22 de out. de 2007

Ventos de cambio en Polonia

"Os resultados oficiais parciais dos comicios lexislativos celebrados este domingo en Polonia confirman o triunfo do partido liberal Plataforma Cidadá (PO) de Donald Tusk e a derrota do conservador e hata agora primeiro ministro, Jaroslaw Kaczynski.


Escrutado el 74% de los votos, a Plataforma Cidadá obten un 41,2% dos sufraxios, o que equivale a 205 dos 460 escaños da cámara lexislativa polaca, segundo informou un portavoz da comisión electoral.

O Partido Lei e Xusticia (PiS), dos irmáns Kaczynski, conta co respaldo do 32,2% dos votantes, o que lle reportaría provisionalmente un total de 166 mandatos.

Ao parlamento de Varsovia terá tamén aceso o partido Esquerda e Democracia (LiD) do ex presidente polaco Aleksander Kwasniewski cun 13% dos votos e 52 deputados, mentres o moderado partido campesiño PSL logra un 9,2% dos votos e 36 parlamentarios." (...)


Xunto coa pérdida do poder de Kaczynski, estas elecións trouxeron outras dúas bóas novas; as saídas do Parlamento da Liga das Familias Polacas e de Autodefensa. Agora toca agardar que estos cambios alonxen do país a pantasma do seu particular nacionalcatolicismo (tan semellante ao que aquí aínda colea).

Nenhum comentário: