26 de jan de 2009

Manolo Bragado coma punta do iceberg

Estaría ben algo máis elaborado, si, pero é que, por debaixo de certo umbral, razonar é perder o tempo. O típico: en terra de lobos, oubea como todos, Ahí vai, pois, o meu particular fósforo branco:

Vamos a ver. Hai dúas formas de negacionismo; o que vai de cara, defendido pola extrema-dereita, segundo o cal non houbo Holocausto, e o sibilino, defendido pola esquerda, segundo o cal si, pasou algo, pero vamos; é coma o de Palestina. Dous camiños para chegar ao mesmo sitio; que ao final, o Holocausto, tampoco foi para tanto. Ao fin e ao cabo, se nestos días se está facendo algo igual, qué sentido tería lembrar algo que total xa pasou.

O arranque de subnormalidade de Manolo Bragado (I, II, III e IV), sen embargo, si merece unha atención especial. A diferenza dos mocosos coas hormonas polas nubes e a cultura polo chan que inundan os foros na rede, pintan suásticas equiparándoas á Estrela de David, e falan dos Dereitos Humanos mentres defenden a Fidel Castro, este señor é o director de Edicións Xerais de Galicia que, xunto con Galaxia, é a editorial máis importante do País. Ahí é nada.

Digo eu; cantos intelectuáis de medio pelo, dos que nos aleccionan á primeira de cambio coa súa auto-atribuída superioridade moral, van a sinalar isto co dedo? Sospeito que a cifra de valentes oscilará entre cero e ningún. Xa se sabe que o que se move non sae na foto, e aquí, por méritos propios, moitos nunca serían retratados.

Definitivamente, un país onde o director da editorial máis importante fai ostentación pública de negacionismo no seu blogue, demostra que, por moito que a nosa cutre-intelectualidade se crea vacinada de odios grupais por ler a un escritor africano ou ver un filme rodado en Iraq, o máis antigo e virulento de cantos houbo en Europa segue tan vigoroso coma sempre. A mesma merda, iso si, cun barniz cultureta.

Grazas ao Google Analytics sei que hai xente que le isto en Israel; Haifa, Azor, Ramat Gan, Guivatayim,... A eles lles digo; isto é Europa, señora. Aquí non hai nada que rascar. Mentres a paz non chega, merquen bóas armas, entrenen ben cada día e, cando o fascismo ameace, fálenlle no único idioma que entende. Sen miramentos.

Coma Ulises, amárrense á razón para que estos cantos de serea non os leven cara as rochas.

3 comentários:

emereci disse...

Se hai alguén que fai gala dun "negacionismo" imenso, ese é vostede.

SIMON BAR KOCHBA disse...

Bravo Julicheiro!
Sustento tudo o que dizes neste post de cabo a rabo.
Se algum dia te achas na disjuntiva de ter que publicar alguma criação literária ou de investigação, isso sim, aforra-te enviar o orixinal a Dr. Marañón, 12. Bemvindo ao clube!

Anônimo disse...

O de Bragado creo que ten unha explicación moi simple: os cartos da Consellería de Cultura