8 de mar. de 2009

Conferencias en Vigo e Compostela

Mañán ás 20:00 terá lugar na Galería Sargadelos de Vigo (R/Urzáiz 17) a conferencia "Israel coma trincheira de Occidente?" a cargo de Josep Carles Laínez e Rosa María Rodríguez Magda, organizada pola AGAI. A entrada é libre.



Se algúen non pode acudir a Vigo, o día seguinte, o martes, a conferencia será impartida de novo en Santiago de Compostela, ás 20:00 na sé do Club Internacional de Prensa (Av/Coruña nº 6, no Campus Sur). Ambos lugares xa veñen sendo espazos habituais na celebración das conferencias da Asociación.


Biografías dos poñentes:

Rosa María Rodríguez Magda (Valencia, España, 1957). Catedrática de Filosofía. Consellera do Consell Valencià de Cultura. Directora do Aula de Pensamento da Institució Alfons el Magnànim e da revista Debats. Profesora invitada na l’Université de Paris VIII-Vincennes à Saint-Denis, Université Paris VII, Université de Paris-Dauphine, Universidad Autónoma de México, Universidad de San Juan en Río Piedras (Puerto Rico), New York University... Foi directora da Fundación Tercer Milenio-UNESCO. Especializada en pensamento contemporáneo, é autora, entre outros libros, de: La sonrisa de Saturno, El modelo Frankenstein, Transmodernidad, La España convertida al islam. Ten publicado tamén no terreo da investigación feminista: Femenino fin de siglo. La seducción de la diferencia, Foucault y la genealogía de los sexos, El placer del simulacro... E dentro da creación literaria: Tríptico, En alguna casa junto al mar, Las palabras perdidas, Y de las pavesas surgió el frio, El deseo y la mirada… Ten coordinado diversas obras e realizado edicións críticas, así como participado en múltiples libros colectivos. Textos seus foron traducidos ao inglés, francés, italiano e estonio.

Josep Carles Laínez (1970) é escritor. Licenciado con grao en Filoloxía Española, así como licenciado en Filoloxia Catalana, en Comunicación Audiovisual, e Diplomado en Linguaxes Audiovisuais, pola Universitat de València-Estudi General. Foi o profesor visitante na Universidad Nacional Autónoma de México, e profesor invitado na Universidad de Puerto Rico e na Hofstra University de Nueva York. Autor dunha ampla obra ensaística, artística e literaria, obtivo diversos galardóns literarios, coma o Premi de Poesia “Roís de Corella” dos premios “Ciutat de València”, polo seu libro Anxia (Alzira, 2001); o Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana, en dúas ocasións, polas obras Elsa metálico (Oviedo, 1998) e Thule (2008); o accésit ao Premio “Ana Abarca de Bolea”, polo seu poemario Bel diya (Huesca, 1998), etc. No ano 1995, estreouse na Sala Triángulo de Madrid o monólogo Como tú; e no 2008, a montaxe Lorca a La Nau, dirixido por Manuel-Ángel Conejero, dentro do festival "Sagunt a Escena". Recentemente ven de publicar os libros de xénero indefinido La tumba de Leónidas (Barcelona, 2006) e Aquí la noche tiene el nombre de Valeria (Valencia, 2007). Na actualidade é xefe de redacción da revista Debats.

Nenhum comentário: