5 de jan de 2009

Hei Callón, le isto!

... ou coma os nostálxicos da URSS teñen moi bóa mala memoria para os xenocidios. Agás para os de verdade, claro. En fin, nada novo baixo o sol.





Por mor das accións de guerra levadas a cabo polo Tsahal contra Hamás en Gaza os yihadistas e os antisionistas de todas partes do mundo cualificaron as operacións militares israelís coma xenocidio. Unha parte da esquerda europea, a catalá incluída, sumouse coa pretensión de negar toda lexitimidade ao Estado de Israel a base de equiparalo co réxime nazi. Hai un consenso internacional, máis ou menos, para denominar xenocidio o asasinato masivo e sistemático de grupos humanos por motivos políticos, étnicos ou relixiosos. A noción vai ser formulada xuridicamente por un xudeu polaco, Raphael Lemkin (1900-1959) xa antes da Segunda Guerra Mundial tendo como referencia o xenocidio sufrido polo pobo armenio (1915-1916) a mans do imperio turco por motivos relixiosos (o obxectivo era eliminar os cristiáns do seu territorio e consolidar o monopolio islámico, por isto tamén diezmaron os asirios -católicos caldeus- xunto cos armenios). O ascenso ao poder do comunismo en Rusia e do nazismo en Alemaña permitiu a comisión de xenocidios por motivos político-ideolóxicos (a fame provocada por Stalin como método para dobregar o pobo de Ucraína nos anos vinte e trinta causou case dez millóns de vítimas) e étnicos (o holocausto dos xudeus e dos xitanos europeos a mans do nazis e os seus colaboradores). A esquerda europea de posguerra eludiu sistematicamente afrontar a realidade dos xenocidios cometidos en aras do comunismo (por pór un exemplo, o do pobo de Camboia a mans dos khemers vermellos a partir do 1975), recoñeceu de mala gana o holocausto provocado polos nazis, e calou durante o xenocidio -de carácter étnico- de Ruanda (1994) e cala perante o do Darfur -do cal son vítimas as poboacións negras animistas a mans do réxime islamita do Sudán- na actualidade.

Libros como o de Harald Welzer, "As exécuteurs", no cal analiza o proceso de formación da conduta xenocida son desgrazadamente excepcionais. O holocausto sufrido polos xudeus europeos foi un dos elementos determinantes que conduciu á partición da Palestina británica, acordada polas Nacións Unidas o 1947 en dous estados, un xudeu e un árabe. Os estados árabes e as correntes ideolóxicas que non admitiron nunca aquela decisión, nin por tanto a lexitimidade do Estado de Israel, contrapuxeron a "naqba" (o desastre) dos palestinos ao 1948 -a derrota militar ante o exército xudeu e o exilio de centenares de miles de habitantes- como elemento lexitimador da súa causa nacional. Esta reacción foi asumida por motivos ideolóxicos por boa parte da esquerda europea que fixo do antisionismo un dos seus sinais de identidade xunto coa antiliberalismo ou o antiamericanismo. Estas teses convertéronse hexemónicas tamén en Catalunya a partir dos anos setenta até o punto de que o ano pasado as principais institucións catalás (Concello de Barcelona, Deputació de Barcelona e Generalitat de Catalunya) non atoparon ningún inconveniente en apoiar á campaña "Palestina ao corazón" que conmemoraba o sesaxésimo aniversario da "naqba", tal e como se pode comprobar visitando o lugar http://www.naqba-catalunya.blogspot.com/. O pacifismo autóctono tamén participa desta visión de parte e así se mobiliza masivamente cando hai un conflito no cal interveñen Estados Unidos ou Israel e fican mudos cando é Rusia quen ataca Xeorxia, este verán pasado, por exemplo. O antisionismo é a forma moderna da xudeofobia de orixe cristiá que actúa sobredimensionando os feitos de guerra responsabilidade de Israel -reais e documentados polos mesmos historiadores isrealis- equiparándoos á categoría de xenocidios. Esta actitude pouco rigorosa historicamente e xuridicamente, busca a banalización dos xenocidios realmente feitos e dos que se poden cometer no futuro (como as ameazas de Esfandyar Rahim Masahei, vicepresidente iraniano: "O mundo debe destruír o Estado de Israel", mentres reza na Meca en compañía do presidente sudanès -ver Aurora Dixital do 10 de decembro do 2008). O presente ataque do exército israelí a Hamàs, previa provocación inevitábel, como escribe acertadamente Joan B. Culla, debe ser tratado politicamente, atendidas as repercusións de carácter estratéxico que ten en todas as ordes, tendo como obxectivo unha paz xusta e duradeira que só se pode lograr a partir do mutuo recoñecemento das partes enfrontadas e o rigor histórico e xurídico das solucións propostas. E o primeiro paso é non banalizar os conceptos políticos que se usan para situarse respecto do conflito árabe-isrealí.

7 comentários:

Anônimo disse...

"SR." Julicheiro, leva vostede estes últimos días colgando post co fin de xustificar o inxustificabel, a verdade é que para súa/vosa conciencia sionista ten que ser un tremendo esforzo. Se a iso lle engadimos o intento de amosar como aberrantes as críticas do nacionalismo contra o xenocidio do "ilegal" estado de Israel, debuxan de vostede un perfíl moi clarificante.
Continue, prégolle que continue co ridículo.

Julicheiro disse...

Non señor. Inxustificable é chamrlle "xenocidio" a esta operación militar, que se pode criticar con vintemil motivos, sen ter que pervertir as palabras. Qué quere que lle diga; para min, inxustificable é que xente que defende a Fidel Castro e ao réxime iraniano agora veña coa trosma de que están moi concienciados cos Dereitos Humanos.

Anônimo disse...

A definición de “terrorismo” como uso da violencia contra civiles para lograr un obxetivo político, define perfectamente ao sionismo. Escudados en misiles de curto alcance que apenas teñen causado ningunha vitima xustifican a mal chamado "dereito a defenderse", detrás está un bloqueo durísimo contra Gaza e un non recoñecemento dun goberno elexido por os propios palestinos.
Isto é un "xenocidio". Comparar ou criticar outros réximens, e querer desviar atención. Se a vostede lle consola chamarlle a un acto de terrorismo (terrorismo de estado)"operación militar" para enganar a súa conciencia, ten un problema.
Agora non faga desta barbarie un problema semántico.

Anônimo disse...

Ah! esquecíame. Nova publicada nun xornal de prestixio (o diario británico 'The Times'), para que centrifugue a túa conciencia nesas loitas semánticas que tes.

"Israel podría haber utilizado fósforo blanco durante sus operaciones de ayer en la Franja de Gaza, un material cuyo uso no es ilegal si se utiliza meramente como cortina de humo pero que está prohibido por las Convenciones de Ginebra en las zonas habitadas por civiles"

Julicheiro disse...

Coido que non son eu quén ten un problema coa semántica.

Tanto os vocablos "xenocidio" coma "terrorismo" son incorrectos para definir as operacións militares levadas a cabo por Israel, tanto esta coma calquera outra no pasado.

Na definición de xenocidio abonda con remitirse á que da o independentista Renyer no artigo. Por lamentables que nos parezan as vítimas inocentes (a min tamén, ou cre que a algúen, fora deses alegres altermundistas de Hamás, lle agrada ver as imaxes de nenos feridos e mesmo mortos?), en Gaza non hai un "asasinato masivo e sistemático de grupos humanos por motivos políticos, étnicos ou relixiosos"; hai unha loita contra unha facción terrorista que se cobra vítimas inocentes. Xente que, na maioría dos casos, son empregadas polos propios milicianos, coma se lles chama aquí, coma escudos humanos.

Polo que respecta ao terrorismo, o mesmo consiste en atacar deliberadamente brancos civís para conseguir provocar unha situación de terror que oriente á poboación cara unha determinada postura política. Isto é, se o Tsahal fixera cos palestinos o que Hamás fai cos israelíes, daquela o uso da palabra "terrorismo" estaría xustificado. Acontece que, a diferenza do que os islamistas, ese non é o proceder do Exército de Israel. Nin agora nin nunca. Por exemplo, as tropas internacionáis destacadas en Afganistán teñen unha tasa de mortandade de civís abrumadoramente máis alta da que producen as FDI, e ninguén con dous dedos de frente (exclúo, pois, a unha bóa porcentaxe do nacionalismo galego), consideraría que ditas tropas son terroristas. Erran máis ca un trabuco de feira, pero iso non os convirte en terroristas.

O problema que subxace non é soamente semántico, anque o uso perverso das palabras que fai a esquerda de salón denota moito máis ca unha imprecisión evidente. Trátase de que xente que nunca vai a pedir perdón polos xenocidios (os de verdade, uf, qué pesadez...) cometidos no nome das súas ideas atopou no antisemitismo un escudo para protexerse da realidade. Ao fin e ao cabo, a xudeofobia xa era a válvula de escape dos fracasados antes de que o comunismo ficara reducido a escombros. Coma comprenderá, que un fulano dun partido cuxo máximo lider considera que Galiza debe ter coma referente internacional á República Islámica de Irán, que se poña a dar unha lección de Dereitos Humanos fai que me descojone moito, moito, moito. En serio cren estes revolucionarios de moqueta que, fora da cutrepanda, enganan a algúen? Vamos, coma moito liarán a algún adultescente coas hormonas polas nubes, que habelos hainos. Mais alá, pues lo dudo.

Con respecto ao "goberno elexido polos palestinos", supoño que non será necesario tirar dos libros de Historia para demostar que os gobernos democráticamente elexidos que, unha vez no poder, alteraron o orden constitucional para perpetuarse no poder (ahí o partido nacionalista dun tal Adolfo, un fulano con moita sona no mundo musulmán, by the way), perderon a lexitimidade que as urnas outorgan. Isto é; se logo de gañar unha elección paso a coitelo a oposición (anque os hamasitos eran máis dados a esposar aos de Fatah e tirados dende as azoteas, pero, qué carallo! cando peores non son os sionistas!), ben pouco podo exixir que se me respete coma gobernante democráticamente elexido. Outra cousa é que a nosa pseudo-progresía de cartónpedra só estea concienciada coa democracia xusto con quenes máis a pasan polo forro. O cal fala moito de uns e outros.

Respecto das bombas de fósforo (das que non sabía nada, estiven toda a tarde fora), confío en que se estean a empregar adecuadamente, isto é, fora de onde poidan danar a civís. De todos xeitos, estarei atento ao tema.

Un dos arguementos máis machaconamente oídos estos días é o da "desproporción" entre os ataques palestinos a Israel e a resposta israelí, coma se o símbolo do Tsahal debera ser o código Hamurabi. Para ser proporcionáis, cada vez que un cohete qassam matara a un civís israelí, os soldados das FDI deberían entrar en Gaza, coller a un palestino das mesmas características do israleí abatido, e pegarlle un tiro na fronte. Dígame, cre que lle parecerían ás almas sensibles esa solución máis humanitaria?

Anônimo disse...

Vexo que está ben a doctrinado no seu discurso sionista, é o que ten facer da defensa dun conflito imperialista o epicentro da vida. Costa entender esta militancia sionista nun europeo.
Para que sega centrifugando a súa conciencia, mire a televisión e vexa como Israel bombardea unha escola coa bandeira da ONU,algo prohibido ata polas leis da guerra, estamos ante un genocidio onde nen se permite testigos mediátios nen se lle permite a pobación civil fuxir (obxetivo terrorrista do estado de Israel), claro que a vostede isto ten que tronchalo de risa

Julicheiro disse...

Si, combatir o terrorismo de Hamás (tan respetado pola nosa pseudo-progresía de cartón pedra) é unha guerra imperialista. A cegueira moral dunha parte da nosa esquerda é algo que, por moito que o vexas, non deixa de ser sorprendente.

Se quere crer que o obxetivo é a poboación civil, daquela terá que coincidir comigo en que os meus caros israelíes terán moitas virtudes, pero unha delas non é a puntería. Se coa súa superioridade militar, e nun terreo tan superpoboado coma Gaza, apenas son quén de matar a pouco máis de medio milleiro de palestinos, ou moi ben se agochan estos ou os soldados do Tsahal necesitan todos gafas novas.

Sorpéndelle que coma europeo apoie a Israel. Iso é máis propio deses porcos capitalistas de ultramar, supoño, porque os nobres e xustos concienciades da vella Europa nunca farían nada que puidera socavar á Humanidade. Ben llo sei. Sen embargo, a algúns o que nos indigna é que haxa xente que finxa, formalmente, condear séculos de antisemitismo, pero que ao mesmo tempo sexa incapaz de poñerse na pel do Outro HOXE.

Ah, e sobre as escolas, por favor, bótelle un ollo a como respetan os terroristas islámicos as convencións internacionáis sobre DDHH: http://kontratempos.blogspot.com/2007/11/gaza.html