27 de mar de 2009

A orquestra de Xenín


Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.


Os rapaces, de entre 12 e 17 anos, veñen de Xenín. No imaxinario colectivo israeli, esta cidade é o epicentro da peor cara dos palestinos. Dende ela se promoveron moitos dos máis atroces actos terroristas que teña padecido a poboación civil israelí, posto que nela tiveron e teñen a súa base os comandos terroristas palestinos que, durante décadas, sementaron o terror nas rúas de Israel, ata que o Valado de Seguridade interrumpiu esta rutina sanguenta. Pola súa banda, por mor disto, para demasiados palestinos é un símbolo da "resistencia". Consecuentemente, a cidade foi tamén obxetivo dalgunhas das operacións militares máis contundentes que se teñan levado a cabo en territorio da Autonomía Palestina, entre as que destaca a célebre Batalla de Xenín (Ao igual que na recente operación en Gaza, tamén daquela se falara ó principio de "xenocido", "masacre" e demáis. Cando o espectáculo xa non daba máis de si, a prensa rematou por esquencelo, e acabouse por admitir coa boca pequena que, en realidade, non fora tan así).

Isto é, ten especial significación que foran xusto dese sitio. Á hora de comunicarse, os árabes só sabían árabe, e os israelíes hebreo e as linguas dos países onde naceran, co que só se podían entender coa música. Un dos rapaces, Qusai Samur, preguntaba en qué consitira o Holocausto, e a directora da orquestra, a árabe-israelí Wafaa Younis, declaraba: "Eu non creo nos políticos, só na música e nestes rapaces". Os instrumentos cos que conta a orquestra proceden de doazóns da Universidade Mormona de Xerusalén e do dramaturgo Dan Almagor, que cedeu os violíns. 

Paréceme importantísimo que medidas deste tipo se leven a cabo. É urxente que a mocidade palestina dispoña de outra saída que non sexa engrosar as bandas crimináis que por ahí axudan á consecucion dun Estado palestino coma Nos-UP contribúe á expansión do galeguismo. Mentres son xóvenes, hai que intentar afastalos do discurso do odio que domina totalmente a sociedade palestina, para que o día de mañá poidan prantar cara ó extremismo dende dentro; para ter interlocutores, primeiro haberá que formar ás novas xeracións nunha rutina diferente. E non perder nunca de vista que non se trata de escoller entre Israel e Palestina, senón qué Israel e qué Palestina. (New York Times e Gulf News)

4 comentários:

SIMON BAR KOCHBA disse...

Semelha o típico capricho de senhora multimilhonária progre, que para sentir-se a gosto consigo mesma por umas horas, mentres não asiste ao próximo cocktail, patrocina um concerto onde –sinto-o, mas é dificil obviar esta parte- estabelece uma atroz equivalência moral entre Jenin e a Shoá.
Este tipo de iniciativas –curiosamente sempre promovidas por esquerdistas e antisionistas- só servem, a fim de contas, para fazer propaganda contra o Estado de Israel (pensa se não no “Diván” do Barenboim e o seu amiguete terrorista Said). Na crônica do concerto que fazem os de Associated Press, por exemplo, destacam estas palavras postas na boca duma suposta supervivente do Holocausto: “Pensam que somos estrangeiros porque vimos de fóra. Concordo com eles: é a sua terra também, mas não tinhamos outra opção depois da Shoá”.
Cumpriria lembrar-lhe que os judeus levam em Israel uns quantos milheiros de anos –não apenas desde a Shoá- e não têm porque se desculpar por habitar a sua Terra?
Não é uma questão de escolha; aos rapazes palestinianos adoutrina-se-lhes desde pequenos no ódio ao judeu e na negação do Holocausto –lógico que estes pequenos virtuosos do violino não saibam o que foi a Shoá. Que a quatro rapazes lhes regalem um violino não há evitar, desgraçadamente, que os seus pais –que estám em guerra com Israel- os segam adoutrinando no ódio contra os judeus.
Não simpatizo com este tipo de iniciativas. Acredito que são inúteis (agás para fazer propaganda contra Israel e distorsonar a realidade belicista do mundo árabe, neste caso mediante a explotação/manipulação dos superviventes da Shoá, para fazer um lavado de cara do terrorismo palestiniano).

Saúdos.

Fernando disse...

Está buena la noticia.
La "masacre de Jenín" es un clásico ya.
Si te interesa, Animal Farm en Jenín http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/7968812.stm

SIMON BAR KOCHBA disse...

“Animal Farm” em Jenin. Inmarcesível documento!
Dizem os de Ha’aretz: “A obra critica a ambas partes; critica a Israel, mas também aos palestinianos [e aquí vem o bom:] POR DEIXAR QUE AS LUTAS INTERNAS OS DIVIDAM” (¡!).

SIMON BAR KOCHBA disse...

E, como cabia agardar, finalmente tudo volve ao seu cauze. Ver:

http://www.ynetnews.com/articles/0,7340,L-3693859,00.html