22 de jan de 2009

Un euriño, por favor ...

Fun ler Vieiros, e atopeime con este alegre encabezado:

O goberno hebreo [sic] contrata persoas para que comenten ao seu favor en blogs antisionistas, mentres as webs israelís son albo de ataques de piratas informáticos pro-palestinos.
Logo, no artigo, revelaba que non hai tal contrato:
O programa está formado por cidadáns voluntarios que falen algunha lingua estranxeira para representar a voz de Israel nos "blogs antisionistas" en linguas como o inglés, o francés, o castelán ou o alemán.
Eles viven totalmente das subvencións, e aínda calumnian a quenes defenden a Israel por conciencia.

[Nota: o que non quita que, iso de que te teñas que rexistrar e che indiquen eles a onde ir, no canto de facelo ti directamente, me parezca unha tontería]

3 comentários:

MAR disse...

¿Dónde puede haber alguien que se exponga a ser insultado si no es por dinero? ¿"Amor" o "Justicia"? ¿Einnnnn? ¿Volun...quéeeeee?

J. disse...

Coma a eles, baixo esa retórica ultra-revolucionaria, o único que lles importa son os cartiños, cren que todos os que mantemos posicionamentos políticos, e máis se son impopulares, o facemos polo mesmo.

Liberados políticos e sindicáis, tropecentosmil pseudo-intelectuáis cobrando por publicar nos xornáis e participar en xornadas, políticos que si non tiveran a Israel para canalizar as cóleras populares terían que admitir que carecen de discurso... isto é todo canto hai no nacionalismo galego. O demáis é auto-enganarse.

J. disse...

O meu comentario anterior é, coma pouco, arroutado. Dito nun momento de cabreo, si, pero moi probablemente desmedido.

Ten que haber máis. Négome a crer que non haxa máis.