21 de set. de 2007

Yom Kipur

Hoxe é o Día do Perdón. Logo do inicio do ano 5.768, que coincideu co día catorce deste mes no noso calendario, ven un periodo de dez días nos cales toca meditar sobre todo o que se fixo mal o ano anterior, e que rematan xusto hoxe.



Trátase dunha xornada de austeridade total, tendente a buscar o perdón e a purificación polos erros e pecados. Anque xa falta pouco para que remate, non quería deixalo pasar sen unha pequena alusión ao día máis importante do calendario litúrxico hebreo.

Nenhum comentário: