8 de jan de 2009

Sacarlle partido á infancia

6 comentários:

Anônimo disse...

Es terrorífico. Da escalofrios verlo.

Anônimo disse...

Identificar todo o pobo Palestino con Hamas, é un erro intencionado pola súa parte.
Persoalmente reprocho calquera tipo de sociedade que fundamenta a súa ixistencia nunha teocracia, non comparto para nada o fundamentalismo desta xente.
Pero acupación de Israel é ilegal e ilexítima.
PALESTINA VENCERÁ-

Julicheiro disse...

A ver, dígame cómo, dun post que consiste únicamente nun vídeo no que se ve a un membro de Hamás agarrando a un neno para usalo de escudo humano, deduce que identifico a todo o pobo palestino coa organización islámica.

Anônimo disse...

Refírome que leva vostede días nos seus post, confundindo Hamás con Palestina. Unha cousa e Hamás e outra cousa o dereito do Pobo Palestino a liberarse do sionismo.
Para que me entenda, que me entende perfectamente, se extrapolaramos o conflito ao estado Espanhol vostede referiríase como etarras a todo o pobo de Euskadi. E iso só ten unha intención, a súa, propaganda e levar a confusión aos que non seguen polo miudo o que acontece.
Sega vostede nesa ardua tarefa.
Un saúdo.

Julicheiro disse...

Iso de que identifico ao pobo de Gaza con Hamás dio vostede, non eu. Precisamente o que me reventa é que en Europa haxa tanta xente que estea disposta a lavarlle a cara a calquera cousa que veña do terceiro mundo, sen nin sequera unha migalla de sentido crítico.

Hamás é unha organización islámica que defende unha interpretación rigorista da tradición islámica (e non tanto do Corán en si) e que, dende expulsou a Al Fatah da Faixa, impón a súa pauta sen miramentos. Os cristianos estanno a pasar realmente mal alí, e os xudeus foron retirados pola forza polo goberno de Israel hai dous anos. A semana na que se iniciou a operación viñan de aprobar unha manchea de normas entre as que se incluía a de cortarlle a man aos ladróns. Cousas que, é curioso, nunca acaban nos blogues dos supersolidarios de onte para acá.

Hai na esquerda europea en xeral unha, digamos, xenofobia light, que identifica que todo canto ven de certos países é bó, e todo canto ven doutro é malo. Que nin sequera xente supostamente laica e progresista sexa quén de denunciar en Palestina o que nunca aceitaría nos seus países non axuda a que mude de opinión. Que xente que se indinga e saca moitas fotos cos crespóns negros e amosa o seu gran corazón cando as vítimas caen a mans dos crimináis de ETA fique logo muda cando o terrorismo é padecido por israelíes, tampouco. E, por suposto, son absolutamente impermeable ás críticas que nesta guerra poida vir a verquer esa xente.

Se por sinalar co dedo o que un grupo palestino en concreto, Hamás, está a facer, é ir contra todos os palestinos, acaso sinalar a xustificación do franquismo que fai Manuel Fraga sería ir contra os galegos? E lémbrolle que, a diferenza de Hamás, que logo de gañár unhas eleccións expulsou polas armas á oposición (asasinando a un cento longo deles), o político de Vilalba enlazou varias maiorías absolutas en sucesivas eleccións democráticas.

En todo caso, coido que son outros, os que identifican Valladolid e fascismo, Madrid e PP, ou Israel e Satán, quenes teñen un severo problema de xenofobia.

Julicheiro disse...

"Rebentar" e non "reventar" e, penso, "quen" sen til, entre outras fallas de ortografía. E tres anos e non dous dende a retirada dos xudeus de Gaza.