4 de jan. de 2009

Próceres

(A negriña púxenlla eu. O resto é culpa da ignorancia máis extrema.)
Non hai aquí torturas, violacións e secuestros por parte dos servizos secretos de Israel? Non hai aquí crímenes de estado? Non hai aquí un apartheid? Non hai aquí vulneración do dereito internacional e dos dereitos humanos? Non hai aquí un exterminio planificado? Non hai unha nación ocupada a que non só non se lle permite decidir libremente o seu futuro senón que non se lle permite existir? Pois parece ser que non. Cando menos, non se ven moitos cascos azuis defendendo Gaza, nin moito observador internacional (están vetados até os xornalistas), nin moitas peticións do Tribunal Penal Internacional, nin propostas de sancións, embargos ou bloqueo a Israel.... (...)

Mais por moitos quilos de maquillaxe que se lle poñan enriba, un xenocidio é un xenocidio, sexa co exterminio físico das bombas, sexa con muros de formigón que oprimen e matan de fame. As balas e a as bombas nunca son orfas. Teñen nai e pai. Aquí non fai falta o ADN de ninguén para saber os nomes dos proxenitores da criatura: Israel capital Washington DC. 

Hawai-Gaza, Rubén Cela

Isto non é un discurso dun borracho do Avante nin dun espontáneo en Chuza!. É un artigo de todo un Director Xeral da Xunta de Galicia, concretamente de Xuventude e Solidaridade. Un home con responsabilidade institucional, vamos.

Na colección de típicos tópicos (a culpa da situación é dos ianquis, por acción ou omisión; o Goberno de Israel leva a cabo un xenocidio; ou a suprema "non se ven moitos cascos azúis defendendo Gaza" [!] ) o máis abraiante é cómo pode ir encadenando calumnia con calumnia sen nin sequera ter que probar nada.

O que vou a decir é noxento, pero moi ilustrativo; a ver quén é o leitor capaz deixarme na caixa de comentarios algúnha nova sobre unha violación cometida por soldados do Tsahal. Unha gazatí ou unha cisxordana forzada. Ou no Líbano, ou onde fora. Se no artigo se fala en plural non será tan complicado. 

Con respecto ao de "xenocidio", estou seguro de que a partida orzamentaria da Dirección Xeral ben poderá asumir o gasto dun diccionario...

[Máis: anticipándome á búsqueda, si que atopei (metendo en Google "mujeres palestinas violadas"), un sitio no que avalan o enunciado do político do BNG. Textualmente dise: "(...) podemos ir al caso de Israel; innumerables mujeres palestinas han sido violadas por soldados israelíes en sus incursiones y en sus secuestros/arrestos de la población palestina. Cantidad enorme de mujeres y niñas árabes de los países limítrofes a Israel han sido agredidas sexualmente por los soldados judíos." (...) . Asi mesmo, as persoas concienciadas cun mundo mellor poden atopar máis información sobre as mentiras sionistas na mesma páxina de Nuevo Orden]

Nenhum comentário: