30 de mar. de 2009

Chantado no Medio

O xornalista Shmuel Rosner, colaborador habitual do Jerusalem Post, publica en The New Republic o artigo Stuck In The Middle no que especula sobre a incorporación do Partido Laborista ó goberno liderado polo Likud. Dende que Barak convencera ós delegados do seu partido, por un escaso marxe, para dar este paso, moito se ten escrito sobre os motivos que o levaron a unirse ao executivo encabezado por Netaniahu.


Rosner sostén a tese de que este xiro de Ehud Barak ten coma obxetivo reubicar ó Mapai no lugar que históricamente ocupou no espectro político israelí, a esquerda ou, a día de hoxe, a centro-esquerda, desprazando a Kadima:
"(...) O destino do Partido Laborista é a cuestión fundamental na comprensión do futuro da política israelí. Unha minoría significativa do Partido votou a semana pasada contra a decisión do lider Ehud Barak de unirse á coalición; eles querían que el seguira o exemplo do propio Netaniahu, que durante años agardou marxinado na oposición antes de regresar triunfalmente ó poder o mes pasado. O erro deste razonamento é que cando Netaniahu estaba na oposición, foi o líder da oposición. Barak non ten tal luxo, posto que Kadima xa tomara a decisión de permanecer na oposición, relegando a Barak a un papel secundario. Barak tiña que escoller entre ser o segundo ó mando na oposición, ou ser segundo ó mando na coalición; un dilema moi diferente ó que se enfrentou Netaniahu hai tres anos. (...)

Sen embargo, a reorganización que se iniciou co movemento de Sharon continúa ahora co turno de Barak. De súpeto, non está moi claro quén é o centro e quen é a esquerda. Conseguiu o Mapais, uníndose ó Likud, trasladarse á dereita, deixando a Kadima na esquerda, e ocupando o terreno ideal centrista que Sharon preverao para o seu partido? Neste caso, a xogada de Barak será considerada como unha das súas máis brillantes manobras políticas (nunha carreira chea delas), quizáis salvándose a si mesmo e ó seu partido ó mesmo tempo. Tanto Netaniahu coma Barak parecen asumir que Kadima (coa súa corta historia, lider relativamente inexperta, e cunha ideoloxía non detectable, distinguible) non sobrevirirá anos na oposición. Cando eles pensaron na idea de unir fuerzas, moito antes das últimas eleccións, parecía que ambos estaban agardando para deixar que Kadima se derrumbase e, a continuación, volver á época do Likud e do Laborista coma cabezas da xeraquía política de Israel."

27 de mar. de 2009

A orquestra de Xenín


Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.


Os rapaces, de entre 12 e 17 anos, veñen de Xenín. No imaxinario colectivo israeli, esta cidade é o epicentro da peor cara dos palestinos. Dende ela se promoveron moitos dos máis atroces actos terroristas que teña padecido a poboación civil israelí, posto que nela tiveron e teñen a súa base os comandos terroristas palestinos que, durante décadas, sementaron o terror nas rúas de Israel, ata que o Valado de Seguridade interrumpiu esta rutina sanguenta. Pola súa banda, por mor disto, para demasiados palestinos é un símbolo da "resistencia". Consecuentemente, a cidade foi tamén obxetivo dalgunhas das operacións militares máis contundentes que se teñan levado a cabo en territorio da Autonomía Palestina, entre as que destaca a célebre Batalla de Xenín (Ao igual que na recente operación en Gaza, tamén daquela se falara ó principio de "xenocido", "masacre" e demáis. Cando o espectáculo xa non daba máis de si, a prensa rematou por esquencelo, e acabouse por admitir coa boca pequena que, en realidade, non fora tan así).

Isto é, ten especial significación que foran xusto dese sitio. Á hora de comunicarse, os árabes só sabían árabe, e os israelíes hebreo e as linguas dos países onde naceran, co que só se podían entender coa música. Un dos rapaces, Qusai Samur, preguntaba en qué consitira o Holocausto, e a directora da orquestra, a árabe-israelí Wafaa Younis, declaraba: "Eu non creo nos políticos, só na música e nestes rapaces". Os instrumentos cos que conta a orquestra proceden de doazóns da Universidade Mormona de Xerusalén e do dramaturgo Dan Almagor, que cedeu os violíns. 

Paréceme importantísimo que medidas deste tipo se leven a cabo. É urxente que a mocidade palestina dispoña de outra saída que non sexa engrosar as bandas crimináis que por ahí axudan á consecucion dun Estado palestino coma Nos-UP contribúe á expansión do galeguismo. Mentres son xóvenes, hai que intentar afastalos do discurso do odio que domina totalmente a sociedade palestina, para que o día de mañá poidan prantar cara ó extremismo dende dentro; para ter interlocutores, primeiro haberá que formar ás novas xeracións nunha rutina diferente. E non perder nunca de vista que non se trata de escoller entre Israel e Palestina, senón qué Israel e qué Palestina. (New York Times e Gulf News)

26 de mar. de 2009

O principio do fin de Avodá?

Logo de que os delegados de Avodá permitiran a Barak acceder ó Goberno liderado por Netaniahu por só cento e pico votos de vantaxe, a división no que dende a independencia e durante décadas foi pilar fudamental do Estado é máis patente que nunca. Segundo informa o Yediot, parece ser que dende o Kadima estarían intentando captar a aquel seitor dos laboristas que se opuxo á inclusión no novo Goberno.


As motivacións de Barak por entrar na coalición son pasto de cometarios de todo tipo, dende os que ven un risco para o partido permanecer na oposición á sombra de Tzipi Livni ata os que sinalan a mera ambición persoal. Na miña opinión, anque esta última xustificación existira, non creo que fora o determinante. 

Os laboristas xa entraran nun goberno co Likud hai uns anos, no 2004, pero é que daquela non estaba Kadima polo medio.

Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto

Begin, Jimmy Carter e Sadat, durante a celebración dos Acordos de Camp David do 1978. Imaxe: Commons.


Hoxe cúmprense trinta anos dende que se firmara en Washington o tratado de paz entre Israel e Exipto. Maila que impediu a reanudación das hostilidades, a relación entre ambos países non deixou de ser fria, sen perxuízo de acordos puntuais; Leonor Jauri cita en Guysen entre eles a colaboración no seitor agrícola, así coma a admisión de estudantes exipcios no sistema educativo israelí. Proba disto é que non hai programado no país ningunha conmemoración oficial. Pola súa banda, o embaixador exipcio en Tel Aviv, Yasser Rida, si está participando destas horas nunha acto ó respeito no Ministerio de Asuntos Exteriores en Xerusalén.

A importancia de Exipto coma interlocutor entre Israel e o mundo árabomusulmán é crecente, a pesar da humillación que para O Cairo supuxo a deslealdade de Hamás ó incumprir a tregua que axudaran a pactar, e sobre todo agora que Erdogan inhabilita a Turquía para esa función. Debemos estar atentos á evolución do país, especialmente agora que nos atopamos nos primeiros pasos do que podería ser a sucesión de Mubarak.

23 de mar. de 2009

Dispersos entre as nacións

A organización non gubernamental Scattered Among the Nations ("Dispersos entre as nacións") é unha asociación estadounidense que ten coma obxetivo axudar a pequenas comunidades xudías espalladas polo mundo, nomeadamente en África, Asia, a antiga Unión Soviética e Sudamérica. A organización foi fundada por Bryan Schwartz, avogado residente en San Francisco, que no 1999 comenzou a elaborar un libro no que compilou historias e fotografías en máis de 100 vilas situadas en 30 países diferentes, ó longo dos cinco continentes. A raíz deste libro, chamado Dispersos entre as nacións, xurdiu a idea de crear a asociación.

As comunidades ás que da asistencia van desde ós xudeus tunecinos, asentados nesas terras dende o exilio babilónico hai 2600 anos, ata os xudeus incas do Perú, que empezaron a practicar hai só dez anos, coma se recolle nunha reportaxe en Jewcy. Polo que conta, algunhas intentan manter a ortodoxia da tradición, na medida das súa posibilidades, mentres que outras optan por unha vía máis heterodoxa, coma as pequenas comunidades de Uganda e Zimbawe, que versionan cancións en hebreo con melodías africanas. A asociación brinda apoio en temas tan diversos coma asesorar ós xudeus peruanos para que acaden con éxito o seu proceso de conversión ou colaborar na construcción dunha sinagoga na India.

Vals con Sísifo

Jonatan Yudelman expresa no seu artigo Walz with Sisyphus a súa opinión sobre a efectividade real  da hasbará. Segundo o seu xuízo, intentar explicar a situación de Israel en toda a súa complexidade é mesmo contraproducente:

(...) Fora de América, poucos países occidentais se identifican con Israel. Para eles, ser occidental é, ante todo, non ser acusado de infrinxir sufrimentos. Israel parte da repulsa de Occidente cara o sufrimento. Tal vez pensa por esta razón que coas súas bágoas se gaña a súa simpatía. De feito, elas alentan ós seus enemigos e confunde ós partidarios. A amarga verdade é que a hasbará non é en absoluto propaganda, senón unha necesidade moral particular da psique israelí. E a necesidade de Israel de ser coñecido, coas súas verrugas e todo, non convence ós occidentais da xustiza da súa causa. (...)

Hamás e os medios

Un artigo de Miguel Bóo no Xornal de Galicia.


Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas.

Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.

20 de mar. de 2009

Abusos e erros

O xornal Ha´aretz publicou o xoves e o venres unhas supostas declaracións de seis soldados das IDF, así coma un editorial e un artigo de opinión baixo a etiqueta de análise, nas que se pon en tela de xuízo a actuación do seu exército na recente operación militar Chumbo Fundido/Sólido. O xornal denuncia o comportamento das tropas durante dita ofensiva, ó tempo que despreza os mecanismos de autorregulación do exército coma inoperativos.


As declaracións están a levantar escándalo, e gustaríame aludir a elas en varios puntos:

1) Hai que diferenciar ataques intencionais de erros macabros, coma o que recolle o xornal:
"Había unha casa cunha familia dentro... puxémolos nunha habitación. Despóis deixamos a casa e outro pelotón entrou, e poucos días despois houbo unha orde de liberar á familia. Eles ubicaran francotiradores arriba. O comandante do pelotón deixou marchar á familia e díxolles que foran pola dereita. Unha nai e os seus dous fillos non entenderon e foron pola esquerda, pero esquencéronse de decirlle ó francotirador do tellado que eles os deixaran marchar, e estaba listo, e el debía abrir fogo e... fíxoo o que se supuña que tiña que facer, coma que estaba seguindo ordes".
A escena é atroz, máis non por iso deixa de ser un erro, por tráxicas que sexan as súas consecuencias. Durante unha guerra é habitual que acontecan  descoordinacións coma ésta, e non por iso houbo intención de ferir a persoas que non representaban unha ameaza para as tropas. De trece baixas israelíes durante a guerra, catro fórono por fogo amigo, e tampouco neste caso había intencionalidade á hora de matar soldados propios.

2) Outro dos supostos que relata é o caso dun imoble no que se entrou abatindo ós que se atopaban no interior conforme se avanzaban polas habitacións. Entendo que a imaxe é forte, pero cómo cren os xornalistas que se fai nunha guerra? Petas amablemente na porta e preguntas, se non é molestia, se hai terroristas islámicos dentro? Cando se vai a bombardar un edificio, avísase con tempo para desaloxar, cando se detectan civís nunha área, as operacións pospóñense na medida do posible, pero cando se entre nun edificio que é obxetivo militar non se lle da tempo ós enemigos a reaccionar. Entras e abátelos, así funcionan as cousas na guerra. Nesta, e en todas.

3) O vandalismo. Isto si que é preocupante. El País recolle que se destrozaron vivendas, fixeron pintadas xenófobas, e en xeral procedeuse a unha serie de accions humillantes para os propietarios dos inmobles. Eu son partidario de recurrir á violencia cando está xustificado, pero a crueldade, por definición, é sempre supérflua. Os oficiais a cargo dos pelotóns deberían estar atentos a que esta clase de feitos non se producisen nunca e, en caso de producirse, depurar responsabilidades.

4) A presenza crecente de relixiosos nas IDF. Esta información apareceu en varios medios, a xeito de explicación. Isto non é unha crítica; é un prexuízo. Non teño datos (dubido que os teñan os propios xornalistas) que avalen que que cada vez hai máis observantes entre os militares, pero en todo caso esa situación se debería a que os seitores do sionismo laico foron deixando de lado a tarefa da defensa nacional. Gustaríame saber se as clases media-altas, da esquerda á centro-dereita, seguen a mandar ós seus fillos a misións de perigosidade extrema, coma si acontece cos sionistas de dereitas, nomeadamente os sionistas da dereita relixiosa. E isto pódese enlazar co que pasou nas eleccións; á hora da verdade, a xente vota a quen si vai a dar a cara polo país. Se o sionismo laico e laborista caeu a onde está débese sobre todo á progresiva desvinculación desa xente co proxecto sionista, nomeadamente no campo da defensa. Por poñer un símil; se os membros dun partido político que defende o ensino público mandan logo ós seus fillos a escolas de pago, qué credibilidade esperan ter?

Creo que esta clase de investigacións internas tendentes a depurar responsabilidades son algo saudable e que deberan prosperar. Entendo que nunha guerra é imposible porse escrupulosos, pero se houbo accións de crueldade gratuíta, estas deberán identificarse, represaliar a quen as levou a cabo e a quen as autorizou, e tomar as medidas tendentes para que non se repita. 

Sei que a prensa e a sociedade europea lle-lo piden a Israel porque é Israel, e con ningún outro país do mundo se ían a molestar sequera en informarse. Seino de sobra. Pero a grandeza de Israel está en que non se move en función do que berremos os europeos, senón por criterios de racionabilidade. E para preservar esa altura moral, é necesario que se adopten as medidas de autorregulación pertinentes.

[Máis: entradas no blogue sobre Gaza; galería de fotos en Time (na sexta imaxe alude á escola que posteriormente a ONU admitiu que non fora bombardeada)]

18 de mar. de 2009

Os xudeus de Irán e Roger Cohen

Selo da República Islámica de Irán, emitido no 1991 en conmemoración do Día do Neno.


Roger Cohen, xornalista do New York Times, viaxou recentemente ata Irán co obxetivo de narrar a situación do país. As súas impresións foron plasmadas nunha serie de nove artigos, dos cales o titulado What´s Iran´s Jews said causou unha aguda reacción na comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, así coma en medios israelíes.

O artigo de Cohen mantén a tese de que a comunidade xudía iraní, que minorou de 100.000 a 25.000 persoas nas últimas seis décadas, recibe un trato correcto no país dos aiatolás. Baséase, para chegar a esa conclusión, en datos tales coma a declaración dun tendeiro que afirmou que nunca tivera problemas, e en que había un cartaz nunha sinagoga felicitando o trixésimo aniversario da Revolución. O xornalista londinense admite que existe violencia, pero culpa diso a Israel, ao tempo que disculpa a retórica do réxime iraní coma unha forma de chamar a atención sobre as inxustizas cometidas por Israel:
Eu sei que, se moitos xudeus deixan Irán, é por unha razón. A hostilidade existe. A acusación de espiar para Israel contra un gurpo de xudeus de Shiraz no 1999 amosou o peor do rexime. Os xudeus elixen un representante no Parlamento, pero pode votar por un musulmán se o prefire. Un musulmán, sen embargo, non pode votar por un xudeu.

Pregunteille a Morris Motamed, un xudeu membro do Majlis, se sinte que foi utilizado, un traidor iraní [Nota: o orixinal di "I asked Morris Motamed, once the Jewish member of the Majlis, if he felt he was used, an Iranian quisling"]. "Eu non", respondeu. "De feito eu sinto (que hai) unha profunda tolerancia cara os xudeus". El dixo que os cantos de "Morte a Israel" lle molestaron, pero pasou a criticar o "dobre raseiro" que permite a Israel, Paquistán e India ter a bomba nuclear, pero non a Irán.

Os dobres raseiros non serven máis; o Oriente Medio volviuse demasiado sofisticado. Un xeito de ver as diatribas difamatorias de Irán contra Israel é o dunha provocación para chamar a atención da xente sobre a bomba de Israel, os seus corenta e un anos de ocupación de Cisxordania, a súa negación de Hamás, o seu repetitivo uso dunha forza desproporcionada. A linguaxe iraní pode ser ruín, pero unha paz en Oriente Medio (e o compromiso de Teherán) terá que ter en conta estos puntos.

Na imaxe, rapazas agardando en Teherán para emigrar a Eretz Israel, xaneiro de 1943. 


Este artigo incomodou á nutrida comunidade xudeo-iraní de Los Angeles, composta por 30.000 membros, maior por tanto á que hai no propio país. En palabras de Sam Yebri, fundador de Los Angeles Trinta anos despois, un grupo de xóvenes activistas: "Non houbo outro artigo ou editorial que teña creado semellante reacción entre os xudeus iranís de tódalas orixes e grupos de idade. (...) Foi un shock, porque Cohen está usando a súa percepción para pintar de cor de rosa o réxime de Teherán. (...) Eu sei de xudeus iranís que viven en Irán e viven con medo. Non viven nun entorno no que poidan falar con franqueza con Roger Cohen.

Continúa Yebri: "A verdade do acontecido é que dende 1979, o Goberno de Irán ven usando a presenza de xudeus vivindo nese país coma a mellor ferramenta propagandística para supostamente presentarse a si mesmos coma un facho de luz no oeste."

No artigo no que se recollen estas declaracións, Cohen Bombs vs. Real Boms, o seu autor, Rob Eshman declara:
"Moitas destas persoas tiveron experiencias de primeira man coa intimidación, a opresión, confiscación da propiedade e aleatorios confinamentos en prisión que acosaron á comnidade xudía en Irán dende o ascenso dos mulás. E a maioría ten amigos e familiares que permanecen alá e contan historias moi diferentes do que Cohen viu."
Paga a pena ler íntegros ambos artigos, e persoalmente gustoume a atinada réplica do señor Eshman.

Logo da reacción, o xornalista aceitou acudir a un debate no Templo Sinaí, moderado polo rabino David Wolpe, para explicarse diante de dita comunidade. O encontro está dispoñible en video e pode atoparse aquí.

17 de mar. de 2009

Terminoloxía

Calquera que lea hoxe xornais comprobará coma, na prensa europea, Lieberman é extrema-dereita mentres que Hatami é reformista e moderado.

Hatami retirase da carreira electoral iraní

Tal e coma a prensa adiantaba onte, finalmente Mohamed Hatami anunciou a retirada da súa candidatura para as eleccions iranís, previstas para o 12 de xuño. Segundo declaracións, a súa decisión débese a non dividir o eleitorado reformista logo de que Mir Huseín Musavi, primeiro ministro entre o 1981 e o 1989, anunciara que tamén concurrirá ás mesmas. (El PaísJerusalem Post, e Time)

16 de mar. de 2009

Likud e Israel Beitenu asinan un acordo de Goberno

Onte á noite Israel Beitenu asinou co Likud un acordo de Goberno, polo cal Avigdor Lieberman pasará a ostentar a carteiras de Asuntos Exteriores. Outros políticos do partido con responsabilidades ministeriais serán Yitzhaz Aharonovitch en Seguridade Nacional, Uzi Landu en Infraestructuras, Stas Meseznikov (tamén escrito Miseznikov) en Turismo, e Sofa Landver en Absorción de inmigrantes.


No campo do laicismo, o acordo contempla o recoñecemento do matrimonio civil para os cidadáns non xudeus. Asi mesmo, o texto é susceptible de ser revisado se finalmente Kadima aceita integrarse nun Goberno de unidade nacional. (Jerusalem Post)

14 de mar. de 2009

Seguen a lanzar cohetes dende Gaza

A rutina dos cohetes sobre Israel continúa. Por fortuna, o último dos qassam lanzados por Hamás non causou danos. Teremos que esperar a que Israel reaccione para que estas cousas volvan aos telexornais. 

13 de mar. de 2009

Catro meses en Viena

Silence. Autor: Jorge Marum

Nunca me plantexara vivir en Viena. A cidade estaba trenzada coa historia da miña familia, pero a min atraíame máis París, Madrid, Xerusalén –cudades cuxos idiomas eu falaba. Estivera nunha ocasión en Austria, aos dezasete anos, cos meus pais, para visitar os lugares onde vivira o meu avó, quen morrera ese mesmo ano.

Pero en 2006 gañei unha beca de xornalismo que incluía catro meses de residencia nun instituto de investigación en Viena. Eu ignorábao todo da cidade. Escribinlle a todolos meus coñecidos preguntándolles dónde vivir. Extrañaba vivamente ós meus abuelos – a miña avoa falecera no 2001– por primeira vez en anos.

Encontrei á miña caseira-compañeira de cuarto –chamareina Hilke– en Craigslist. O anuncio prometía un piso “iluminado e amistoso” e unha “camiñata de dous minutos á estación Friedensbrücke”, que era la parada de metro para o meu instituto. Intercambiamos e-mails e falamos unha vez por teléfono. Díxome que era artista. Eu comentei de paso que a mi familia abandonara Viena nos anos trinta.

Cheguei tarde na noite, a principios de febreiro, e emerxín do meu taxi a unha rúa húmida, fría e valdeira. Hilke preparou té e fíxome sentar na súa cociñaa de tapiz amarelo. Se pasaras xunto a ela na rúa, non te chamaría a atención. Pelo lacio ata os hombro, case loiro. Era do tipo hippie-punk de Mitteleuropa, de 36 anos anque parecía menor, con afición a usar faldra enriba dos pantalóns, con botas de montaña e ollos delineados. Durante años, díxome Hilke, rapara a cabeza, un estilo que atribuía en parte ó seu romance co Aktionism, un movemento artístico extremo que tiña que ver coa sangre, o semen e a violencia. “Ti es xornalista”, dixo, con ganas de continuar o que avanzaramos na nosa conversación telefónica. “Sí”, respondín, “estou escribindo sobre xudeus, musulmáns e extranxeiros en Europa”. “Os xudeus son musulmáns?”, preguntou, rindo nerviosamente. “É unha pregunta estúpida, seino”. “Non, estúpida non”, dixen perplexa. “¡Oxalá fora así de sinxelo!” Excuseime, procurando terminar a conversación. Dixen que estaba cansada. Ensinoume a miña habitación, que estaba espida, cun colchón no piso e unha plancha de madeira sobre dous cabalos tamén de madeira: un escritorio. Pero estaba ben aireada e – descubriríao ó día seguinte– iluminada, con grandes ventanas do século XIX. Durminme.

En Viena sentíame como unha pantasma –transparente, desconectada, ingrávida–, unha sensación exacerbada pola miña ignorancia do idioma e pola propia Hilke, que adoitaba a encerrarse na súa habitación. Viaxei pola cidad en U-Bahn, seguindo os pasos do meu avó. Saquei frases semi-recordadas das profundidades do meu cerebro. Eine kleine espresso, bitte?

Unha semana despois da miña chegada, cheguei a casa do trabajo e puxen a teteira na estufa. Hilke saíu da súa habitación, preguntoume se podía sentarse comigo e lanzouse a contarme unha historia sobre un romance fracasado. Eu contribuín cunha historia parecida. “Si, o tío estaba un pouco tolo”, dixen, referíndome a un ex. Ela sorriu. “Todolos xudeus tolean ós corenta?”, preguntoume. “Porque sei que os ciganos si”. “Non, iso non é certo en ningún dos dous casos”, dixen con delicadeza, intentando non asustala se parecía demasiado severa. “Pero… o parecer tenes ideas moi peculiares sobre os xudeus”. “É certo”, concedeu, “é exactamente por iso que che alquilei a habitación a ti. Era obvio que eras xudía –ningúen máis saíu de Viena nos anos trinta”.


Segue aquí.

8 de mar. de 2009

Vals con Bashir









Botei en falla unha escena, sequera unha pequena alusión, a porqué estaba alí o exército de Israel. Máis nada. Anque, ben mirado, é só un achegamento artístico, subxetivo, non un documental sobre as matanzas de Sabra e Xatila. A verdade é que me gustou.

Ari Folman, o director, contaba que "Cando presentei a película no Festival de Cannes, moita xente non sabía que os israelíes non dispararon directamente contra os palestinos en Xabra e Xatila". Típico: todos os israelíes que coñezo (e cando digo todos, quero decir abolutamente todos) teñen unha imaxe idealizada do coñecemento que en Europa temos do conflicto. Non, Ari, non. Aquí, a xente le El País, e ademáis pensa que é moderno.

Conferencias en Vigo e Compostela

Mañán ás 20:00 terá lugar na Galería Sargadelos de Vigo (R/Urzáiz 17) a conferencia "Israel coma trincheira de Occidente?" a cargo de Josep Carles Laínez e Rosa María Rodríguez Magda, organizada pola AGAI. A entrada é libre.



Se algúen non pode acudir a Vigo, o día seguinte, o martes, a conferencia será impartida de novo en Santiago de Compostela, ás 20:00 na sé do Club Internacional de Prensa (Av/Coruña nº 6, no Campus Sur). Ambos lugares xa veñen sendo espazos habituais na celebración das conferencias da Asociación.


Biografías dos poñentes:

Rosa María Rodríguez Magda (Valencia, España, 1957). Catedrática de Filosofía. Consellera do Consell Valencià de Cultura. Directora do Aula de Pensamento da Institució Alfons el Magnànim e da revista Debats. Profesora invitada na l’Université de Paris VIII-Vincennes à Saint-Denis, Université Paris VII, Université de Paris-Dauphine, Universidad Autónoma de México, Universidad de San Juan en Río Piedras (Puerto Rico), New York University... Foi directora da Fundación Tercer Milenio-UNESCO. Especializada en pensamento contemporáneo, é autora, entre outros libros, de: La sonrisa de Saturno, El modelo Frankenstein, Transmodernidad, La España convertida al islam. Ten publicado tamén no terreo da investigación feminista: Femenino fin de siglo. La seducción de la diferencia, Foucault y la genealogía de los sexos, El placer del simulacro... E dentro da creación literaria: Tríptico, En alguna casa junto al mar, Las palabras perdidas, Y de las pavesas surgió el frio, El deseo y la mirada… Ten coordinado diversas obras e realizado edicións críticas, así como participado en múltiples libros colectivos. Textos seus foron traducidos ao inglés, francés, italiano e estonio.

Josep Carles Laínez (1970) é escritor. Licenciado con grao en Filoloxía Española, así como licenciado en Filoloxia Catalana, en Comunicación Audiovisual, e Diplomado en Linguaxes Audiovisuais, pola Universitat de València-Estudi General. Foi o profesor visitante na Universidad Nacional Autónoma de México, e profesor invitado na Universidad de Puerto Rico e na Hofstra University de Nueva York. Autor dunha ampla obra ensaística, artística e literaria, obtivo diversos galardóns literarios, coma o Premi de Poesia “Roís de Corella” dos premios “Ciutat de València”, polo seu libro Anxia (Alzira, 2001); o Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana, en dúas ocasións, polas obras Elsa metálico (Oviedo, 1998) e Thule (2008); o accésit ao Premio “Ana Abarca de Bolea”, polo seu poemario Bel diya (Huesca, 1998), etc. No ano 1995, estreouse na Sala Triángulo de Madrid o monólogo Como tú; e no 2008, a montaxe Lorca a La Nau, dirixido por Manuel-Ángel Conejero, dentro do festival "Sagunt a Escena". Recentemente ven de publicar os libros de xénero indefinido La tumba de Leónidas (Barcelona, 2006) e Aquí la noche tiene el nombre de Valeria (Valencia, 2007). Na actualidade é xefe de redacción da revista Debats.

7 de mar. de 2009

Cambio de rumbo

Con relación ó novo rexime de comentarios, anque de entrada estaba previsto para evitar a publicación daqueles que contiveran inxurias, e que polo tanto puideran acarrexarme, en canto mantedor, algún problema legal, a día de hoxe non tan improbable, logo de levar varios días operativo reparei noutra vantaxe que tal medida reportaba.


Dende que abrin o blog, nunca metín man nos comentarios. Esa situación facilitou que se verqueran opinións con total liberdade, se ben tivo a contrapartida de que, en (moitas) ocasións, houbera quen se escudara no anonimato para ser faltón. Tampouco me importou moito, porque non é comigo con quen se ensañan, senón con este alter ego ás veces tan falabarato que é o Julicheiro. Se eu non dou a cara, qué podía pedir? É máis; sendo sincero, moitas veces as pataletas dos super-revolucionarios fixeron que me pegara unha boa panzada de rir ... porque son coma nenos pequenos que se ofenden se non os tomas en serio :) ... e canto máis rabudos se poñen máis graza me fan :D 

Pero ocurreu que, ó levar a bitácora xa máis de dous anos aberta, acabaron por vir de cando en vez unhas cantas persoas, ás veces máis dacordo co contido, outras menos, pero que falan con educación e cordialidade, e cuxa presenza agradezo. E, sendo esta a xente que de verdade é enriquecedora e, polo tanto, estando eu interesado en que se poida sentir o máis cómoda posible, decidín censurar non só aqueles que conteñan insultos, senón todas as tonterías que, de cando en vez, algúen deixa na caixa de comentarios e só serven para engadir ruído. Por exemplo, o dese valente anónimo que exaltaba a determinación de Irán de facerlle un favor á Humanidade. Canseime. Aburriume. Un tempo ten o seu chiste, e claro que é divertido escarallarte de cando en vez destes analfabetos, pero cando intentas razonar en serio con xente que se alimenta só a base de Boltxes e Kaos en la red, resulta desesperante ver ata que niveis de inanición leva esa clase de dieta. Dígoo de todo corazón; a súa estupidez (sobre todo cando se cubre dun barniz cultureta e pretencioso) resúltame deprimente. E ademáis isto ten un efecto perverso; por contraste con eles, ás veces é un mesmo o que acaba por botar man da consigna, resolvendo con un par de lugares comúns, e quedándose, ó final, coa sensación de estar xusto onde eles se moven. No Pensamento Cero. 

Ollo; non se trata de censurar as críticas, senón de censurar as chorradas. As consignas, as nimiedades, as tonterías a granel. As paridas do estilo "Palestina vencerá!", "Sionismo=Racismo", ou "Israel terrorista" son estúpidas, aburridas e engordan. Os ciber-guerrilleiros que purgan a súa mala conciencia de clase vociferando o seu amor incondicional pola Revolución teñen xa sitios dabondo na rede, sen contar cos que parasitan, coma para cederlles aínda máis espazo e permitirlles que nos fagan perder o tempo. Seguirei permitindo anónimos, pero só se teñen algo interesante que decir, e sempre e cando o fagan con educación. Os demáis, para o caldeiro.

Espero que así se animen a falar ós leitores máis calados, sen medo a que algúen se lle bote ó pescozo, e este lugar resulte algo máis hospitalario para quenes asumen a responsabilidade das súas palabras.