31 de out de 2008

Eleccións Xeráis

Finalmente non haberá Goberno. Trala negativa do Shas a entar na coalición, as elecións quedan fixadas para o dez de febreiro. Haberá que ver se a lider do Kadima é quén superar daquí a aló as reticencias que aínda esperta entre o electorado (demasiado de esquerdas para certa dereita, e vista con recelo para os votantes tradicionaís do laborismo, sobre todo polo tema de Xerusalén). Polo pronto, o seu partito pecha filas en torno a ela. Coma afirma Yoel Jasón sobre as pretensións dos xasídicos sefardíes:

Hai que decir que todo líder que aceitara estas demandas extorsivas de feito non sería un lider. A alternativa de formar un Goberno tería servido para hipotecar a economía israelí, hipotecar mesmo o peto de todos nós, os cidadáns de Israel. (...)  
 

2 comentários:

Enric Tomàs disse...

Esperemos que el nuevo Gobierno que salga tenga los buenos propósitos que parece tener el actual.

Julicheiro disse...

Si, oxalá. E postos a escoller, agardemos que sexa Tzipi Livni a vindeira Primeira Ministra, e non Netaniahu, polo ben das negociacións cos palestinos. Saúdos.