17 de jan de 2009

Invernadeiros

Para aqueles que inundan a rede con comentarios nos que culpan a Israel da ruína económica de Gaza, que consideran que ésta se debe aos controis fronteirizos, e que opinan que o auxe de Hamás é resonsabilidade do Estado de Israel por esta situación, lean a continuación:

"En agosto do 2005, en vésperas da retirada israelí de Gaza, un consorcio de filántropos encabezado por Jameson Wolfensohn, daquela presidente do Banco Mundial, movilizouse para mercar por catorce millóns de dólares os invernadeiros pretencentes aos colonos israelíes. Tratábase de 3.200 invernadeiros de última xeración e equipados coa máis alta tecnoloxía, que producían para o mercado interno de Israel, e exportaban hortalizas, froitas exóticas e flores tempraneiroas a Europa cun valor agregado. Moitos milleiros de palestinos gañaban o seu sustento neles. A idea dos donantes, todos xudeus dos EUA, era entregar esos 3,5 millóns de metros cadrados de invernadeiros aos palestinos nun xesto de reconciliación e esperanza cara o futuro."

Así os recibiron:




"Inmediatamente logo de que Israel se retirara da Faixa de Gaza ata o límite internacional, masas de palestinos azuzados por Hamás saquearon e destruíron os invernadeiros, levándose as mangueiras de rego, bombas de auga, e fundas plásticas de protección, ata reducilos a escombros. A Autoridade Nacional Palestina non puido evitar o vandalismo e a destrucción da fonte de vida de milleiros de persoas, noutro duro golpe aos esforzos por construír a Faixa de Gaza e brindarlle un horizonte de desenrrolo e prosperidade."

Así os deixaron:



Se lle importa o futuro do pobo palestino, e xustifica a Hamás porque cre que é beneficioso para o mesmo, por favor, penseo de novo.

Nenhum comentário: