17 de jan de 2009

Alto ó fogo

O Goberno de Israel ven de declarar un alto ó fogo unilateral na operación Chumbo Fundido, que comenzará dentro de algo máis de dúas horas, ás 2:00 a.m. do domingo. Na votación, sete ministro apoiaron a medida, dous presentaron obxecións e un abstívose.

Hamás, pola súa banda, anunciou que seguirá loitando contra os soldados do Tsahal mentres estos sigan na Faixa.

Máis en Yediot Ahoronot.

Nenhum comentário: