12 de jan de 2009

Motivos

O que me gustaría lograr é poder mostrar cal é o motivo de que estes sexan os que se utilizan. Empezando pola resposta que deron os voceiros da IDF nunha charla na Universidade Hebrea de Xerusalén, sobre cal é o motivo de tanta cobertura do conflito e en especial do "sufrimento palestino". "O sangue vende" foi a resposta, pero habendo tantos conflitos armados onde se derramou moitísimo máis sangue, e producíronse verdadeiros xenocidios por que estes teñen tan pouca cobertura? Algúns analistas responderon a esta pregunta falando da importancia xeopolítica da zona. O cal tamén é falso, é un territorio sen ningún tipo de recurso natural. Ou se fala de que é o campo de batalla do choque de civilizacións. O cal tamén é falso. Posto que o enfrontamento non é entre oriente e occidente. Se non entre musulmáns moderados e radicais. O cal se demostra á hora de ver a cantidade de vitimas civís dentro dos países musulmáns que se producen por estes enfrontamentos e loitas intestinas. Entón van quedando poucos argumentos sobre os cales "a prensa libre" pode basear o seu interese e morbosa fascinación en mostrar as "crueldades" do estado xudeu. No entanto isto, Israel empéñase en tratar de demostrar cales son as razóns, as diferenzas nos riscos e nas tácticas dos dous grupos.

Por exemplo, o feito que o exército, tendo a capacidade de bombardear masivamente o territorio, elíxese un avance terrestre que pon en risco a vida dos soldados, onde a misión é ir casa por casa desactivando trampas e explosivos en lugar de destruílas con fogo de artillaría. (...)

Israel e os medios, de Isaac Galante.

Nenhum comentário: