido tería lembrar algo que total xa pasou.

O arranque de subnormalidade de Manolo Bragado (I, II, III e IV), sen embargo, si merece unha atención especial. A diferenza dos mocosos coas hormonas polas nubes e a cultura polo chan que inundan os foros na rede, pintan suásticas equiparándoas á Estrela de David, e falan dos Dereitos Humanos mentres defenden a Fidel Castro, este señor é o director de Edicións Xerais de Galicia que, xunto con Galaxia, é a editorial máis importante do País. Ahí é nada.

Digo eu; cantos intelectuáis de medio pelo, dos que nos aleccionan á primeira de cambio coa súa auto-atribuída superioridade moral, van a sinalar isto co dedo? Sospeito que a cifra de valentes oscilará entre cero e ningún. Xa se sabe que o que se move non sae na foto, e aquí, por méritos propios, moitos nunca serían retratados.

Definitivamente, un país onde o director da editorial máis importante fai ostentación pública de negacionismo no seu blogue, demostra que, por moito que a nosa cutre-intelectualidade se crea vacinada de odios grupais por ler a un escritor africano ou ver un filme rodado en Iraq, o máis antigo e virulento de cantos houbo en Europa segue tan vigoroso coma sempre. A mesma merda, iso si, cun barniz cultureta.

Grazas ao Google Analytics sei que hai xente que le isto en Israel; Haifa, Azor, Ramat Gan, Guivatayim,... A eles lles digo; isto é Europa, señora. Aquí non hai nada que rascar. Mentres a paz non chega, merquen bóas armas, entrenen ben cada día e, cando o fascismo ameace, fálenlle no único idioma que entende. Sen miramentos.

Coma Ulises, amárrense á razón para que estos cantos de serea non os leven cara as rochas.

Un día de Xaneiro: contra as retóricas da barbarie.


Un artigo de
Carlos Penela.

"...toute tolérance accordée aux fanatiques leur fait croire immédiatement à de la sympathie pour leur cause."

Marguerite Yourcenar
En novembro do ano que acabamos de despedir, cumpríronse setenta anos dos limiares da grande infamia europea do século XX. Da noite do 9 ao 10 dese mes de 1938 desenvolvéronse en diferentes cidades de Austria e Alemaña, e de maneira simultánea, acontecementos de razzia, persecución e deportación contra cidadáns xudeus destes dous países, actos vandálicos artellados directamente pola dirección do NSDAP e coñecidos baixo o nome de “Kristallnacht” ou “Noite dos cristais rotos”. A excusa para o linchamento: o atentado que o 7 de Novembro o mozo xudeu de orixe polaca, Herschel Grynszpan -cuxa familia fora deportada polo rexime nazi- cometeu, disparando contra Ernst Eduard vom Rath, representante do NSDAP na embaixada alemana en París.

Entre o 7 e o 13 de novembro foron asasinadas directamente ou inducidas ao suicidio preto de 400 persoas, queimáronse unhas 1.400 sinagogas, destruíronse cemiterios, atacáronse escolas, tendas, centros de axuda social, asociacións culturais. Foron conducidas á deportación dos campos de concentración por volta de 30.000 persoas, onde centos morrerían polas condicións extremas de traballo, pola falta de comida, polas doenzas. Contodo (ironías obscenas da barbarie), os cidadáns xudeus eran aínda culpables aos ollos do réxime e foron obrigados a pagar ao Estado nazi preto dun billón de marcos en concepto polo estrago das agresións que eles mesmos sofreran.

Estes actos de violencia pública extrema contra cidadáns europeos que non cometeran crime algún eran, en realidade, para o fascismo alemán a continuación lóxica da súa política totalitaria. Unha política que, sen pudor algún xa, levaba á praxe os formalismos do antisemitismo teórico máis extremo e, como totalitaria que era, puña o selo último a un proxecto total de destrucción. Como o definiu Raul Hilberg, un dos máis rigorosos estudosos do Holocausto "a escala e a intensidade da operación, aplicada por unha burocracia alemana metódica e eficaz carecía de precedentes”. Tal proxecto ficara lexitimado xa, realmente, anos antes coas leis raciais de Nuremberg de setembro de 1935, promulgadas polo III Reich contra os cidadáns xudeus. Para ter unha aproximación moi viva sobre a atmósfera real que lle seguiu á promulgación desas leis é recomendábel a leitura de Historia dun alemán, de Sebastian Haffner, onde se relata de primera man esa escalada da demagoxia antisemita en Berlín, en todas as esferas da vida, en todos os actos. Sen posibilidade de absolución.

Desde o ano 39 comezáronse a desprazar enormes masas de poboación desde o leste ocupado; esa estratexia, espallada polos frentes da guerra e acollida nos países que o nazismo invadía, abateríase de maneira xa total e sistemática, pois, contra todas as comunidades xudías de Europa até o final da II Guerra Mundial: desde Polonia, onde, desde o comezo, axiron os “Einsatzgruppen” ou forzas móbiles de exterminio, perseguindo e asasinando con total meticulosidade, até os Balcáns, onde vivían máis de 1.600.000 xudeus e onde se deportou masivamente (Serbia, Grecia... Lémbrese a devastación de Salónica). En moitos casos, os alemáns contaron coa colaboración directa de amplos sectores da poboación civil dos países ocupados: Babi Iar, ás aforas de Kiev en Ucraína, escenario dunha masacre de máis de 100.000 persoas -un terzo deles, nenos-, é un dos exemplos máis estarrecedores; ou xa no fin do conflicto, na primavera do 1944, en Hungría, co exterminio de case a totalidade da poboación xudía, exterminio perpetrado coa axuda directa do "Nyilaskeresztes Párt" ou "Partido das Cruces Frechadas", os fascistas húngaros. As palabras de Goebbels, ministro de propaganda nazi, son moi significativas a respeito desta colaboración na masacre, cando afirma sobre os austríacos: “a formación recibida do Imperio dos Habsburgo, dotáraos de habilidades especiais para tratar os pobos sometidos”.

Nesa vastísima e extraordinaria novela de Vassili Grossman que é Vida e destino, recréase cun latexo denso e escuro o momento en que Eichmann vai larvando, sobre o terreno, a construcción das cámaras de gas como medio para acelerar a “solución final”. Así foi, logo da Conferencia de Wannsse en 1942, Hitler dera a súa aprobación para a “Endlösung der Judenfrage” ou “solución final á cuestión xudía” e encomendara esta tarefa a Adolf Eichmann, tenente coronel das SS. O que vén a continuación é o paso derradeiro nesa retórica da barbarie. O pobo xudeu sufriuno de maneira global e sistemática: na leitura letal que o nazismo facía, o feito de existir levaba implícita xa a condea da destrucción. Xunto a el, e de maneira moi dramática igualmente, como é sabido, outros colectivos e etnias (refuxiados políticos, homosexuais, sintis e romas...) e todos aqueles que se opuxeron ao III Reich (desde socialistas a cristiáns, desde militantes pacifistas a estudantes...) padeceron represión, tortura e morte. É, en definitiva, unha liña de sombra espesísima trazada con labor criminal perante a condición humana.

Son feitos documentados, constatados... Divulgados abondo... Ou non tanto? Convén describilo agora, sen equívocos e sen mascaradas, sen medias palabras; é deber asumilo coa responsabilidade que toca por todos os que estean desa beira da vida preservada da barbarie, pola significación abismal que tivo na conciencia do home do noso tempo. Está presente. Ou non tanto?

Ou non tanto... a pregunta ecoáme de xeito raro nestas datas, nunhas datas en que, para vergonza de Europa, novamente se deron rédea solta as máis baixas paixóns racistas contra cidadáns europeos en forma de lemas antisemitas intolerables e agresións de maior ou menor intensidade. Nunhas datas onde nas rúas de cidades de Europa, dunha Europa abalada non hai tanto pola guerra e os totalitarismos, como Copenague (capital dun país que pode afirmar con orgullo que salvou a totalidade dos seus cidadáns xudeus do exterminio con auténtica coraxe civil), se escoitaron berros ao son de “Heil Hitler!” e outras arengas de odio e racismo de maneira pública, que producen auténtico estupor; como París, onde se produciron ataques contra sinagogas e escolas xudías impunemente; como Londres ou Amsterdam, onde se deron actos vandálicos contra establecimentos e agresións físicas contra os cidadáns dunha comunidade que ningún delito cometeu; como Madrid, onde se fixo escarnio e banalización pública do Holocausto, sen que ninguén se parase nin sequera a pensar o que se estaba formulando no medio do balbordo, a dimensión que tiña a afrenta e a difamación. Isto, hoxe e agora, entre nós. A menos de dúas xeracións transcorridas entre esa noite tráxica de Novembro en Centroeuropa e os nosos días.

Convén lembralo, con firmeza, pois, non só polo peso desa traxedia que se agranda caendo no esquezo dos anos transcorridos, ultraxada por boca de tanto insensato, de tanto fanático. Algúns queren baleirar as sentinas da Historia, como se eses feitos fosen apenas un relato menor, outros procuran manipulalo á súa vontade, despoxalo do seu valor, do seu significado, que fique relegado á arqueoloxía das conciencias. Por iso, convén, de maneira responsábel, colocarnos perante ese testemuño terríbel, para que desde aí se espelle o noso verdadeiro rostro.

Nestas datas acirrouse con demagoxia extrema unha parte das consecuencias tráxicas dun conflicto bélico, de natureza xeopolítica, que acontece a centos de quilómetros de distancia de Europa, como non se fai con ningún outro conflicto no mundo, dictaminando e xulgando de maneira sumarísima como non se fai tampouco con ningún outro pobo do mundo, con ningunha outra nación do mundo. Eu pregúntome por que?

Nun novo-vello escenario de ideoloxías de saldo, os millóns de víctimas de outrora, desde un exercicio de retórica sibilina e malintencionada, seica pasan a encarnar agora o papel dos mesmos verdugos que os executaron. E a ninguén parece sorprenderlle, ninguén parece estar disposto a exercitar a memoria, a dignidade, o decoro da verdade. Eu pregúntome por que? Nunha prolepse delirante dos feitos e dos argumentos, sobre esas víctimas parece recaer agora a responsabilidade plena dun enfrontamento complexo e concreto, enquistado desde hai demasiado tempo, con demasiada dor. Como estamos chegando, pois, a isto, a que intereses serve, a quen axuda, cal é o preludio que se está tentando pór en escena desde fóra da razón, con tanto odio, outravolta renacendo? Que nome ten isto?

Por iso, para que este día de xaneiro non nos comece a apodrecer de novo entre as mans e as conciencias como hai setenta anos, eu querería colocar estas preguntas e que foran contestadas desde as fronteiras da racionalidade e da verdade. Lonxe das retóricas da barbarie.

E, entrementres, outra candea terá que ser prendida, máis unha vez: pola condición humana, contra a infamia.

24 de jan. de 2009

Carta de Youssef M. Ibrahim aos palestinos

Foto: Esperanza. Autor: Luc De Leeuw.

Youssef M. Ibrahim é
un escritor que vive entre a cidade de Nova Iorque e Dubai, nos Emiratos Árabes. No pasado traballou coma correspondente do New York Times para Oriente Medio, e foi editor do Wall Street Journal de Enerxía durante 25 anos.

Non estou dacordo con parte do que di, pero si que comparto o fondo do artigo. Pero que a min ou a calquera outro europeo lle pareza ben ou mal é irrelevante; o único que tería sentido é que os seus destinatarios se pararan a pensar no seu futuro, no canto de seguir botando vidas ao lume pola nostalxia do que puido ser e xa nunca será.

Que máis dará, ao final, que uns digamos que estos teñen razón e aqueles están errados, ou viceversa, se o importante é que cada día que pasa xoga na súa contra?


Aos meus irmáns árabes:

A guerra con Israel terminou; e eles gañaron.

Agora, finalmente deixemos o pasado e avancemos.

Con Israel na súa cuarta semana dunha incursión na mesma Faixa de Gaza que evacuaron voluntariamente fai máis de tres anos. Un sentido da realidade estase estendendo no mundo árabe a través de comentarios de expertos árabes, cartas ao editor, e talk shows políticos en idioma árabe das redes de televisión. Os novos puntos de vista son impresionantes, tanto na súa madurez como no seu realismo. A mellor maneira de transmitilos é en forma dunha carta a "os árabes palestinos dos seus amigos Árabes".

Queridos palestinos irmáns árabes: A guerra con Israel finalizou. Vostedes perderon. Entréguense e negocien para garantir un futuro para os seus fillos. Nós, os seus irmáns árabes, podemos declamar ata ter a cara azul que estamos con vostedes… pero o sabio entre vostedes e a maioría de nós sabemos que as cousas cambiaron, nós avanzamos xa lonxe das vellos e cansas ideas da causa "árabe palestina" e a "loita eterna" con Israel.

Queridos amigos, vostedes e as súas dirixentes perderon tres xeracións tratando de loitar por Palestina, pero a verdade é que a Palestina que vostedes puideron obter no 1948 era moito maior que a que puideron ter no 1967, que pola súa vez era moito máis grande da que poden ter agora ou noutros dez anos.

Continuar a loita significa menos terra, máis miseria e absoluta soidade. Agora, irmáns, vostedes terían sorte de garantir a presenza dun estado palestino na Franxa de Gaza en que todos vostedes ateigáronse, e unha pequena parte da Marxe Occidental do Río Xordán. Non vai ser mellor. O tempo apremia incluso para esta cantidade de terra, así que aquí están algúns feitos, figuras, e asesoramento, amigos.

Vostede gardan consignas, que se utilizan por televisión, mostran casas que non existen ou están habitadas por israelís que non teñen intención de deixar Jaffa, Haifa, Tel Aviv ou Xerusalén occidental. Vostedes disparan vellas pistolas contra modernos tanques israelís e americanos e modernos cazas de combate facendo practicamente ningún dano a Israel, mentres que a ira do seu poderoso exército os abate a vostedes. Vostedes producen un lume ridiculamente inepto de foguetes Kassam que causan poca destrución mentres seguen enganándose pensando que esta é unha guerra de liberación.

O seu goberno, as súas institucións sociais, as súas escolas e a súa economía están todos en ruínas. Os seus mozos están medrando analfabetos, imbuidos de ritos de morte e suicidio, mentres que, en realidade, viven da bondade de estranxeiros, incluíndo América e as Nacións Unidas. Cada día os seus funcionarios deben mendigar o seu pan, xa que dependen do socorro de camións que transportan alimentos e medicinas á Faixa de Gaza e Cisxordania, mentres que a musulmán fundamentalista Hamas, o seu goberno, continúa ateando chámalas dunha guerra que non pode loitar nin ten esperanza de gañar.

Noutras palabras, irmáns, vostedes caeron e están sos nunha paisaxe queimado que se vai reducindo día a día. Que tipo de loita é esta? Merece a pena? Máis importante, que clase de miserable futuro agarda aos vosos fillos que son a cuarta ou quinta xeración dun mundo árabe que xa non existe? Nós, os seus irmáns árabes, cambiamos, estámonos movendo para o futuro.

Aqueles dos nosos países que teñen o diñeiro do petróleo están ocupados acumulando riqueza e benestar, construíndo vivendas, hospitais, universidades de primeira liña, escolas e novas estradas e camiños. Aqueles países que comparten fronteiras con Israel, como Exipto e Xordania, asinaron tratados de paz con el e non irán á guerra por vostedes… en ningún tempo próximo. Aqueles que están lonxe, en lugares como o Norte de África e Iraq, francamente non teñen gran interese nos vosos problemas.

Só Siria segue alimentando as vosas fantasías de que algún día se unirán a vostedes na liberación de Palestina, e iso non acontecerá tan pronto a pesar de que unha gran parte do seu territorio, todo o Golán, foi tomada por Israel en 1967 e anexada. Os sirios, os meus amigos, unicamente incitarán á loita… ata o último palestino.

Antes de quedar atrapádevos por Hamas, vostedes sufriron o engano doutro dos vosos líderes, Yasser Arafat, quen lles vendeu un proxecto corrupto ata a medula; máis dor, mais corrupción e millóns roubados polos seus familiares, mentres que os vosos fillos xogaban nas sumidoiros de Gaza.

A guerra terminou. Por que non deixar que comece un novo futuro?

Youssef M. Ibrahim

Abertamente

Más preocupante, aún existen grupos de extrema derecha que utilizan los argumentos contra Israel para justificar el antisemitismo. No tiene sentido equiparar tales organizaciones fascistas con las organizaciones progresistas pro palestinas. Los fascistas no esconden su odio hacia los judíos, lo proclaman abiertamente, reclamando la figura de Hitler y cosas por el estilo. La izquierda internacionalista, en cambio, siempre ha luchado —con más o menos éxito— contra el fascismo y contra el antisemitismo. En este sentido, no sólo el antisionismo y el antisemitismo no son la misma cosa, sino que en general son opuestos.
David Karvala, membro da Plataforma Aturem la Guerra e En lluita, en Webislam.

