27 de set. de 2008

Paul Newman

O actor en Exodus. Imaxe: Wikipedia Commons.

A realidade supera a ficción, máis o que non facer é emular o poder de atracción desta última. Sobre todo, cando se proxeta sobre pantalla de cine.

A escena é ilustrativa disto. A comenzos do verán, estabamos tomando unha cañas nunha terraza de Aranxuez varios israelíes e outros do Reino de España; todos xudeus, agás eu. Nun momento dado, algúen lembrou que uns días antes falecera o comandante da nave Éxodo, que levou a milleiro de xudeus á llixuv.
- Cómo? En serio? Pero se aínda o vin o outro día nunha entrega de premios! - dixo unha das israelíes.
- Non - explicoulle outro -, o actor que fixo del na película non. Morreu o de verdade.
- Ah, menos mal. Pensei que morrera Paul Newman.
A reación fíxonos graza, e seguro que llela faría tamén ao propio Newman, asemesmo xudeu. Acabase de facer público que non foi capaz de superar o cancro que padecía dende hai meses, co que xa nin o real nin o ficticio nos quedan. Non se me ocorre mellor homenaxe que ver o camiño cara a salvación que un emprendeu na realidade e outro recreou no cine. Descanse en paz.

25 de set. de 2008

Un home concienciado

A gran preocupación que os islamistas senten cara os Dereitos Humanos non é algo que nos pille de sorpresa. E coma ben adoita a lembrarnos moita xente que se autodenomina de esquerdas, o verdeira ameaza que estes sofren no Oriente Próximo non ven da man de Hamás, Hizbolá, o réxime iraní ou os Irmáns Musulmáns, senón de Israel.


Sabendo que Sir Paul McCartney tiña pensado actuar no Pequeno Satán (xa chegou, aquí está o vídeo), o influínte clérigo Omar Bakri fíxolle saber o seu descontento.
"Os amigos dos nosos enemigos son os nosos enemigos. Por tanto, Paul McCartney é agora o enemigo de todo musulmán do mundo. A súa decisión convírteo en enemigo del Islam. Se valora a súa vida, aconsellámoslle que non viaxe e actúe alí. Non estará seguro e as operacións de sacrificio (accións suicidas) estaráno agardando" (...)
Porqué Bakri reacciona así ante o concerto? Porque é retrógrado, violento e fanático? Porque defenda unha versión fascista do Islam que leva na súa natureza erradicar calquera atisbo de disidencia? Porqué é máis dos Rolling? Non, non e non. Se pensan así, están vostedes moi equivocados. De feito, Bakri enfádase porque está preocupado polos Dereitos Humanos. Porque Paul McCartney, coma el apunta, "debería avergoñarse de actuar nun Estado-Apartheid coma Israel". 

23 de set. de 2008

As autoridades califican

Un palestino ha sido abatido a tiros tras herir al menos a 19 personas con un coche en el centro de Jerusalén la tarde de este lunes, en lo que las autoridades califican de "ataque terrorista".
El País, na súa liña.

[Máis: segundo informa a axencia de noticias palestina Ma´an (vía Jerusalem Post), a acción non foi tan espontánea coma recolle a prensa daquí: "Nunha chamada telefónica a Ma´an, un grupo chamado Nisour Al-Jalil responsabilizouse do ataque"; Vídeo en Infolive.tv]

21 de set. de 2008

Un desexo infantil

Martin Amis, no XL Semanal:

P: Ve puntos comúns entre os dous totalitarismos do século pasado - o nazismo e o comunismo - e o islamismo que denuncia?

R: A diferenza fundamental é que Al Qaeda non é un Estado. Díxose en ocasións que é un Estado virtual, nado da era de internet. Máis Al Qaeda non posúe avións, nin dispón dos medios e recursos dun Estado. Coma movemento, comparte cos totalitarismos unha mesma lóxica emocional, un mesmo romanticismo baseado na autocompasión, un mesmo desexo infantil de destruír. Tende a valerse tanto do arcaísmo, coma da modernidade. Utiliza todo o que o mundo moderno pode ofrecerlles, ao mesmo tempo que ensalza unha utopía con catorce séculos de antigüidade. O odio ás sociedades occidentáis, ao individualismo, a obsesión polo sacrificio e a búsqueda do martirio, a obsesión por unha pureza xamáis alcanzada e un antisemitismo exacerbado son outros tantos puntos comúns. Fundamentalmente, trátase de ideoloxías que dan as costas á razón e á moral. Algo que, a corto prazo, é moi liberador: todo se volve posible, desaparecen as prohibicións, sínteste de súpeto cheo dunha incrible enerxía.

P: Para os islamistas, a morte é desexable.

R: Si, é o principio mesmo do martirio. Pero hai algo irrisorio en este tipo de sacrificio. (...) o yihadista está concenvido de non morrer realmente: o acceso ao paraíso é inmediato e precede ao instante da morte. Non existe outra forma de ascender tan rápidamente ao reino dos ceos. (...) Non sei o que ocorre en España, máis aquí, en Gran Bretaña, sempre amosamos unha gran inocencia racionalista sobre esta cuestión. A xente sempre tende a convencerse de que os kamikazes que morren ao explotar a bomba que levan adosada constitúen a única arma da que dispoñen os pobres e os oprimidos. Non conseguen ver que o islamismo radical é en realidade unha seita, un fenómeno patolóxico.

13 de set. de 2008

Será verdade?

Sophia L. Freire, nos Últimos días de Bar Kochba.

Apoiar a Palin/McCain é desmascarar a maquinária esquerdista metastizada em quase todos os meios de comunicação; esses râncios hipócritas que, a falha de argumento melhor, levam duas semanas lapidando a uma adolescente pelo delicto de estar embaraçada, não estar casada e não ter abortado. Quando os progressistas começam a agir histericamente como se fossem contrários ao sexo pré-matrimonial e a que uma mulher com filhos poda fazer carreira política, sabemos que a eleição para a vicepresidência de McCain tem acertado na sua linha de flotação. (...)
Tiña pensado votar a Hillary, e agora, tamén imaxinariamente, farei o propio con Obama. Hai unhas semanas, a victoria deste último asemellaba clara máis, co nomeamento de Palin, estarán tan nerviosos os demócratas coma suxiren neste artigo?