Chií Guevara
... ou dos novos compañeiros de viaxe. Todos os que admiren ao Che Guevara deberían ler coma o fundamentalismo islámico interpreta o seu legado:
Un glorioso choque cultural que recentemente aconteceu en Irán fíxome rir en voz alta. Os fillos de Che Guevara, o pin-up revolucionário, foron convidados á Universidade de Teherán para comemorar o 40º aniversário da morte do seu pai e para celebrar a crecente solidariedade entre “e esquerda e o Islam revolucionário”, participando nunha conferencia parcialmente costeada polo Presidente venezolano Hugo Chávez.
Houbo saúdos fraternais e sorrisos xerais á medida que eran denunciadas “as ambicións planetarias devoradoras” de América. Mais foi entón que un dos oradores, Hajj Saeed Qassemi, o coordinador da Asociación dos Voluntários Mártires-Suicidas (que presumiblemente se mantén vivo desinteresadamente en nome da causa), revelou que Che era “un home verdadeiramente relixioso que cría en Deus e que odiaba o comunismo e a Unión Soviética”.
Aleida, a filla do Che, preguntouse se algo se tería perdido na tradución. “O meu pai nunca mencionou Deus”, dixo ela, para consternazón da asistencia. “El nunca coñeceu a Deus.". Na confusión, Aleida e o irmán foron rapidamente acompañados á saída e escoltados cara o hotel. “Ao final do do dia, os dous Guevaras voltáranse ‘non-persoas’. A Prensa controlada polo Estado subitamente esquenceu a súa existencia”, rexistou o escritor iraní Amir Taheri.
Depois da sua partida, Qassemi proseguiu afirmando que Fidel Castro, o “guia supremo” de Che Guevara, era também un home de Deus. “A Unión Soviética acabou”, dixo el. “O liderazgo dos oprimidos agora está na nosa república islámica. Aqueles que queren destruir a América teñen que percebir isto e deixarse de xogos de palabras."
Where do you stand in the new culture wars?, artigo de Sarah Baxter, publicado no Sunday Times, en Londres, e traducido por Nuno Guerreiro no seu blogue Rua da Judiaria.
Estámonos polarizando, ese é un feito. É aquela xente que bebeu nas fontes da esquerda revolucionaria está dexenerando, con demasiada frecuencia, nunha forma visceral e tumultuaria de altermundismo, onde o fundamentalismo islámico se colle da man dos escombros do comunismo. E se o digo dun xeito tan duro é porque me parece que con estas cousas non se debe xogar. Escoller coma compañeiros de viaxe a todo o que acredite o seu odio aos EUA e a Israel (ao liberalismo, en suma?) é basear unha atitude política na destrución do status quo, e non na cimentación dalgo novo. O odio, a destrución e despóis qué?
Se os clérigos chiís que se valen da figura do Che para liderar ese altermundismo (ou para a esquerda de salón de El País e compañía, Hezbolá non é un movemento de resistencia?), estamos a traspasar esa fraxil separación entre a búsqueda dun mundo mellor e transitar, de novo, os camiños trillados da Revolución que leva ao Inferno.
Israel e os EUA equivócanse todos os días, e hai que criticalos polos seus erros. Máis se hai unha forma de civilización que paga a pena preservar é a que se coñece dun xeito xenérico coma Ocidente. Critiquemos as guerras preventivas, o buraco legal de Guantánamo ou os asasinatos seletivos. Máis facer soar de novo os vellos (e fracasados) cantos de serea, aliarse con quen renega da Modernidade, coma os atuáis compañeiros de viaxe, é apostar por unha forma de altermundismo súmamente reacionaria.
Nenhum comentário:
Postar um comentário