23 de jan. de 2009

Ela creía que non estaban gravando

Hannan al-Masri, xornalista de televisión Al-Arabiya, atopábase no Edificio de Prensa Internacional de Gaza cando oíu un ruído. Crendo que a cámara estaba apagada, realizou a seguinte chamada de teléfono:

Un pobo unido

El País eleva a máis dun centenar os palestinos executados por Hamás durante a Operación Chumbo Fundido, acusados de colaborar con Israel. Anque o xornal lles atribúe ser membros do Fatah, non tería porque ser así necesariamente. O mellor, coma sempre, a redacción de Juan Miguel Muñóz:

Mientras los combatientes disparaban cohetes, decenas de colaboracionistas con Israel informaban al Ejército de este país sobre objetivos concretos. Seguramente, bastantes personas murieron por esa ayuda al enemigo. Pero la reacción de la milicia islamista fue contundente y brutal. Más de un centenar de esos quintacolumnistas fueron ajusticiados.
Unha cousa máis; toda esta xente que saíu estos días á rúa con lemas do estilo "Estamos con Palestina", a qué palestinos en concreto se refería?

[Máis: Execucións de membros do Fatah]

22 de jan. de 2009

¡No vaya usted a comparar!

Rafael Shutz, el embajador de Israel en España, ha logrado la proeza de unir contra él a todas las fuerzas políticas de Ceuta y Melilla, desde las formaciones musulmanas hasta el Partido Popular pasando por el PSOE.

Ante la invasión israelí de Gaza todas ellas reaccionaron de forma dispersa, pero la declaración de Shutz, del martes, en la que comparó la valla que circunda ambas ciudades autónomas con el muro ilegal que ha construido Israel en Cisjordania les incitó a cerrar filas. "España tiene una valla en Ceuta y Melilla para protegerse de la inmigración e Israel levantó ese muro [en Palestina] para proteger a sus ciudadanos" (...).

Sus palabras escandalizaron a los responsables ceutíes y melillenses que dejaron de lado sus rencillas. La Unión Demócrata Ceutí (UDCE), una formación mayoritariamente musulmana, presentó en la Asamblea de la ciudad una moción de urgencia pidiendo la "reprobación" del embajador. (...)

Tras una larga negociación, los concejales ceutíes aprobaron hoy por unanimidad un texto en el que "rechazan" las declaraciones de Shultz porque "no existe la más mínima similitud" entre la valla y el muro. Con todos los votos, excepto el de Izquierda Unida, la Asamblea asumió también una declaración en la que Ceuta expresa "su solidaridad con las víctimas inocentes del conflicto" de Gaza. Mohamed Haddu Mousa, representante de IU, no se sumó porque la consideró insuficiente. (...)

El Tribunal Internacional de La Haya dictaminó, en julio de 2004, que se debía detener la construcción del muro y destruir lo ya construido, pero Israel no acató la sentencia. Las vallas ceutí y melillense son, en cambio, "medidas de seguridad que ha establecido España dentro de su territorio para evitar avalanchas de inmigración ilegal", aseguró el portavoz.
En El País.

Un euriño, por favor ...

Fun ler Vieiros, e atopeime con este alegre encabezado:

O goberno hebreo [sic] contrata persoas para que comenten ao seu favor en blogs antisionistas, mentres as webs israelís son albo de ataques de piratas informáticos pro-palestinos.
Logo, no artigo, revelaba que non hai tal contrato:
O programa está formado por cidadáns voluntarios que falen algunha lingua estranxeira para representar a voz de Israel nos "blogs antisionistas" en linguas como o inglés, o francés, o castelán ou o alemán.
Eles viven totalmente das subvencións, e aínda calumnian a quenes defenden a Israel por conciencia.

[Nota: o que non quita que, iso de que te teñas que rexistrar e che indiquen eles a onde ir, no canto de facelo ti directamente, me parezca unha tontería]

Execucións de membros do Fatah

O Jerusalem Post publica esta mañá que Mahmoud Habbash, ministro da Autoridade Palestina, confirmou que dezanove membros do Fatah foron executados por Hamás durante a operación Chumbo Fundido. Pola súa banda, outro sesenta foron tiroteados nas pernas:

He also confirmed that Hamas had been torturing and executing Fatah members in the Gaza Strip during and after Operation Cast Lead. Nineteen Palestinians were murdered in cold blood by Hamas, Habbash said, while more than 60 others were shot in the legs.
[Máis: Cen camións]

20 de jan. de 2009

Dous pecados

"Ela insúltanos co seu comportamento de putón e logo insúltanos aínda máis co seu amor aos xudeus."
Falan de Madonna, logo de porlle prezo á súa cabeza. Visto aquí.

19 de jan. de 2009

A sangue vende

Me choca, quizá por que mi pequeño duerme en la habitación contigua, un artículo de Dorit Kashman que trata de bebes heridos, mutilados o muertos. Se parte de las estremecedoras imágenes de familias palestinas destrozadas, niños muertos y mutilados... fotografías impactantes y estremecedoras. Ante ellas cabe preguntarse por qué no tenemos imágenes similares del "mundo israelí". No se ven fotos de los bebes, niños, mujeres y ancianos Israelíes heridos, amputados o muertos en los restaurantes, en las calles o en los autobuses de Israel, por muy sangrientas que hayan sido las masacres de las que han sido víctimas.

Estos horrores, sin embargo, sí ocurrieron en Israel incontables veces y no son pocas las personas que viven en institutos especiales o trágicamente ya están enterrados. (...)

La dignidad del pueblo Judío/Israelí, no permite que se hagan “festivales de sangre” sobre el sufrimiento de sus familias. Por eso que no se ven esas fotos en las pantallas de nuestras televisiones ni en las portadas de la prensa.

Debe de ser que se cumple aquello de “ojos que no ven, corazón que no siente" (...)
Un post moi recomendable en Desnuda ente un espejo sobre cómo a ausencia de imaxes de vítimas israelíes repercute na percepción mediática que se ten do conflicto. O artigo completo está dispoñible aquí.

Dous aspectos

Ninguén cun mínimo de humanidade pode manterse indiferente diante da morte de inocentes, menos ainda se son nenos que exhiben pola TV á hora de xantar. Si non saes pola tele, non existes. Por iso paréceme moi inxusto que das 200 guerras que hai no mundo, mediáticamente só interese unha. E dese conflito que tanto interesa, por riba das masacres de kurdos, tibetanos, chechenos, tamiles, saharauis, tutsis ou sudaneses, chámanme poderosamente a atención dous aspectos. Un, que acapara máis cota presencial nos medios que todos os demáis conflitos xuntos, por moitos centos de milleiros de mortos que neles se rexistren. E dous, que unha das partes en disputa –os palestinos– lévase toda a solidariedade da opinión pública (ou alomenos da publicada) deste país, pero só cando morren en enfrontamentos cos israelíes. (...)
Con Israel, a lei do funil, de Miguel Bóo.

18 de jan. de 2009

A Faixa de Gaza e Israel, dende o 1949

O xornal estadounidense New York Times publicou o pasado catro de xaneiro unha liña do tempo na que se resumen os aspectos máis destacados da relación entre Israel e a Faixa de Gaza, dende a independencia do Estado ata a actual operación Chumbo Fundido.

Está actualizado ata o tres de xaneiro, e pode consultarse premendo aquí.

A cara e a cruz da tregua nos medios

La Vanguardia:

Seis cohetes palestinos impactan en el sur de Israel

Milicianos palestinos dispararon esta madrugada contra tropas israelís que respondieron con ataques a una zona poblada. Hamás declara la victoria en la guerra contra Israel

El País:

Israel ataca el norte de Gaza tras sólo seis horas de tregua unilateral

El primer ministro Olmert ha advertido de que esta tregua es "frágil" y que están comprobando la evolución "minuto a minuto" de los acontecimientos"

17 de jan. de 2009

Alto ó fogo

O Goberno de Israel ven de declarar un alto ó fogo unilateral na operación Chumbo Fundido, que comenzará dentro de algo máis de dúas horas, ás 2:00 a.m. do domingo. Na votación, sete ministro apoiaron a medida, dous presentaron obxecións e un abstívose.

Hamás, pola súa banda, anunciou que seguirá loitando contra os soldados do Tsahal mentres estos sigan na Faixa.

Máis en Yediot Ahoronot.

Invernadeiros

Para aqueles que inundan a rede con comentarios nos que culpan a Israel da ruína económica de Gaza, que consideran que ésta se debe aos controis fronteirizos, e que opinan que o auxe de Hamás é resonsabilidade do Estado de Israel por esta situación, lean a continuación:

"En agosto do 2005, en vésperas da retirada israelí de Gaza, un consorcio de filántropos encabezado por Jameson Wolfensohn, daquela presidente do Banco Mundial, movilizouse para mercar por catorce millóns de dólares os invernadeiros pretencentes aos colonos israelíes. Tratábase de 3.200 invernadeiros de última xeración e equipados coa máis alta tecnoloxía, que producían para o mercado interno de Israel, e exportaban hortalizas, froitas exóticas e flores tempraneiroas a Europa cun valor agregado. Moitos milleiros de palestinos gañaban o seu sustento neles. A idea dos donantes, todos xudeus dos EUA, era entregar esos 3,5 millóns de metros cadrados de invernadeiros aos palestinos nun xesto de reconciliación e esperanza cara o futuro."

Así os recibiron:




"Inmediatamente logo de que Israel se retirara da Faixa de Gaza ata o límite internacional, masas de palestinos azuzados por Hamás saquearon e destruíron os invernadeiros, levándose as mangueiras de rego, bombas de auga, e fundas plásticas de protección, ata reducilos a escombros. A Autoridade Nacional Palestina non puido evitar o vandalismo e a destrucción da fonte de vida de milleiros de persoas, noutro duro golpe aos esforzos por construír a Faixa de Gaza e brindarlle un horizonte de desenrrolo e prosperidade."

Así os deixaron:



Se lle importa o futuro do pobo palestino, e xustifica a Hamás porque cre que é beneficioso para o mesmo, por favor, penseo de novo.

Armas chinesas

A revista dixital El Catoblepas recolle unhas notas interesante sobre a procedencia chinesa da nova xeración de cohetes empregados por Hamás. Segundo Hagai Huberman, corresponsal militar para el xornal Makor Rishon: «Revelouse que os misís foron contrabandeados de China. Os expertos encargados de derribarlos notaron que eran feitos en China». Asi mesmo, segundo recolle o artigo, o señor Rishon "cree que os misís chegaron a Gaza desde un terceiro país, e agregou que a súa fonte é confiable e coñece os feitos de primeira man".

"Tralo ataque contra Beer Sheba, Israel anunciou oficialmente que foran atacados por cohetes de 122 mm fabricados en China, con toda probabilidade do modelo WS-1E (MLRS), que produce a empresa Sichuan Aerospace Industry Corporation SIAC. Cada WS-1E pesa 74 quilos, mide case tres metros (2946 mm), e o fabricante garante unha distanza de impacto mínima de 20 quilómetros e máxima de 40 quilómetros."


(Duración: 1:39)

Shalit

Cada vez son máis as voces en Israel que reclaman que o alto ao fogo veña condicionado á liberación do soldado Gilad Shalit, secuestrado por Hamás e retido dende hai dous anos e medio. Ademáis de en blogues e artigos na prensa, Gilad Erdan, deputado do Likud, fixo un chamamento ao Goberno neste sentido:

"Non haberá mellor oportunidade para chegar a un acordo sobre o retorno de Gilad que agora, cando Hamás está pedindo un alto ó fogo. Sería unha atitude moral sen precedentes que o Goberno retirara ás forzas sen que Shalit fora devolto"
Actualización: agora que ven de declararses un alto ó fogo unilateral, os portavoces da campaña para a súa liberación declararon que a medida "é unha sentencia de morte para Gilad". Só unhas horas antes, os pais do soldado pedíanlle ao Goberno que calquera acordo levara incluído a liberación do seu fillo. Non será así.

[Máis:
Free Gilad Shalit]

Posible nova fronte no Líbano

Segundo recolle Infolive.tv, Hamás estaríase preparando para tomar o control dos campamentos de refuxiados no sur do Líbano, actualmente dominados polo Fatah. Segundo revelaron fontes de seguridade palestinas: "En Cisxordania Hamás é débil de máis coma para enfrentarse a Fatah, pero no Líbano está medrando en importancia".

16 de jan. de 2009

Arsenal na mesquita

No seguinte vídeo, gravado o martes, pode verse coma, ao entrar nunha mesquita, os soldados das IDF atoparon, xunto cun completo arsenal, un disparador antiaéreo:

Ese remoto e inexplicable motivo da operación militar en Gaza que, por máis que o intente mañán, tarde e noite, non alcanzo a entender

Ante esta nueva y cruel ofensiva israelí en la franja de Gaza, las palabras genocidio y campo de concentración han vuelto a la cruda actualidad. (...)

Por tanto, estaríamos ante un «más de lo mismo» si no fuera por la doble condición de víctima y verdugo que, en unos cuantos años, ha pasado a desempeñar el pueblo israelí. Si algo me llama la atención es cómo puede estar infligiendo tanto daño y horror un colectivo que hasta hace poco había sido víctima de una de las mayores atrocidades conocidas de nuestra historia. No llego a comprender cómo siendo sabedores en propia carne de lo que la crueldad humana puede llegar a hacer, ahora son ellos los que nos horrorizan con sus atrocidades. Se podrían buscar explicaciones en el odio o rencor que han podido generar sus exterminios en la Segunda Guerra Mundial, o en la
excusa de la legítima defensa [negriña e cursivas postas por min], o en las raíces históricas del siempre denostado pueblo hebreo. (...)

Me atrevería a apuntar que el problema de este y otros conflictos es de convivencia y de aprendizaje. (...) Nos falta aprender a comportarnos civilizadamente no tanto a nivel individual como en conjunto o a nivel social. (...)
Gabriel Vázquez en La Voz de Galicia.

Pregúntome, moi en serio, de onde sacarán a esta xente.

O paso lóxico

"Xa fixemos un chamamento aos nosos membros a boicotear productos israelíes, así que un boicot a negocios que sexan propiedade de xudeus ou atendidos por xudeus sería un lóxico próximo paso."

"Tal vez, en lugar de facer unha lista de cada negocio xudeu, algo que xa comenzamos a facer, deberíamos sinalar as rúas onde haxa unha maioría de negocios xudeus, para que a xente as evite á hora de facer as súas compras". (...)
Enfrontarse ao poderoso lobby sionista non é doado, pero os verdadeiros patriotas non claudican ante a primeira dificultade. Así o entende o sindicato italiano F.L.A.I.C.A.. Tal e coma afirma o seu presidente, Giancarlo Desiderati, "sabemos que teremos a todos en contra, pero non podemos deixar pasar silenzosamente o que está pasando en Gaza".

Para que quedara claro que é unha medida motivada non por xudeofobia senón por solidaridade, o presidente desta versión italiana da CIG puntualiza que "condenamos calquera forma de antisemitismo".

15 de jan. de 2009

And the Oscar goes to...

... Ramón Arce for:

Están disparando contra persoal médico!



Rodado con poucos medios e aínda menos escrúpulos, o corto gaña un lugar de honra na categoría: "O que non che dan as armas que cho dea a CNN". Visto en Chuza! e máis en Menéame onde, claro, é verdade revelada. Neste último, sen embargo, hai un comentario intelixente, curiosamente con varios votos positivos:
Vamos a ver, un poquito de karma-suicide:

El vídeo es penoso. Aparte de dos personas, no se ve a nadie más. No se como a partir de ese vídeo se puede afirmar que han sido disparos de israelíes, ni siquiera si han sido disparados. Tan solo se escuchan lo que parecen ser disparos, justo en el momento en que se pierde completamente el cuadro. A partir de ese momento, ya no se ve nada más, hasta que vemos a un señor tendido en la camilla. Por no verse, ni siquiera se ve si la herida existe o no. (...)
Nestes momentos é cando paga a pena recuperar os clásicos:



(o documental dura 18 minutos e pode descargarse)


Nota: por algún motivo non están funcionando os enlaces. Deixo a continuación os mesmos para a súa consulta:
Nova en Chuza!: http://chuza.org/historia/israel-ataca-pessoal-medico-com-francotiradores-denuncia-cooperante-espanhol-em-gaza-video/

Nova en Menéame: http://meneame.net/story/cooperante-espanol-graba-como-disparado-medico-palestino-tropas-israel#comment-22 (e enlace ao comentario arriba citado)

Difusión do vixésimo sexto crime contra a Humanidade cometido por Israel nos últimos vinte minutos: http://palsolidarity.org/2009/01/4186

E a reseña da imprescindible Pallywood: http://es.wikipedia.org/wiki/Pallywood

Este domingo en Madrid


O día 18 deste mes, ás 12:00 da mañá, terá lugar, fronte á Embaixada de Israel en Madrid, un acto de apoio e solidaridade co país mediterráneo. De solidaridade para que saiban que hai quenes no Estado español comparten as súas preocupacións, e de solidaridade porque a vaga de infamia que se desatou por estos lares ben merece ser contestada.

