20 de mar de 2009

Abusos e erros

O xornal Ha´aretz publicou o xoves e o venres unhas supostas declaracións de seis soldados das IDF, así coma un editorial e un artigo de opinión baixo a etiqueta de análise, nas que se pon en tela de xuízo a actuación do seu exército na recente operación militar Chumbo Fundido/Sólido. O xornal denuncia o comportamento das tropas durante dita ofensiva, ó tempo que despreza os mecanismos de autorregulación do exército coma inoperativos.


As declaracións están a levantar escándalo, e gustaríame aludir a elas en varios puntos:

1) Hai que diferenciar ataques intencionais de erros macabros, coma o que recolle o xornal:
"Había unha casa cunha familia dentro... puxémolos nunha habitación. Despóis deixamos a casa e outro pelotón entrou, e poucos días despois houbo unha orde de liberar á familia. Eles ubicaran francotiradores arriba. O comandante do pelotón deixou marchar á familia e díxolles que foran pola dereita. Unha nai e os seus dous fillos non entenderon e foron pola esquerda, pero esquencéronse de decirlle ó francotirador do tellado que eles os deixaran marchar, e estaba listo, e el debía abrir fogo e... fíxoo o que se supuña que tiña que facer, coma que estaba seguindo ordes".
A escena é atroz, máis non por iso deixa de ser un erro, por tráxicas que sexan as súas consecuencias. Durante unha guerra é habitual que acontecan  descoordinacións coma ésta, e non por iso houbo intención de ferir a persoas que non representaban unha ameaza para as tropas. De trece baixas israelíes durante a guerra, catro fórono por fogo amigo, e tampouco neste caso había intencionalidade á hora de matar soldados propios.

2) Outro dos supostos que relata é o caso dun imoble no que se entrou abatindo ós que se atopaban no interior conforme se avanzaban polas habitacións. Entendo que a imaxe é forte, pero cómo cren os xornalistas que se fai nunha guerra? Petas amablemente na porta e preguntas, se non é molestia, se hai terroristas islámicos dentro? Cando se vai a bombardar un edificio, avísase con tempo para desaloxar, cando se detectan civís nunha área, as operacións pospóñense na medida do posible, pero cando se entre nun edificio que é obxetivo militar non se lle da tempo ós enemigos a reaccionar. Entras e abátelos, así funcionan as cousas na guerra. Nesta, e en todas.

3) O vandalismo. Isto si que é preocupante. El País recolle que se destrozaron vivendas, fixeron pintadas xenófobas, e en xeral procedeuse a unha serie de accions humillantes para os propietarios dos inmobles. Eu son partidario de recurrir á violencia cando está xustificado, pero a crueldade, por definición, é sempre supérflua. Os oficiais a cargo dos pelotóns deberían estar atentos a que esta clase de feitos non se producisen nunca e, en caso de producirse, depurar responsabilidades.

4) A presenza crecente de relixiosos nas IDF. Esta información apareceu en varios medios, a xeito de explicación. Isto non é unha crítica; é un prexuízo. Non teño datos (dubido que os teñan os propios xornalistas) que avalen que que cada vez hai máis observantes entre os militares, pero en todo caso esa situación se debería a que os seitores do sionismo laico foron deixando de lado a tarefa da defensa nacional. Gustaríame saber se as clases media-altas, da esquerda á centro-dereita, seguen a mandar ós seus fillos a misións de perigosidade extrema, coma si acontece cos sionistas de dereitas, nomeadamente os sionistas da dereita relixiosa. E isto pódese enlazar co que pasou nas eleccións; á hora da verdade, a xente vota a quen si vai a dar a cara polo país. Se o sionismo laico e laborista caeu a onde está débese sobre todo á progresiva desvinculación desa xente co proxecto sionista, nomeadamente no campo da defensa. Por poñer un símil; se os membros dun partido político que defende o ensino público mandan logo ós seus fillos a escolas de pago, qué credibilidade esperan ter?

Creo que esta clase de investigacións internas tendentes a depurar responsabilidades son algo saudable e que deberan prosperar. Entendo que nunha guerra é imposible porse escrupulosos, pero se houbo accións de crueldade gratuíta, estas deberán identificarse, represaliar a quen as levou a cabo e a quen as autorizou, e tomar as medidas tendentes para que non se repita. 

Sei que a prensa e a sociedade europea lle-lo piden a Israel porque é Israel, e con ningún outro país do mundo se ían a molestar sequera en informarse. Seino de sobra. Pero a grandeza de Israel está en que non se move en función do que berremos os europeos, senón por criterios de racionabilidade. E para preservar esa altura moral, é necesario que se adopten as medidas de autorregulación pertinentes.

[Máis: entradas no blogue sobre Gaza; galería de fotos en Time (na sexta imaxe alude á escola que posteriormente a ONU admitiu que non fora bombardeada)]

3 comentários:

J. disse...

Alguén deixou este comentario no post anterior, pero vai mellor neste:

Hoxe a prensa faise eco, de algo que xa sabiamos, agás AGAI. Os propios soldados sionistas recoñecen o xenocidio contra o pobo palestino. Eufemismo de mal gusto por parte dos xornais é chamarlle a isto, "abusos" e "excesos". Deixando aparte os epítetos amosa unha vez máis estes feitos a ilegalidade e a estupidez dun sionismo agora máis ultra, se é que xa non o era.
A ben seguro que o Sr. Julicheiro e compañía atoparan dentro da súa seudointelectopedantería (que palabra) argumentación para xusficar ou negar estes feitos.

Fernando disse...

Muy bueno.
Algunos de estos errores ya se habían publicado en los medios de Israel (sobre todo los de vandalismo), y algunos soldados fueron disciplinados. No era nada secreto que haya que ocultar.

En Argentina un diario publicó una traducción inventando detalles que no estaban en el artículo original de Haaretz.

Salu2

J. disse...

Gracias. Me parecía importante señalar que aunque el tratamiento de la prensa es tendencioso, no por ello hay que dejar de condenar esa clase de actos. Por cierto, justo hace un rato he leído tu post sobre el avance de los talibanes en el valle de Swat y me ha parecido muy bueno. Saludos!