15 de jan de 2009

Somos unha potenzia

O que máis graza me fixo do delirante artigo que un tal X. Antón L. Dobao publicou en Vieiros contra a AGAI, que por ahí seremos arredor dos douscentos socios, é calificala de "influínte asociación"; o inconsciente debeulle traer ecos do lobby feroz, supoño :)

A verdade é que, bromas aparte, é unha mágoa. Houbo un tempo, non moi lonxano, no que Vieiros era un xornal digno que pagaba a pena ler. Agora, pola contra, publica cousas coma estas:

(...) A xustiza neste Holocausto é xa o menos importante comparada coa necesidade de sobrevivir. Porque se houber xustiza será terrible se ten que facer pagar tantísimos anos de aplicación da Solución Final planificada. (...)

Os outros, os implacables, os cínicos, saben ben diferenciar entre o dereito á lexítima defensa dun sufrido Israel e o instinto criminal dun pobo palestino, claramente inferior, incapaz de comprender que o seu destino é ofrecerse en Holocausto ó Pobo Elixido. (...)

O Estado de Israel, ademais de ocupador, é criminal, asasino masivo, xenocida. E tanto ten que se vista coas túnicas sangradas dun Estado de Dereito elevado polo pensamento blandiblú ó cumio de toda aspiración social humana. Tanto ten. Nada mudará a súa esencia criminal. Nada. Nin todos os Henry-Lévy, Glucksmann, Albiac ou o demo que os fundou mudará nada. Israel será por sempre, para todos os humanos de ben, a representación mesma da impunidade asasina, do odio, do terror, do poder fachendoso e cínico, da destrución, da infamia. E ese será o seu peor estigma. (...)

6 comentários:

SIMON BAR KOCHBA disse...

Para além de que o texto de parvulário se comente por sím só, o tal López Dobao -um dos "jóvenes poetas" (já não tão jóvenes, Antón) aduladores de Méndez Ferrín que promoveram a coisa de jogos florais aquela de "Redes Escarlatas"- deveria ter ele próprio um pouco da "dignidade e vergonza". É vomitivo que pronuncie essas palavras um tipo que lembro dedicado com sanha, nos anos 80, a exercer de polícia lingüístico no ILG, e depois no seu posto de Grande Irmão na RTVG de Fraga contra qualquer desviacionismo "lusista".

Sei que não tem demassiado a ver com o conteúdo do post, mas apetecia-mo cuspir-lho, que caralho!

Julicheiro disse...

Non te preocupes, total, o que el escribiu tampouco tiña nada que ver co que está pasando.

Félix Soria disse...

Increíbel! Unha vez máis, é doado comprobar que misturar as cousas pode provocar grave confusión mental.
Nembargantes, é "científicamente" lóxico que o nacionalismo "relixioso" desemboque nestas confusións.
Á vista da "infirmidade", coido que temos que facer un esforzo por non identificar pensamento político con alucinación.

Julicheiro disse...

Se ao final, seguro que o colles ao señor este nun día pausado, con calma che explica qué non lle gusta, e aínda terá algo de razón. Pero claro, méteche o Holocausto polo medio, unhas bóas doses de consparanoia, e pouco sentidiño, e o cocktail é explosivo.

Ademáis de que artigos coma este son contraproducentes para os intereses palestinos, porque nun momento de tensión coma agora haberá quenes o secunden, pero se o analizas con calma é que non se sostén por ningures. Saúdos!

Olangullo disse...

Deixar claro, a miña xenreira contra o estado ilegal sionista e contra o que cren na lexitimidade deste estado colonial.
Pero que este individuo, Anton López Dobao pida a ilegalización, parteme de risa.
Estes son os iluminados que se abochoran contra a ilegalización de ANV e defenden a De Juana Chao.
Sen que serva de precedente, o artigo deste individuo é unha "PUTA MERDA".

Julicheiro disse...

Moitas veces, as reivindicacións lexítimas dos palestinos quedan desvirtuadas por vir de xente coma o autor do artigo.