23 de out. de 2007

Artigo de Durán i Lleida sobre o velo

O nacionalista Josep Antoni Duran i Lleida, presidente do Comité de Goberno do UDC e Secretario Xeral de CiU, publicou un interesante artigo en El Periódico de Catalunya, sobre a poémica do velo, e cuxo fondo suscribo.

Entendo, tal e coma se expón ao final, que convén comenzar a dar un debate sobre qué modelo de integración imos a escoller antes de que sexa tarde de máis para escoller ningún, e a sociedade acabe polarizada. Noutros países, onde este debate se obviou ou non se tratou con profundidade dabondo, tras unha inicial aceptación acrítica xurdiu con forza un rexurdimento da extrema dereita, sempre atenta ás insatisfacións que as democracias parlamentarias non resolven para presentar o seu demagogo (e moi perigoso) discurso salvífico.

Regular cómo imos a integrar á inmigración, e non só a provinte de países islámicos, é o único modo de atallar un problema antes de que a guetización sexa unha realidade imparabel.


As premisas do debate do velo

de Josep Antoni Duran i Lleida

Dende hai unos días, a posibilidade do uso ou non do veLo islámico nos colexios xera un amplo debate que vai moito máis alá do caso concreto vivido na escola pública Annexa-
Joan Puigbert de girona. Neste contexto, unhas declaraciones miñas solicitando unha regulación clara da cuestión foron motivo suficiente para recibir máis descalificacions que razoamentos. O pasado día 9, o señor Abdennur Prado, presidente da Xunta Islàmica Catalana, cargaba sen ambaxes contra a miña persona nestas páxinas. Outros, invocando o nome da multiculturalidade, e cun descarado reducionismo, tamén se sumaron tan contentos ao debate.

A pesar de comenzar recibindo estas descalificacions que aportan ben pouca cousa, benvenidas sexan se todo isto nos permite avanzar cara un debate serio e bastante máis constructivo ca o que se levou a cabo ata agora. Creo que no asunto do velo mistúranse argumentos diversos, alguns deles dun peso esmagador. A liberdade relixiosa ten que ser respetada, o derecho dos pais a decidir a formación dos seus fillos é, sen dúbida, dunha importancia fundamental: ninguén está obrigado a renunciar á súa cultura. Nisto non creo que discrepe nin un ápice do que di opinar, por exemplo, o señor Prado.

O PROBLEMA radica en definir exactamente as premisas do debate. Non podemos comenzar a debater nada se non sabemos con qué criterios temos que facelo. A miña opinión é que calquera debate sobre a liberdade relixiosa ou a pluralidade cultural ten que facerse situándoo sempre no marco do respeito aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais.

As liberdades democráticas non son as regras propias de ningún club cristiano nen de ningunha sociedade ocidental, senón conquistas da humanidade, avances irrenunciabeis polos que moitas persoas morreron e se sacrificaron de maneira heroica. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos non pode ser mediatizada por ningunha costume nin por ningún afán disfrazado de respeito multicultural. As consecuencias das costumes e incluso das manifestacións públicas relixiosas nunca poden supor unha violación destos dereitos. Nisto, o señor Prado e eu tamén estaríamos dacordo, e se el non está dacordo comigo, eu non podo estar dacordo con él.

Elo significa que o uso do velo, por si mesmo, non posúe ningún elemento que non mereza o maior respeito. En cambio, non sería lexítimo se obedecera a unha práctica que o impuxera por razón da supeditación da muller ao home. Nestos asuntos do propio velo, San Pablo, na súa primeira Carta aos Corintios, afirma que a muller ten que cubrirse o pelo, así coma a súa sumisión ao home. Un velo islámico ou cristiano que se fundamente nesta argumentación propia de épocas e de mentalidades que xa deixamos atrás topa frontalmente co principio aínda máis importante da plena igualdade entre todas as personas, sen distinción de sexo, raza ou crenzas.

Tampouco a invocación da "multiculturalidade" ou o dereito a manter a propia cultura están por riba do respeito aos dereitos e ás liberdades fundamentais. Díxose moitas veces que todas as culturas son valiosas, pero nin a evolución nin os avances en materia de dereitos humanos poden verse recortados nen hipotecados por ningún multiculturalismo acrítico. Se fose así, os dereitos afectados non serían nen universais nen fundamentais. O debate non debe ser tanto se pode ou non levar un velo como síntoma e garantía do pluralismo relixioso, senón se tras el existe imposición ou libertad. O velo, é unha libre opción ou unha consecuencia da sumisión da muller ao home da cultura do islam? No primeiro caso, sería un debate que afectaría por igual ao velo ou a cualquera outro signo visible e ostentoso doutra relixión. No segundo caso, non é un debate relixioso, senón moito máis complexo.

SE É, POR tanto, exclusivamente relixioso, nada que decir. Se vai máis alá, quero engadir algunha reflexión máis. Os dereitos fundamentais da persoa non habitan só no teórico mundo da abstración académica, senón que se materializan en sociedades concretas. Giovanni Sartori, nun par de libros sobre o pluralismo, multiculturalismo e inmigración extranxeira, fala con claridad do multiculturalismo, e eu comparto a súa posición. O multiculturalismo non busca unha integración diferenciada, senón unha diferenczación multiétnica. Non todas as culturas merecen respeito nen todas teñen o mesmo valor. Atribuirlles a todas o mesmo valor é adoptar un relativismo que destrue a noción mesma de valor: se todo vale, nada vale: o valor perde todo valor. A nosa cultura fundaméntase no respeito aos dereitos da persoa, na súa dignidade, da muller e do home, e istos son valores superiores a calquiera outro.

Manteño o meu respeito por todo o mundo, incluso cando, nunha entrevista neste mesmo xornal o pasado 3 de octubre, lle preguntan ao pai de
Shaima, Belkasen Saidani, se apoiaría a posibilidade de que a nena se quitara o velo aos 18 años, xa que o islam non obriga a elo, e el responde: "Non, e a miña muller tampouco. A partir dos 16 años, as rapazas teñen que levalo". Estamos, pois, ante un debate de valores culturais máis que de pluralismo relixioso? Se iste fose o caso, hai que debatilo a fondo. É máis, creo que hai que facelo antes de que a sociedade comence a dividirse.


Publicado en El Periódico de Catalunya o sábado 20 de Outubro de 2007.

Nenhum comentário: