31 de out. de 2008

Eleccións Xeráis

Finalmente non haberá Goberno. Trala negativa do Shas a entar na coalición, as elecións quedan fixadas para o dez de febreiro. Haberá que ver se a lider do Kadima é quén superar daquí a aló as reticencias que aínda esperta entre o electorado (demasiado de esquerdas para certa dereita, e vista con recelo para os votantes tradicionaís do laborismo, sobre todo polo tema de Xerusalén). Polo pronto, o seu partito pecha filas en torno a ela. Coma afirma Yoel Jasón sobre as pretensións dos xasídicos sefardíes:

Hai que decir que todo líder que aceitara estas demandas extorsivas de feito non sería un lider. A alternativa de formar un Goberno tería servido para hipotecar a economía israelí, hipotecar mesmo o peto de todos nós, os cidadáns de Israel. (...)  
 

25 de out. de 2008

El típico rito

- Pero eso es una cosa típica judía...
- ¿Qué? ¿Envenenar?
- No en La Guardia, que ha ocurrido en mucho sitios... sobre todo en Centroeuropa ha ocurrido eso con cierta frecuencia.
- ¿No puede ser que esto es un invento, una acusación que no tiene base?

O diálogo non se produciu nun consello de clérigos iraní, nunha madrasa paquistaní ou nun programa de televisión de Gaza. Corresponde a un vídeo grabado no 1995 en Toledo, onde se pode ver a ingnorancia e o fanatismo que séculos de relixión católica obrigatoria deixaron na Península. Porque, coma din na gravación, todo o pobo sabe que é certo (e se algúen se atreve a cuestionalo, primeiro veñen as mofas, logo vaise perdendo a paciencia, e acabarán zoscándolle, por provocador).

Duración: 5' 10''

21 de out. de 2008

Pio XII

Aumentan as tensións diplomáticas entre o Vaticano e Israel por mor do proceso de canonización de Pío XII. Logo de que un cardeal filtrara que Benedicto XVI non viaxará a Israel mentres non se retire do Yad Vashem a foto do Papa colaboracionista, éste volve a sementar a discrodia entre os dous Estados:

Las relaciones entre Israel y el Vaticano han estado siempre empañadas por el asunto del estatus de Pío XII y la posición del Vaticano durante la Segunda Guerra Mundial. Luego de que las relaciones fueron establecidas, un comité que incluyó a tres historiadores católicos y tres judíos fue nombrado para intentar acercar a los defensores de las dos versiones contrapuestas.
Sin embargo, poco después de haber sido establecido, el trabajo del comité fue detenido debido a la negativa de la Iglesia Católica de permitir a los investigadores el acceso a su archivo, a excepción de 11 volúmenes de escritos diplomáticos, que son insuficientes para dar luz sobre las 49 preguntas formuladas por dicha comisión. (...)

Pola súa banda, o historiador Doutor Minerbi, que no seu momento rexeitou formar parte de dito comité, afirma que a negativa a deter o proceso de canonización pode ter un transfondo máis espúreo que teolóxico:
Minerbi cree que la renovada disputa se debe a sucesos que están por debajo de la superficie en las relaciones entre los dos Estados. La oportunidad perdida por Israel se debe a dos asuntos: el compromiso de regularizar la situación de la Iglesia Católica en Israel, y de eximirla de tener que pagar impuestos. “Israel no cumplió con estos dos compromisos”, afirmó el investigador. (...

Sexa como for, o malestar en Israel é máis que notorio. Onte, mesmo nunha páxina do Kadima apareceu unha imaxe do Sumo Pontífice cunha suástica, logo retirada a petición de Tzipi Livni:
An image of Pope Benedict XVI with a swastika over his face appeared Monday on a Web site run by supporters of Kadima, the leading Israeli political party, but was removed at the request of the party’s leader, Foreign Minister Tzipi Livni. (...)

20 de out. de 2008

Arte na rúa

Estamos en Sucot, e iso non se nota só nas cabanas. En cidades coma Xerusalén os concellos organizan espectáculos na rúa con músicos, acróbatas e performances, coma se pode ver neste vídeo (2:51). Nestoutro (2:52), somos testemuñas do balbordo do mercado nestes días de feira.

Antes do 48




A Fundación Araguaney (Santiago de Compostela [ver mapa]) inagurou o venres 17 unha exposición con imaxes de Palestina antes da creación do Estado de Israel, coma preludio do Festival Amal. As fotografías proceden da Fundación Árabe para a Imaxe, e deixando ao lado a súa intencionalidade política, socavar a lexitimidade da autodeterminación xudía, a mostra ten o atractivo de amosar unha época se cadra pouco coñecida pero capital para entender a situación dos nosos días. 

