22 de nov. de 2008

Eterno retorno

IX Os xudeus no Reino Suevo

(...)

14 - Ocaso do poder visigodo

(...) Os concilios XII e XIII renovaron as condenas e castigos dos xudeus, tanto nos referidos tempos de Wamba coma nos de Éxica (687-702), o que proba que seguía practicando as mesmas costumes e tendo idénticas actividades.

O poder alcanzado por eles debeu neutralizar todas as medidas. Por iso tal vez agora facíanse esforzos para a súa conversión, concedéndolles, se así o facían, novos privilexios e habilitándos para altos postos da función pública.

Asi mesmo permitíase aos conversos ter servos cristianos, declarábanos nobres e honrados porque a fe católica os enaltecía, e quedaban libres do imposto xudeu que todos os hebreos pagaban ao Estado.

Sen embargo, no 694 Éxica presentou ao Concilio XVII de Toledo un memorial no que se acusaba aos xudeus do reino de conspirar contra a seguridade do Estado.

A resposta foi contundente: todos os xudeus debían ser dados por servos, confiscados os seus bens e entregados aos seus propios servos cristianos. Tamén se lles prohibían os seus ritos e se lles quitaban os seus fillos maiores de sete anos para ser educados por cristianos, e ser dados, cando tiveran idade, en matrimonio a muller ou home cristiano. Os hebres que se resistisen a estas ordes serían decapitados e os seus bens pasarían ao Fisco.

 Los judíos en el reino de Galicia, José Ramón Önega.

(Segunda edición [1999], páx.135 e 136. Orixinal en castelán)


Azuzar a pantasma da conspiración para poder cometer atropelos non é algo que xurdira nos nosos días. Hai máis de 1300 anos xa era habitual recurrir á "conspiración xudía" para que toda clase de abusos fosen, xa non xustificados coma un mal necesario, senón presentados coma algo digno e do que debemos estar orgullosos.

Na mesma liña, unhas páxinas antes (no capítulo adicado ao VIII Concilio de Toledo), recóllese a satisfacción dos pais conciliares perante a intransixencia de Chintila cara que ningún hebreo residira no seu reino. Ese orgullo do irrespetuoso é algo que acompaña a historia do antisemitismo na Península dende os seus comenzos ata hoxe.

Coma lera unha vez, a Historia avanza en círculos.

Nenhum comentário: