A terceira vía
Dende que tiven noticia do Partido Terceira Vía, sigo con interese esta nova alternativa que ven de xurdir en Palestina. Nesta interesante entrevista con Mustafá Barghuti, Ministro de Información do breve Goberno de Unidade, revela parte as liñas básicas do seu partido, e da a súa opinión sobre algúns dos temas de actualidade na rexión. Interesantes, sobre todo, paréceme as súas opinións sobre Hamás.
Maila que seguen mantendo o discurso clásico ("É peor que en Sudáfrica."), o feito de que reneguen da violencia xa é un paso enorme que non debería despreciarse á lixeira. Ademáis, é comprensible que, nun ambiente tan radicalizado, un discurso pouco anti-israelí axiña podería ser tildado de laxo polas outras dúas forzas políticas. Se a política ten sempre algo de teatro, en Oriente Próximo esa característica é sempre moito máis intensa e, polo que a min respeta, a súa atitude en contra da violencia como medio para acadar obxetivos políticos é o que hai que ter en conta, máis alá de declaracións que ben poderían estar só orientadas de cara á galería.
Haberá que estar, pois, atentos ao que esta nova forza política poida
Daniel, o mantedor de Herut, fixo unha concisa presentación do perfil dos hipotéticos apoios deste partido:
"O partido nacionalista secular Fatah é percibido por moitos palestinos coma corrupto e consumido polas loitas internas. Ata agora, a outra opción política máis viable foi Hamas, que estivo promovéndose coma partido de mans limpas. Pero moitos palestinos frustrados con Fatah non necesariamente apoian o emprego por parte de Hamas de terroristas suicidas e ataques con misiles contra os israelíes, nin os seus proxectos de islamizar a sociedade palestina. Este é o votante que a Terceira Vía agarda atraer."
Nenhum comentário:
Postar um comentário