Musulmáns contra a Sharia
"Musulmáns contra a Sharia alaban a decisión de Israel de reducir os suministros de combustible á Franxa de Gaza gobernada por Hamás.
Musulmanes contra a Sharia condean ás Nacións Unidas por criticar a decisión de Israel, e lémbranlle a Ban Ki-moon que nin el nin os seus predecesores fixeron absolutamente nada para combatir a violencia de Hamas.
Rezamos para que o pobo de Gaza libere axiña Gaza de Hamas e outros grupos terroristas, e viva en paz cos seus veciños israelíes."
Musulmáns contra a Sharia condenan as críticas da ONU a Israel, comunicado de Musulmáns contra a Sharia, que a través do seu blogue ofrecen unha visión alternativa ás interpretacións máis extremas do Islam. Levo varios meses seguindoo, e xa por varias veces estou dacordo co que din. Máis hoxe, ao ler este post, recoñezo que quedei perplexo.
O corte de suministros á Franxa de Gaza, que o Tribunal Supremo mandou deter ata que se garanta que non vai a perxudicar aos servizos básicos, é unha medida extrema, si, máis tamén o serían calquera das outras alternativas realistas. Que haxa xente que, dende o credo islámico, sexa quén de aceitar coma válida a medida, cando sería comprensible que se posicionaran nun cómodo criticismo, demostra que non se pode meter a todo o mundo no mesmo saco, e que a satanización do Islam, maila ser a vía doada, non contribúe a resolver ningún dos problemas que a día de hoxe se dan.
Máis ben, a clave estará en apoiar a quen, coma este autodenominado movemento de reforma islámica, está disposto a apostar por unha modernización da súa cultura ata facela compatible cos valores da Modernidade. Así coma a día de hoxe é posible compatibilizar relixións coma a xudía ou a cristiana cos Dereitos Humanos, haberá que apoiar a quen pretende atraer aos demáis musulmáns cara valores comúns de validez universal.
Nenhum comentário:
Postar um comentário