9 de out de 2007

Pola boca morre o peixe

"En Gaza, os montículos esconden minas e milicianos. Cando cae a noite, centos de persoas excavan túneles en silenzo e énchenos de explosivos. Na superficie hai calma, pero os milicianos de Hamás esperan baixo terra a anunciada invasión israelí. Os islamistas copiaron a táctica que con tanto éxito aplicou Hezbolá en Líbano tras o ataque israelí de 2006. (...)

Túneles que serven para colocar potentes cargas explosivas baixo o asfalto. Invisíbels. Emulan así o modelo de Hezbolá, o movemento de resistencia libanés dirixido por Hasaan Nasralá que logrou inflixir severos danos aos blindados de Israel na guerra do verán de 2006."

A guerrilla subterránea de Hamás, reportaxe de Juan Miguel Muñoz.

Pois este home, ahí onde o teñen, é o xornalista estrela do xornal máis influínte de fala hispana en Oriente Próximo. Movemento de resistencia, di. Hai que ter pouca vergoña.

2 comentários:

Colectivo Galiza-Israel disse...

E no mesmo artigo denomina aos hamasitos como "guerrilleiros". Diá o mesmo dos que hoxe veñen de estourar un coche-bomba en Bilbao?

Julicheiro disse...

Uf, se empregaran o mesmo raseiro coas dúas organizacións terroristas o xornal de PRISA parecería o Gara.