Se está dacordo, o lugar do encontro é aquí:



Ver mapa más grandev>

Somos unha potenzia

O que máis graza me fixo do delirante artigo que un tal X. Antón L. Dobao publicou en Vieiros contra a AGAI, que por ahí seremos arredor dos douscentos socios, é calificala de "influínte asociación"; o inconsciente debeulle traer ecos do lobby feroz, supoño :)

A verdade é que, bromas aparte, é unha mágoa. Houbo un tempo, non moi lonxano, no que Vieiros era un xornal digno que pagaba a pena ler. Agora, pola contra, publica cousas coma estas:

(...) A xustiza neste Holocausto é xa o menos importante comparada coa necesidade de sobrevivir. Porque se houber xustiza será terrible se ten que facer pagar tantísimos anos de aplicación da Solución Final planificada. (...)

Os outros, os implacables, os cínicos, saben ben diferenciar entre o dereito á lexítima defensa dun sufrido Israel e o instinto criminal dun pobo palestino, claramente inferior, incapaz de comprender que o seu destino é ofrecerse en Holocausto ó Pobo Elixido. (...)

O Estado de Israel, ademais de ocupador, é criminal, asasino masivo, xenocida. E tanto ten que se vista coas túnicas sangradas dun Estado de Dereito elevado polo pensamento blandiblú ó cumio de toda aspiración social humana. Tanto ten. Nada mudará a súa esencia criminal. Nada. Nin todos os Henry-Lévy, Glucksmann, Albiac ou o demo que os fundou mudará nada. Israel será por sempre, para todos os humanos de ben, a representación mesma da impunidade asasina, do odio, do terror, do poder fachendoso e cínico, da destrución, da infamia. E ese será o seu peor estigma. (...)

14 de jan. de 2009

Eles, os bondadosos

Gardiáns celosos do pensamento único, e escravos do seu medo a pensar en liberdade, disparan contra o pianista para impedir calquera posibilidade de reflexión crítica. Sobre o conflito de Palestina non se debate. Imponse argumentos camuflados de solidariedade e pacifismo, e calquera análise que estea fóra da ortodoxia progre é enviado aos infernos da maldade e da complicidade asasina. Por suposto, todo ben aderezado con campañas de difamación, insultos en todos os foros posibles, e algunhas lindas ameazas.
A liberdade cuspida, un artigo de Pilar Rahola.

Mapas


Para o xornal El País a capital de Israel é Tel Aviv. Daquela, porqué non ían os cidadáns de Sderot ser colonos?:

Reclamar a Israel un alto el fuego inmediato y que deje de machacar a la población de Gaza es compatible con exigir a Hamás que lo respete y que no vuelva a lanzar cohetes contra los colonos israelíes.

13 de jan. de 2009

Cen camións

Os cen camións de axuda humanitaria que Israel deixou entrar en Gaza o luns xa foron convenientemente asaltados por Hamás, roubadas as mercancías e vendidas ao mellor postor. Segundo declaracións do Tsahal, non puideron evitar o roubo porque a xestión da terminal está a cargo da UNRWA e da Cruz Vermella (anque supoño que se trata da Media Lúa Vermella).

Hamas on Monday raided some 100 aid trucks that Israel had allowed into Gaza, stole their contents and sold them to the highest bidders. (Jerusalem Post)
Visto en Del arte de cruzar los océanos.

Toda a verdade sobre a Faixa de Auschwitz

Un artigo esclarecedor de Joao Guisán Seixas sobre os intentos sionistas por agochar a verdade do nazismo. Grazas a el, por fin vin a luz.

Os judeus, como todo o mundo sabe, som maus e possuem o domínio dos meios de comunicaçom. Graças a este domínio conseguiram manipular a história em muitos aspectos, mas hoje interessam nomeadamente as suas mentiras acerca do que verdadeiramente aconteceu nos campos de concentraçom nazis, e que só há pouco ficou a descoberto quando esses meios de comunicaçom que eles dominam começarom a propalar o original e bonito pensamento (é tão fácil ser bom e profundo quando se fala na “causa palestiniana”!) de que os judeus estão a fazer com os palestinianos o mesmo que os nazis tinham feito com os judeus.

Sim senhores, já nom era sem tempo que se soubesse. Os judeus circulavam polo interior de Auschwitz, Trebinkla e outros campos de extermínio, em potentes 4x4 de importaçom, a disparar metralhadoras ao ar, a pregoar o extermínio dos alemães de qualquer condiçom, com as cabeças adornadas com fitas com versículos bíblicos que convocam todos os judeus à guerra santa para imporem a religiom do profeta (Isaías) aos gentis.

No interior destes campos (onde basicamente nom se fazia nada, nom se produzia nada, nom se exportava nada) os judeus recebiam inúmeros subsídios da Uniom Europeia (em muita maior medida que autênticos refugiados que autenticamente o necessitavam) que eles investiam em armamento e na manutençom da sua actividade criminal. Porque, nos seus tempos livres, os judeus dos campos de concentraçom se dedicavam a lançar mísseis de forma indiscriminada sobre as cidades alemãs próximas, em conivência com outros estados judeus vizinhos que pretendiam sem disfarces a destruiçom da Alemanha.

Contra o que comummente se afirma, os nazis nom exterminarom sistematicamente as crianças judias mal chegavam aos campos de extermínio, mas forom os próprios judeus que as utilizaram na sua guerra de propaganda, e na sua guerra sem mais também. Utilizavam-nas por exemplo no contrabando de armas através de túneis subterrâneos ou os mandavam a atirar pedras contra um exército que eles próprios denominavam de assassino e sem escrúpulos.

