16 de jan de 2009

O paso lóxico

"Xa fixemos un chamamento aos nosos membros a boicotear productos israelíes, así que un boicot a negocios que sexan propiedade de xudeus ou atendidos por xudeus sería un lóxico próximo paso."

"Tal vez, en lugar de facer unha lista de cada negocio xudeu, algo que xa comenzamos a facer, deberíamos sinalar as rúas onde haxa unha maioría de negocios xudeus, para que a xente as evite á hora de facer as súas compras". (...)
Enfrontarse ao poderoso lobby sionista non é doado, pero os verdadeiros patriotas non claudican ante a primeira dificultade. Así o entende o sindicato italiano F.L.A.I.C.A.. Tal e coma afirma o seu presidente, Giancarlo Desiderati, "sabemos que teremos a todos en contra, pero non podemos deixar pasar silenzosamente o que está pasando en Gaza".

Para que quedara claro que é unha medida motivada non por xudeofobia senón por solidaridade, o presidente desta versión italiana da CIG puntualiza que "condenamos calquera forma de antisemitismo".

Nenhum comentário: