Peace Maker
Cando o vín froteime os ollos para ver se era verdade. Pero si, hai un xogo de ordenador sobre O Tema. Peace Maker é un xogo de estratexia baseado no conflicto árabe-israelí, no cal os usuarios poden xogar dende o bando israelí ou dende o palestino. De entrada xa lle vexo este fallo de que reduza o conflicto pola parte árabe a Palestina; para ser un xogo realista, deberías poder elexir tamén xogar dende calquera dos países implicados, varios deles bastante máis relevantes no desenrolo do conflicto que a mesma Palestina. Xa non digo Xordania ou Exipto, nin tan sequera o Líbano, pero sen incluír a Irán e a Siria, queda moi incompleto.
Segundo o xogo avanza, podese solicitar consello sobre cal será o próximo paso. Para isto, están dispoñibles dúas posibilidades; deixarse aconsellar por un falcón ou por unha pomba. O falcón optará por unha atitude máis belinxerante, mentres que a pomba suxerirá unha saída negociada. Anque, coma di na reseña, "isto non significa que a opción correcta sexa a segunda, porque en PeaceMaker, ás veces a resposta armada é a única posible".
Gustaríame que todos os se limitan a odiar a Israel con esa pose de superioridade moral (eu chámolle: estupidez) elexiran o papel do Primeiro Ministro israelí, e comprobaran o difícil que é acadar a paz con que non ten máis obxetivo que botarte ao mar. E logo falamos.
Tamén me gustaría que os que meten no mesmo saco a tódolos árabes escolleran o papel do Presidente de Palestina, e viran que hai historías persoáis durísimas que dificultan unha saída negociada, e que maila todo hai xente disposta a intentalo.
Pódese ver o trailer aquí (tarda un pouco en cargar).
Nenhum comentário:
Postar um comentário