Quando nas batalhas contra os alemães morriam crianças judias, como morrem em todas as guerras (sobretudo quando nom se fai nada para as proteger), entom saíam com elas diante das câmaras de televisom que transmitiam diariamente para todo o mundo desde o interior dos campos de concentraçom, e no dia seguinte havia manifestações de boas pessoas na Itália de Mussolini, no Japom imperial, e outros países com regimes semelhantes ao nazi, em que se dizia “Deixem de atacar os judeus. Coitadinhos, deixem-lhes fazer o que quiserem, mesmo matar alemães. Estão a morrer muitas crianças!”

De facto, os nazis nom forom assim tão maus como se pensa. Contra o que a propaganda sionista pretende, nom mataram 6 milhões de judeus indefesos em 3 anos, mas apenas uns 60.000 em 60 anos de guerras defensivas, se é verdade o que dizem os meios de comunicaçom “bons e profundos” no sentido de que a situaçom dos palestinianos a respeito de Israel é igual à dos judeus a respeito da Alemanha nazi. Porque essa é a cifra de cidadãos árabes (nom só palestinianos, mas egípcios, sírios, iraquianos, jordanos e libaneses) que morreram em todas as guerras que os seus dirigentes alimentaram contra Israel.

Porque nom me digam que nom temos que estar até certo ponto agradecidos aos nazis que tivessem contido, com o seu próprio sacrifício, os intentos veementes dos judeus para estenderem os seus campos de concentraçom a todo o mundo!

Descubríronnos

Desgraçadamente no nosso país também existe um grupúsculo sionista.

Um pouco por toda a parte do globo, as Embaixadas israelís e os seus serviços de inteligência criam coletivos de apoio a este Estado colonial e as suas constantes ou periódicas carnicerias, normalmente situados no ámbito da extrema-direita e do neoliberalismo, como na maior parte do Estado Espanhol. Sem embargo, no nosso país mesmo tentarom agir dentro do nacionalismo galego, movimento que se caracterizou historicamente polo seu carácter anti-imperialista e internacionalista, nomeadamente em relaçom ao povo palestiniano e a sua heroica resistência fronte a ocupaçom sionista.

Merda, debimos disimular mellor. En fin, supoño que estos de Isca son demasiado hyntelijentes coma para enganalos.

12 de jan. de 2009

Cando todos nos movimos

(...) "por hacer paralelismos odiosos, es triste y lamentable que el pueblo de Israel en su conjunto -aunque "una parte" no esté de acuerdo con el Ejecutivo israelí, matizó- no recuerde aquel tiempo en el que toda la humanidad nos movimos en su favor para que no se produjera el exterminio del nazismo".
Cayo Lara, líder de Izquierda Unida, estrénase demostrando a súa miseria moral, unida á extrema ignorancia ou, mellor dito, ao esquencemento interesado. Cando todos nos movimos, disque.

Non contento con reescribir a Historia, quere que o embaixador israelí en España sexa expulsado porque o seu Goberno optou por defenderse de Hamás. Se esta é a esquerda que nos queda, coma decía a filósofa, "que paren el mundo, que yo me apeo".

Motivos

O que me gustaría lograr é poder mostrar cal é o motivo de que estes sexan os que se utilizan. Empezando pola resposta que deron os voceiros da IDF nunha charla na Universidade Hebrea de Xerusalén, sobre cal é o motivo de tanta cobertura do conflito e en especial do "sufrimento palestino". "O sangue vende" foi a resposta, pero habendo tantos conflitos armados onde se derramou moitísimo máis sangue, e producíronse verdadeiros xenocidios por que estes teñen tan pouca cobertura? Algúns analistas responderon a esta pregunta falando da importancia xeopolítica da zona. O cal tamén é falso, é un territorio sen ningún tipo de recurso natural. Ou se fala de que é o campo de batalla do choque de civilizacións. O cal tamén é falso. Posto que o enfrontamento non é entre oriente e occidente. Se non entre musulmáns moderados e radicais. O cal se demostra á hora de ver a cantidade de vitimas civís dentro dos países musulmáns que se producen por estes enfrontamentos e loitas intestinas. Entón van quedando poucos argumentos sobre os cales "a prensa libre" pode basear o seu interese e morbosa fascinación en mostrar as "crueldades" do estado xudeu. No entanto isto, Israel empéñase en tratar de demostrar cales son as razóns, as diferenzas nos riscos e nas tácticas dos dous grupos.

Por exemplo, o feito que o exército, tendo a capacidade de bombardear masivamente o territorio, elíxese un avance terrestre que pon en risco a vida dos soldados, onde a misión é ir casa por casa desactivando trampas e explosivos en lugar de destruílas con fogo de artillaría. (...)

Israel e os medios, de Isaac Galante.

11 de jan. de 2009

Onde estaban as protestas daquela?

Sderot_298_b

Sderot_050507 Sderot_051507a

Sderot_2278_a

Sderot051707a Sderot_051707b

Sderot_051707j Sderot_051807b Sderot_051807a Sderot_052007b Sderot_052007f Sderot_052507 Sderot_082807b Sderot_121307 Sderot_121307c Sderot_injured Sderot_kids_drill Sderot_051607b Sderot_122007 Sderot_kassam_map




































































































































































































































































































































O mapa da vila de Sderot, coa ubicación dos cohetes caídos, corresponde a febreiro do 2008. Isto é, non recolle o periodo de maior virulencia, o último ano.


Coma comprenderán os que veñen aquí a indignarse, nestos días son totalmente impermeable ás críticas de quenes choran cun só ollo.


Máis en Jewish Current Issues.