23 de mar. de 2009

Dispersos entre as nacións

A organización non gubernamental Scattered Among the Nations ("Dispersos entre as nacións") é unha asociación estadounidense que ten coma obxetivo axudar a pequenas comunidades xudías espalladas polo mundo, nomeadamente en África, Asia, a antiga Unión Soviética e Sudamérica. A organización foi fundada por Bryan Schwartz, avogado residente en San Francisco, que no 1999 comenzou a elaborar un libro no que compilou historias e fotografías en máis de 100 vilas situadas en 30 países diferentes, ó longo dos cinco continentes. A raíz deste libro, chamado Dispersos entre as nacións, xurdiu a idea de crear a asociación.

As comunidades ás que da asistencia van desde ós xudeus tunecinos, asentados nesas terras dende o exilio babilónico hai 2600 anos, ata os xudeus incas do Perú, que empezaron a practicar hai só dez anos, coma se recolle nunha reportaxe en Jewcy. Polo que conta, algunhas intentan manter a ortodoxia da tradición, na medida das súa posibilidades, mentres que outras optan por unha vía máis heterodoxa, coma as pequenas comunidades de Uganda e Zimbawe, que versionan cancións en hebreo con melodías africanas. A asociación brinda apoio en temas tan diversos coma asesorar ós xudeus peruanos para que acaden con éxito o seu proceso de conversión ou colaborar na construcción dunha sinagoga na India.

Nenhum comentário: