17 de nov. de 2008

Unha pomba de Sargadelos en Sderot

Na última das viaxes que a AGAI organizou para coñecer Israel, unha das visitas feitas polo grupo, composto de vintedúas persoas, foi á vila de Sderot, na fronteira coa Faixa de Gaza. Alí reunironse con membros da Fundación Sderot, aos que fixeron entrega dunha pomba da paz de cerámica de Sargadelos. Xusto un par de horas antes de chegar, caíron sobre o pobo dous casáms lanzados dende Gaza.

Dende que no verán do 2005 o exército israelí se retirara de Gaza, o fracaso do autogoberno palestinon non só o pagan os propios habitantes da Faixa, senón tamén os veciños das cidades israelíes fronteirizas. Os palestinos puideron renunciar á violencia e demostrar que estaban preparados para autoxestionarse, pero na tráxica rutina do mundo arabomusulmán, aqueles seitores da sociedade que ollan cara o futuro sempre acaban sepultados polos máis fanáticos. Anque claro, a si mesmos non se chaman así; eles vense coma superpatriotas. Vamos, igualiño que aquí.






Gaza non está ocupada militarmente. A diferenza de Cisxordania, alí non hai excusa para os ataques, e anque a houbera non sería cara civís. Contrólanse as fronteiras para evitar que entren armas, isto é, se deixaran de producirse ataques as fronteiras abriríanse con maior frecuencia. Qué sentido tería molestarse en controlar se non foran a facer dano? 

Se no pobo palestino houbera unha intención sólida en traballar para solucionar o conflicto, serían os propios gazatíes quenes se opuxeran con máis vehemencia a uns salvapatrias tan miserábeis coma os que cíclicamente padecemos en Europa. Máis iso implica unha madurez, unha aposta pola sociedade civil que, nun mundo onde a idea de liberdade individual é unha rareza snob, sona a ciencia ficción. E que conste que cada vez nos parecemos máis en Europa, non porque eles melloren senón porque aquí a estupidez campa ás súas anchas con máis impunidade que nunca. 



Mentres os árabomusulmáns de Gaza non se atrevan a asumir a reponsabilidade de autogobernarse, mentres prefiran manter aberto o conflicto con Israel por medo a dar o seguinte paso, quince segundos é do que dispoñen os habitantes do outro lado da fronteira para poñer a salvo as súas vidas e as das súas familias. Cómo reaccionaríamos se estivera pasara en calquera cidade galega?







[Máis: intervención dunha cidadán de Sderot ante o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (vídeo, 2:44); nova da visita en Neguev&Me ; Ocho veces, en Desnuda ante un espejo]

Nenhum comentário: