18 de out de 2008

400-S

Imaxe: NYC Comets.

Un dos últimos mitos xudeófobos con máis repercusión nos últimos tempos é aquel que sostén que, o día no que se produciron os ataques ás Torres Xemelgas, milleros de xudeus non acudiron ao traballo. O mito preséntase coma unha proba de que a autoría da masacre non corresponde a Al-Qaeda, senón que se trataría dun complot no que estarían involucrados o servizo de intelixencia israelí e o Goberno dos EUA. Os Protocolos, etc.

En realidade, catrocentos dos falecidos, un 10% do total, eran xudeus. É absurdo intentar razonar con alguén que non chegou a esa conclusión razonando, pero para todos os demáis a páxina do Departamento de Estado dos EUA recolle setenta e seis breves historias de outras tantas vítimas ás que os consparanoicos queren negarlles ata a memoria.

2 comentários:

Félix Soria disse...

Coido que pode ser do teu interés esta nova:
http://www.vieiros.com/nova/69678/existiu-outra-palestina

Julicheiro disse...

Pois si, é interesante, intentarei ir esta semana a vela. Grazas por avisar.