Conferencia de Ahmadineiad na Universidade de Columbia
Había espectación sobre a conferencia do Presidente de Irán, Mahmoud Ahmadineiad, na Universidade de Columbia. E non decepcionou. O campeón mundial do pacifismo solicitou que se seguira investigando a Shoáh porque ese evento, "se é que ocurreu" (sic), é empregado por Israel para xustificar o "maltrato" aos palestinos. "Porqué os palestinos están pagando o prezo duns feitos cos que non tiveron que ver?". ????. As mesmas falacias que poden atoparse en Rebelion.org, punto por punto. A xudeofobia, ese punto en común do fanatismo relixoso e a esquerda desnortada. Misturar a Shoáh co sionismo (que xa levaba sesenta anos en marcha cando se levou a cabo a Solución Final), coma unha relación causa-efecto é algo que só pode manter un inculto ou un cínico. Creo que o presidente iraní pertence ao segundo grupo.
A atitude do presentador do acto, o reitor de Columbia Lee Bollinger, non foi para nada compracente. Espetoulle a Ahmadineiad que a súa negación da Shoáh só podería enganar a analfabetos e ignorantes, e agregou: “Cando ven a un lugar coma este é simplemente ridículo”. “A verdade é que o Holocausto é o feito máis documentado da Historia”. Nestes tempos de negacionismo nunca está de máis lembralo.
Ao sacarlle o tema dos Dereitos Humanos, o discurso tornou un monólogo de humor negro. Preguntóuselle qué opinaba das recentes execucións de activistas dos Dereitos Humanos e de nenos (en Irán as nenas responden penalmente a partires dos nove anos; os rapaces teñen máis sorte, xa que non responden ata cumplir os quince [artigo 49 do Código Penal Islámico]), do apoio do seu país ao terrorismo en Iraq, e da opresión das mulleres, homosexuáis e crentes da relixión Bahai. Copipego de El Rejunte:
Al preguntarle por el trato a las mujeres dijo que en Irán se las trata mejor que en cualquier otro lugar del mundo. Respecto a la ejecución de homosexuales el presidente afirmó: “En Irán no tenemos homosexuales.”
A este paso vai ser verdade.
Ao ser preguntado polos seu reiterados chamamentos á destrucción de Israel, o presidente Ahmadineiad eludiu confirmar ou desmentir (si ou non, non ten moita ciencia) esas declaracións, e saíuse pola tanxente: "Nós amamos a todas as nacións". "Somos amigos dos xudeus, hai moitos xudeus vivindo en Irán tranquilamente e seguros".
Certo. El non ten nada contra os xudeus que acatan as leis do Islam. Tennos co único Estado de Oriente Próximo que se rixe por leis laicas. Coa a perversión dus sistema onde é a cidadanía a que decide, e non os gardiáns da revolución. Co mal exemplo que acabará por extenderse. De feito, tamén aproveitou a súa viaxe aos EUA para reunirse cun colectivo de xudeus ultraortodoxos, aos que xa coñecía da súa célebre conferencia negacionista: de novo, o fanatismo relixoso xudeu collido da man do islamismo.
Vía Ha´aretz e El rejunte. Grazas aos mantedores de Galiza-Israel.
- Transcición literal do discurso de Ahmadineiad (en inglés)
- Irán: ningúen é demasiado novo para morrer.
- Vulneración dos Dereitos Humanos na República Islámica de Irán (Primeira Parte).
- Vulneración dos Dereitos Humanos na República Islámica de Irán (Segunda Parte).
- Os demos de Ahmadineiad, de Matfhias Küntzel
- Irán e a defensa de Israel, de Rogelio Araniz.
Nenhum comentário:
Postar um comentário