[Máis: para facerse unha idea do clima deses tempos hai un par de bóas películas, o clásico Exodus e a recente Oh, Jerusalén, que penso que reflicten ben a situación de Palestina nos momentos previos á Partición e á conseguinte Guerra de Independencia]

18 de out. de 2008

400-S

Imaxe: NYC Comets.

Un dos últimos mitos xudeófobos con máis repercusión nos últimos tempos é aquel que sostén que, o día no que se produciron os ataques ás Torres Xemelgas, milleros de xudeus non acudiron ao traballo. O mito preséntase coma unha proba de que a autoría da masacre non corresponde a Al-Qaeda, senón que se trataría dun complot no que estarían involucrados o servizo de intelixencia israelí e o Goberno dos EUA. Os Protocolos, etc.

En realidade, catrocentos dos falecidos, un 10% do total, eran xudeus. É absurdo intentar razonar con alguén que non chegou a esa conclusión razonando, pero para todos os demáis a páxina do Departamento de Estado dos EUA recolle setenta e seis breves historias de outras tantas vítimas ás que os consparanoicos queren negarlles ata a memoria.

17 de out. de 2008

Sacar as cousas de quicio

A BBC non permitirá facer bromas na súa cadena sobre os musulmáns. Mark Thompson, o director xeral da cadea, anunciou esta medida por considerar que "os musulmáns son máis sensibles que os cristianos"  ás críticas á súa relixión. O comentario intelixente veu da man do humorista Ben Elton:

"Coñézoos ben. Decidiron isto por un medo excesivo. Non creo que a poboación musulmana queira que o resto teñamos na cabeza a idea de nomealos o menos posible para evitarnos posibles represalias, ou de que todo musulman representa unha amenaza para a seguridade do resto" (...)

12 de out. de 2008

O virus

guillerme #10 hai 1 dia guillerme
[Valora este comentario-4]

Deixando ao lado ao falecido que pola súa condición non vou valorar nin tampouco os vosos comentarios despreciativos, en canto ás cuestións políticas si me gustaría opinar.
Os nazis mataron moitos xudíos, e sinceramente, a quen lle importa? Son un virus na sociedade; senón que llo digan aos palestinos, sirios, iraníes, libaneses...

Fostes algún de vós algunha vez a Líbano? Eu si. Sabedes o que fan os xudíos? Percorren o aire libanés e bombardean periodicamente aquelas industrias que poden competir con eles no mercado (por exemplo a industria leiteira) ademais de estradas e outras infraestruturas, todo feito para que non levanten cabeza.

Se mal non lembro, os xudíos son os responsábeis de 1.500.000 mortos en Palestina e moitos máis exiliados, e aínda vos atrevedes a defendelos? Non mo podo crer.

Eles son os primeiros que non respetan o dereito á vida e en toda a súa historia nunca o fixeron. Por todo isto creo que ser antisemita non é unha cuestión tan descabellada.

Os que opinedes diferente gustaríame que respondésedes para poder contrastar ideas.

zemalves #14 hai 20 horas e 32 minutos zemalves
[Valora este comentario+4]

Jörg Haider, ficou conhecido por se assumir de extrema direita e ser coerente com as posições politicas que defendia. Foi eleito democraticamente Governador da Carintia, um dos estados que formam a Republica da Austria. Infelizmente ha muitos que se dizem democratas, populares e até socialistas e são bem piores que ele! Que se saiba não é responsavel por nenhuma guerra ou invasão doutro país. Muito menos responsavel por milhares de mortos como os democratas Aznar, Solana, Durão Barroso e outros filhos da « democracia »


zemalves #15 hai 20 horas e 26 minutos zemalves
[Valora este comentario+2]



Não acredito que tenha sido acidente, pois os tentaclos da Mossad chegam a todo o lado! O seu grande problema foi ser contra os judeus ( que hoje são tão bons como foram os nazis), mas os judeus podem ser contra os palestinianos e árabes! Neste momento o país onde se pratica um racismo-nazi é em Israel e na Palestina ocupada.


A nova era o falecemento do ultradereitista Jörg Haider, e os comentarios non proceden de ningún foro neonazi, senón do xornal autodenominado progresista Vieiros. A redacción escolleu borrar un comentario no que lle chamaban a Haider fillo de puta, pero deixou estas mostras de sano patriotismo que, faltaría máis, cando se fan baixo a coraza da defensa dos oprimidos conserva tanta vixencia coma tiñan nos vellos bós tempos.

La comunidad

A historia é breve pero moi ilustrativa; o xornal El País permite a creación e mantemento de blogues no seu servizo La Comunidad. Aprobeitando esa oportunidade, David Adael, un mozo xudeu madrileño comenzou hai uns meses o blogue Stop Islamization. Usou ese espazo para criticar, con datos empíricos, as accións desa corrente do islam coñecida coma islamismo, así coma defender a Israel e expoñer a situación na que se atopa o Estado mediterráneo. 


Falo en pasado, porque o outro día Adael recibiu o premio Solidaridade con Israel e, contento polo recoñecemento, ocurríuselle expor no blogue o galardón co que fora agraciado. A resposta de El País? Póden coñecela premendo aquí.

10 de out. de 2008

Exacto

Un usuario que asina co nome de Andrés deixou en Desde Sefarad este atinado comentario sobre antisemitismo e nazismo que paga a pena recoller:

"Que en Iran vivan judios no quiere decir nada. Ya explique en otro comentario en un post anterior que, como metodo para encubrir su propio odio, muchos perpetuan un par de errores habituales acerca de la judeofobia o antisemitismo. El primero es que la unica posible es la que aspira a matar a todos y cada uno de los judios. Para ello se aferran a la mentira de que el unico modo de la animadversion antijudia es el Nazismo, cuando en rigor este fue excepcional en su antisemitismo y no la norma. A lo largo de la historia la judeofobia dispenso al judio de algunas vias para evadirse de su aniquilacion. Algunas de ellas fueron el sometimiento a la religion dominante, la apostasia, la asimilacion cultural al medio o la emigracion. Con el Nazismo el odio se deslizo a su extremo mas patologico: todo bebe judio era un enemigo mortal, aun el nacido en Alaska y sin considerar su grado de judeidad. Pero este criterio absoluto fue historicamente excepcional. Por lo tanto, los antisionistas no dejan ni por un momento de ser antisemitas o judeofobicos por el hecho de aceptar al tipo especial de judio que responda a sus exigencias (usualmente una categoria muy minoritaria entre ellos) ni siquiera en el caso en que hipoteticamente estuvieran dispuestos a aceptar a los judios como grupo en la medida en que se desvincularan de lo mas preciado para ellos (su patria). No todos los antisemitismos son iguales, pero no por eso todos los antisemitismos dejan de ser condenables". 

9 de out. de 2008

Conferencia en Santiago sobre o pasado xudeu de Galiza


"A profesora Gloria de Antonio Rubio é doutora de Historia Medieval pola UNED. Actualmente é investigadora no CSIC-Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento". Moi recentemente foille outorgado o premio Samuel Toledano 2008 polo seu libro "Los judios en Galicia (1044-1492)" Este prestixioso premio é concedido anualmente e presentado en Xerusalén, levando o nome de Samuel Toledano, quen foi un dos grandes renovadores da comunidade xudía en España. 

O premio é concedido a un investigador de Israel e a outro de España, que traballan no estudo das comunidades xudías en España e nos países da diáspora sefardí: a súa historia e o seu legado cultural así como as relacións entre España e Israel. O premio está dotado de 15.000$ para cada un dos dos galardoados. 

A comisión do Premio está presidida polo Sr. D. Yitzhak Navón, quen foi quinto Presidente do Estado de Israel e a compoñen destacados membros do campo académico e personalidades do ámbito público (político, cultural, etc.) israelí así coma representantes da familia Toledano".

7 de out. de 2008

Mentiría se dixera que me extraña

Quén está detrás das hipotecas subprime? E da desregularización dos mercados? Exacto, acertou:

The Palestinian militant group Hamas on Tuesday accused a "Jewish Lobby" in the United States of fomenting the global financial crisis. 

The crisis was the result of "bad administrative and financial management and a bad banking system put into place and controlled by the Jewish lobby," Hamas spokesman Fawzi Barhum said in a statement.
 (...)
Agora toca poñer o cronómetro en marcha, a ver canto tardan en secundalos en Rebelion.

2 de out. de 2008

Equivalencias

Fathi Hammad, deputado de Hamás, en declaracións a Al-Aksa TV:

A vitoria que se achega, da cal estamos falando, non se limita a Palestina. Vostedes están creando o etos dunha vitoria para todos os árabes e musulmáns, e coa axuda de Alá, incluso a nivel global. Porqué? Porque Alá os elexiu a vostedes para loitar contra o pobo que máis odia: os xudeus. Alá dixo:"Vostedes deberán atopar ao peores enemigos dos crentes, que son os xudeus e os politeístas". En outras palabras, os xudeus, que son preto de quince millóns en todo o mundo, son equivalentes a 4.500 millóns de infiéis na súa corrupción e a súa loita en contra da relixión do Islam. Por iso os nosos heroicos prisioneiros que foron arrestados por asesinar a xudeus deberían saber que pola graza de Alá, matar a un só xudeu é o mesmo que matar a trinta millóns de xudeus. Por iso a recompensa para os nosos mártires é grande, e a vosa tamén é grande. (Ver vídeo)
[Máis: outras lindezas en Al-Aksa TV]